Issuu on Google+

Mamá: Laura vai para a cama! Laura: Vou mamá! Narrador/a: A Laura chegoulle a hora de ir para a cama. Mañá espéralle un longo día de escola. Laura dórmese rapidamente. Comeza o soño… Mamá: Laura, imos de compras. Laura: Ben!!! Papá ven con nós?


Mamá: Non, vai ser unha compra de mulleres. Vou levar eu o coche. Laura: Vale! Narrador/a: Laura vai xogando no coche. Chegan aos grandes almacéns Laura: Imos á sección de mulleres. Veña!!! Mamá: Que queres filla? Laura: Toda a tenda!


Mamá: Moi ben, pois voucha comprar. Narrador/a: Volven á vida real…

Mamá: Veña Laura, arriba! Laura: Mamá, soñei unha cousa marabillosa. Mamá: Que soñaches? Laura: Pois que me comprabas a tenda enteira.


Mamá: Vaia parvada! Corre que hai que ir á escola… Narrador/a: Laura marchou lixeira para o cole. Tiña moitas ganas de contarlles o soño ás súas amigas.


O SOÑO DE LAURA