Page 1

In memoriam

Ray Bradbury 1920-2012


Unha vida dedicada á escritura 

Ray Bradbury é un novelista e cuentista estadounidense coñecido principalmente polos seus libros de ciencia ficción.



Ray Douglas Bradbury nace no Estado de Illinois, pero pronto trasládase coa súa familia a Os Ánxeles. Gradúase na escola secundaria en 1938 e ponse a traballar de vendedor de periódicos para sobrevivir. A súa formación é autodidacta.



Aínda que xa empezara a escribir de máis novo, foi en 1943 cando decide dedicarse a tempo completo á escritura, publicando os seus relatos en diferentes medios.



Alcanzou a fama coa recopilación dos seus mellores relatos no libro Crónicas marcianas (1950), que obtivo un grande éxito. Neste libro relata os intentos dos terrestres por colonizar o planeta Marte, as dificultades que atopan para dominar aos seus habitantes e a colonización polos terrícolas, facendo notar os aspectos negativos da cultura occidental que alí se impoñen. Bradbury leva a cabo unha crítica da sociedade e da cultura, ameazadas por un futuro tecnocratizado.


Farenheit 451: a censura dos libros 

En 1951 publica O home ilustrado, composto por varios relatos de natureza fantástica.



De 1953 é un dos seus libros máis representativos, Fahrenheit 451 (título que alude á temperatura en que os libros empezan a arder). Fahrenheit 451 narra a historia dunha cidade do futuro, dominada polos medios audiovisuais, na que están prohibidos os libros. Os bombeiros, corpo de control do Estado, son os encargados de quemalos. Á marxe da sociedade, ocultos nos bosques viven homes e mulleres que deciden memorizar textos enteros de filosofía e literatura para preservar a cultura.



Esta obra foi levada ao cine polo director francés François Truffaut.




Bradbury, nas súas obras, advirte dos perigos e as ameazas que dunha sociedade enteramente automatizada, esquecida dos valores tradicionais da cultura, e próxima ao exterminio atómico.



Son de destacar contos como Vendrán choivas suaves (1950), onde unha casa robotizada prosigue realizando os movementos programados, nun mundo carente xa de vida, ou en The Veldt (1950), onde outra casa automatizada, dotada de vida propia, masacra, coa complicidade dos nenos, aos pais destes.



Pero Bradbury non só cultiva a ciencia ficción e a literatura fantástica, senón que tamén escribe libros realistas e mesmo algún relato policial, así como guións para o cine e para a televisión.


Da súa formación di: “

Pasei tres días á semana durante 10 anos educándome na biblioteca pública e é mellor que o colexio. As persoas deberían educarse a si mesmas; unha educación completa, sen cartos de por medio. Ao final deses 10 anos lía cada libro da biblioteca e escribín miles de historias.”


No final do prólogo de Farenheit 451 fai a seguinte proposta: 

“Por último, gustaríame suxerir que todo aquel ou aquela que lea esta introdución se tome un tempo para escoller o libro que máis lle gustaría memorizar e protexer de calquer censor ou bombeiro, e non só escollelo, senón dar as razóns de por que querería memorizalo e de cal é o valor polo que debería recitarse e lembrarse no futuro. Creo que se os meus lectores se reúnen e falan dos libros que escolleron ...poden producirse encontros moi entretidos".


Fontes utilizadas www.biografiasyvidas.com/biografia/ b/bradbury.htm  http://www.abc.es  www.lecturalia.com/autor/884/raybradbury  Imaxes: 



http://www.google.es/search?tbm

Na morte de Ray Bradbury  

homenaxe a Ray Bradbury

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you