Issuu on Google+


BIOGRAFÍA 

Nace, en 1955, nunha familia de campesinos. Mo Yan pertence a unha xeración que tivo que deixar os estudos para traballar nunha fábrica durante a «Revolución Cultural» (1966-76) de Mao Zedong. Con 20 anos, ingresa no Exército Popular de Liberación, onde empeza a escribir os seus primeiros relatos a principios dos 80. É nomeado profesor de Literatura na Academia Cultural do Exército. Mo Yan é coñecido mundialmente en 1988, cando a adaptación cinematográfica da súa novela Sorgo rojo, polo director Zhang Yimou gaña o Oso de Ouro do Festival de Berlín.

Equipo de biblioteca - IES ELVIÑA


As obras de Mo Yan destacan por reflectir, ás veces cun sentido do humor bastante negro, unha aguda crítica social, sempre controlada para evitar a censura. Nelas fai unha homenaxe ás sufridas mulleres chinesas. Chámase realmente Guan Moye . ‘Mo Yan’ é o seu nome literario, que en mandarín significa algo así como «abstente de facer comentarios». El mesmo recoñeceu que este nome é para recordar sempre que é mellor non falar demasiado nun país como China, onde as opinións sinceras non son sempre benvidas.

Equipo de biblioteca - IES ELVIÑA


OBRAS 

Sorgo rojo (El Aleph, 2002). Ambientada, como outras das súas obras, nas vilas da súa provincia natal, retrata a azarosa vida dunha moza que é vendida ao dono leproso dunha destilería durante os violentos anos da ocupación xaponesa (1931-45).

Grandes pechos, amplias caderas (Kailas, 2007). Prohibido en China, visión histórica de China desde os últimos tempos da dinastía Qing ata o final do maoísmo para homenaxear ás sufridas mulleres deste país, a protagonista, casada cun home impotente, ten oito fillas fóra do seu matrimonio antes de dar a luz ao ansiado varón.

Las baladas del ajo (Kailas, 2008). Amosa a China rural durante o comezo das reformas económicas iniciadas por Deng Xiaoping en 1978.

La vida y la muerte me están desgastando (Kailas, 2009). Narra a turbulenta historia de China durante a segunda metade do século XX grazas a unha metafórica reencarnación budista que converte un terratenente executado polos seus «pecados burgueses» nun burro, un boi, un porco, un can, un mono e finalmente, de novo nun neno.

La república del vino (Kailas, 2010)

Critica a corrupción dun réxime que aínda se denomina comunista pero practica o capitalismo de Estado máis salvaxe mentres a sociedade anestesiada pola modernidade e o diñeiro, tras anos de pobreza, entrégase aos praceres da comida e o alcohol .

Equipo de biblioteca - IES ELVIÑA


ADAPTACIÓNS AO CINE

Sorgo rojo (1987) •

Happy Times (2000) •

(dirixida por Zhang Yimou)

(dirixida por Zhang Yimou).

Nuan (2003) •

(dirixida por Huo Jianqi)

Equipo de biblioteca - IES ELVIÑA


Para o texto:

 http://www.abc.es/20121011/cultura-libros/abci-premionobel-literatura2012-201210111236.html  http://www.abc.es/20121011/cultura-libros/abci-premionobel-literatura2012-201210111236.html

Para as imaxes:

• http://www.kailas.es/busqueda/listaLibros. • https://www.google.es/search?num=10&hl=es&site=img

hp&tbm=isch&source=hp&biw=1777&bih=832&q=zhan+ yi+mou+-+pel%C3%ADculas&oq=zhan+yi+mou++pel%C3%ADculas&gs_l=img.12...2988.10384.0.12409.2 7.8.1.18.17.0.128.734.2j6.8.0...0.0...1ac.1.sR9u4UxGtMI

Equipo de biblioteca - IES ELVIÑA


MO YAN. Premio Nobel 2012