Page 1

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA


Vida • Charles Dickens nace o 7 de febreiro de 1812, en Portsmouth, nunha familia humilde. Pasa a maior parte da infancia en Londres e Kent, lugares que aparecen con frecuencia nas súas obras. • Comeza a ir á escola aos nove anos de idade, pero aos once ten que abandonar os estudos, poñéndose a traballar nunha fábrica, ao ser seu pai encarcerado por débedas. Esta dura experiencia descríbea na novela David Copperfield. • Aínda que volve á escola unha breve etapa, a maior parte da súa formación é autodidacta. Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA


• En 1827 empeza a traballar como pasante dun avogado e, tras un breve período de tempo, consegue un posto como periodista no Parlamento. • Fai reportaxes para varias publicacións e, en 1833, publica, baixo o pseudónimo de Boz, a primeira dunha serie de orixinais descricións da vida cotiá de Londres. O éxito fai que lle sexan encargados novos relatos por entregas para acompañar as ilustracións de famosos artistas. Unha desas colaboracións é Papeles póstumos do club Pickwick, e outra Oliver Twist.

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA


• •

O éxito da obra convérteo nun afamado novelista e pon de moda este tipo de publicacións por entregas. Edita tamén os semanarios Household News y All the Year Round, escribe dous libros de viaxes, Notas americanas (1842) e Estampas de Italia (1846), administra asociacións caritativas e loita por conseguir reformas sociais. En 1842, imparte seminarios nos Estados Unidos en favor dun acordo internacional sobre a propiedade intelectual e en contra da escravitude.

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA


• En 1843 publica Canción de Navidad, que se converte nun clásico da narrativa infantil. • En 1858, disolve o seu matrimonio, froito do cal naceran dez fillos, por incompatibilidade de caracteres e pola súa relación coa xove actriz Ellen Ternan. • Morre o 9 de xuño de 1870, sendo enterrado cinco días máis tarde na abadía de Westminster.

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA


Outras obras importantes

A TENDA DE ANTIGÜIDADES 1840-41

TEMPOS DIFÍCILES 1854

BARNABY RUDGE 1840-41

HISTORIA DE DÚAS CIDADES 1855

Equipo de Biblioteca – IES ELVIÑA

MARTIN CHUZZLEWIT 1843-44

A PEQUENA DORRIT 1855-57

DOMBEY E FILLO 1846-48

GRANDES ESPRANZAS 1860-61

CASA DESOLADA 1852-53

O NOSO AMIGO COMÚN 1864-65

O MISTERIO DE EDWIN DROOD (inacabada)

No bicentenario de Charles Dickens  

vida e obras do autor

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you