Page 1


¿En qué consiste o Plan? O Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior está incluído no Programa IDAEINEGA2010 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4. Trátase de fomentar a mellora da eficiencia enerxética, através da renovación de instalacións existentes, de Equipos de Iluminación Interior por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía. Para resolver dúbidas: correo electrónico: renoveiluminacioninterior@inega.es Tlfnos: 981 541 500; 981 541 542; 981 541 505; 981 957 803

¿Cómo podes acceder as axudas? A RESERVA DE FONDOS PODERAN A FACER AS ENTIDADES ADHERIDAS A PARTIR DO 6 DE ABRIL DE 2011, incluído. 1. O comprador dirixirase a un instalador adherido ó Plan Renove de Iluminación Interior e adquire os equipos obxecto da subvención. 2. O instalador realiza a solicitude de reserva de fondos mediante a aplicación web habilitada ó efecto, imprime o impreso da axuda e o comprador asina a súa conformidade. 3. O instalador ten 60 días naturais dende o día seguinte a data de reserva de fondos para: a. Realizar a instalación. b. Cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida,calculada na aplicación informática. c. Remitir toda a documentación ao Inega para o cobro da subvención.


¿Qué che subvencionan? 1. A substitución de luminarias, lámpadas ou reactancias existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables, sempre e cando permitan reducir a potencia instalada en iluminación, polo menos, nun 30%, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentarios. 2. A instalación de sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo o aporte de luz natural, axustándose ás necesidades do usuario sempre e cando permitan conseguir un aforro enerxético de, polo menos, un 20%, anual respecto a instalacións en control ou regulación. O investimento mínimo para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500 €. A contía máxima de subvención será o 25% do custo elixible da nova instalación de iluminación, cun máximo de 1.500 € para vivenda unifamiliar, 10.000 € por edificio de vivendas en bloque e 25.000 € por edificio destinado a outros usos, non vivenda. No caso de que o beneficiario obtivera outras axudas relativas ao cambio de iluminación interior na mesma edificación para a que solicita a axuda a través de convocatorias anteriores de axudas do Inega, os límites máximos serán os anteriores tendo en conta o sumatorio de todas as axudas solicitadas e concedidas. O custe elixible inclúe o prezo do material e a súa instalación. Quedan excluídos os conceptos de albanelaría. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen animo de lucro e administracións publicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida no formulario de solicitude) indicando que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.


¿Con canto che subvencionan? Para seren subvencionables, as actuacións deberán cumprir cos requisitos técnicos seguintes e soamente se considerará investimento elixible máximo por unidade, ao que se lle aplicará a axuda, o prezo establecido a continuación:

¿Canta enerxía aforras? NOTA: Valores no vinculantes y variables según instalación

Facemos estudos de aforro enerxético sen compromiso. Contacte coa súa Delegación máis cercana.

boletin_inega_2011  

b. Cobrar o importe da factura co desconto da axuda establecida,calculada na aplicación informática. 2. O instalador realiza a solicitude de...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you