Issuu on Google+


CURSO 1º A Dana Bao Pastoriza Fernando Costa Veiga Adrián Fidalgo Vilela Mónica Quintana Millán Roberto Sedes Rolán Arlette Tchoua Mezo Ana Vázquez Ucha Iria Penelas Miguéns CURSO 1º B Yanca Almeida de Sena Jessica Martínez Laña CURSO 2º A Isabel Díaz Domínguez -2-

CURSO 2º B


Marcos S. Calveiro, abogado de profesi贸n, naceu en Vilagarc铆a no ano 1968. A Novela O Carteiro de Bagdad recibiu o premio Ala Delta de literatura infantil e xuvenil. O escritor di que foi no aniversario do inicio da guerra, cando sentiu a necesidade de escribir algo sobre Iraq e os seus habitantes", -3-


Critica do libro Polas rúas de Bagdad /14 - 1 - 2008/ Marcos S. Calveiro ofrécenos este engaiolante relato que resultou gañador do premio estatal Ala Delta. A súa forza literaria mergúllanos nesta ocasión no Bagdad en guerra conseguindo retratar unha dura vida cotiá de supervivencia na que tamén hai lugar para a esperanza a través do valor e da suxestión que agochan as palabras. Isabel Soto. Santiago Tan pronto un ten a oportunidade de se adentrar nos relatos de Marcos S. Calveiro é difícil resistir o engado e abandonar a lectura unha vez comezada. O autor, aínda nos comezos dun camiño que aventuramos ateigado de éxitos, foi quen de engaiolar o xurado dun premio de ámbito estatal, o Ala Delta, ao que concorren orixinais en todas as linguas do Estado, con “O carteiro de Bagdad”, a súa primeira achega aos lectores infantís. A sedutora pluma de Calveiro, cunha chea de entusiastas seguidores entre nós, -4-


comeza xa a traspasar fronteiras coa calidade da súa escrita e o seu particular imaxinario. A súa forza literaria mergúllanos nesta ocasión no Bagdad en guerra, nun conflito de plena actualidade que asoma acotío ás nosas pantallas co perigo de se converter nunha traxedia entre outras moitas para a que semella non chegar nunca a fin. A ollada de Calveiro consegue retratar, para un lectorado de partida infantil, a vida cotiá dunha familia que, malia os múltiples atrancos, intenta manter os vínculos, a súa forma de vida, o seu sistema de crenzas, lembranzas e tradicións, o imaxinario de seu, termando da vida e loitando por sobrevivir entre o medo e a angustia. A inexorable rutina plásmase nesa especie de ladaíña que principia, delicada e fermosamente, boa parte dos capítulos – “Nada muda en Bagdad. Os meses rematan coa fin da lúa nova. Unhas noites despois, o tremelucente hidal, o delgado fío branco da lúa, anuncia no ceo escuro o seu abalo”–, case breves flashes no decorrer temporal, enfeitados con sutís e conmovedoras pinceladas. Existe un antes e un despois da guerra: as rúas buliciosas son agora

-5-


trincheiras, os negocios están pechados, a convivencia foi substituída por receos e prexuízos e ao balbordo constante de estoupidos e disparos sucede o silencio, o toque de queda, nun lugar onde talvez as despedidas sexan para sempre. Hai un neno que alimenta a súa curiosidade cos relatos do pai, que non acode á escola porque non hai e que leva meses xogando só, lonxe do seu amigo da infancia, por diferenzas que non percibe e por misterios que non logra comprender. Ten un pai carteiro que arrisca a vida para repartir o correo na súa motocicleta, consciente de que, se cadra, nas mensaxes que entrega reside un retallo de esperanza para que os seus destinatarios se aferren á vida; un carteiro que chora ao malvender os seus prezados libros. Mais tamén hai lugar para a esperanza e a ilusión que chegan de xeitos por veces inesperados, como asistir ao triunfo dunha cantante nun concurso de televisión. E hai unha viaxe perigosa que o neno emprende co fin de cumprir a vontade do pai e entregar unha misteriosa carta, unha viaxe desas que fan medrar e que se revela novamente cargada de esperanza a través do valor e da suxestión que agochan as palabras.

-6-


Non é a primeira vez que un dos nosos creadores se achega ao conflito iraquí. Lembremos por exemplo para o público xuvenil “Irmán do vento”, obra coa que Manuel Lourenzo mereceu o Premio Merlín 2003. O carteiro de Bagdad vai destinado a lectores a partir de 10 anos pero os que sobrepasan con moito esa idade non deberían deixar escapar a oportunidade de saborear a plasticidade da prosa de Calveiro, as súas requintadas metáforas, esas historias engarzadas a través de luzadas evocadoras, a solemnidade dos seus personaxes, e, en fin, gozar desta fermosa edición alumeada coas ilustracións de Miguel Ángel Díez e ao coidado de Ignacio Chao, ao que cómpre agradecerlle descubrirnos a Calveiro e poñer nas nosas mans esta delicia. Crítica tomada da páxima: http://culturagalega.org/lg3/extra_recension.php?Cod_extrs=1539&Cod_prdccn=1239

-7-


Temos dous novos lectores de 1º A Tem

CURSO 1º A Dana Bao Pastoriza Alex Bermúdez Marcos Coira Fernando Costa Veiga Adrián Fidalgo Vilela Mónica Quintana Millán Roberto Sedes Rolán Arlette Tchoua Mezo Ana Vázquez Ucha Iria Penelas Miguéns CURSO 1º B Yanca Almeida de Sena Jessica Martínez Laña CURSO 2º A Isabel Díaz- 8 -Domínguez


La autora: Escritora sueca nacida en 1923 y muerta en 2007. Especializada en literatura infantil y juvenil, recibió el Premio Andersen en 1974. Entre sus obras destacan títulos como: La hija del espantapájaros, Los hijos del vidriero, El país de más allá, El rey y la cabeza de turco, Los escarabajos vuelan al atardecer, Agnes Cecilia, El túnel de cristal y La sombra sobre el banco de piedra. -9-


Éste es un libro fascinante. Recuerdo haberlo leído hace mucho tiempo y haberme sentido arrastrada a un maravilloso mundo de misterio. Dos antiguas estatuas gemelas; la extraña presencia de un escarabajo que "guía" a los protagonistas a lo largo de toda su aventura; una caja con cartas y un broche antiguo; una tumba vacía; misteriosas referencias a Egipto; una partida de ajedrez telefónica con alguien que, al parecer, hace tiempo que no está vivo... Los escarabajos vuelan al atardecer es la mejor muestra de la maestría de su autora para crear historias sorprendentes, desasosegantes y en las que uno se siente atrapado, seducido por la complejidad del argumento. Éste, como todos sus libros, está pensado para niños y jóvenes a los que se presupone inteligentes y a los que se les presenta una - 10 -


especie de "reto intelectual". Como en la vida, no hay un final cerrado en esta historia y muchas preguntas quedan sin respuesta, pero esto no le resta coherencia al relato. Por un lado, se nos narra la historia de David, Jonás y Annika, encargados de regar las plantas en una vieja finca, que con su curiosidad y valentía consiguen descubrir un misterio oculto durante siglos; por otro, el amor imposible entre un discípulo de Linneo (científico sueco del siglo XVIII) y su amada Emilie. En los años que trabajé como librera, recomendé este libro a muchos adultos que buscaban buena literatura para jóvenes o una historia con la que iniciar a sus hijos, sobrinos, nietos... en el hábito de la lectura. De entre los "clásicos" más recientes de la literatura juvenil, éste es, sin duda, uno de los que considero imprescindibles. (Tomado de unlibroaldiablogspot.com Carlos Linneo (1707-1778) Fue un médico y naturalista sueco que desarrolló la nomenclatura binomial – dos nombres: género + especie- para denominar y clasificar los animales y las plantas.También demostró la reproducción sexual de las plantas

- 11 -


Víctor Omgbá naceu en Nkongsamba (Camerún) en 1967, fixo estudos de dereito. Chegou a Europa no ano 1995 e despois de pasar algúns meses en Madrid, instálase na Coruña. En 2001 publicou Calella sen saída, unha historia sobre a inmigración en parte autobiográfica. Na actualidade é presidente da ONG Equuus Zebra e colabora no xornal A voz de Galicia. (Información tomada de Wikipedia: http://gl.wikipedia.org/wiki/V%C3%ADctor_Omgb%C3%A1). - 12 -


Antoine Joseph Ngounou, licenciado en Dereito, veuse da súa África natal para continuar estudios en Madrid. Agardábao no aeroporto un amigo da escola que lle escribira contándolle o ben que vivía en Europa. Pero axiña descobre que a súa realidade é outra: vive nun piso vello, sucio e compartido; non sae pola noite ante a ameaza de bandas xenófobas; os seus compatriotas non teñen un traballo estable e dignamente remunerado; as mafias da inmigración aprovéitanse dos que pasan ilegalmente nunha, ás veces, mortal travesía... El intenta matricularse na universidade pero nin a embaixada lle xestiona a bolsa de estudios concedida nin as autoridades educativas aceptan a validez dos seus certificados de titulación. Matrículase na Escola Oficial de Idiomas para aprender castelán pero os apuros económicos fan que acabe arriscándose a vender tabaco nunha boca do metro. Ata outro africano, para o que vende xelados, o estafa. Só a súa moza, Emma, o apoia, pois ata os seus amigos o evitan por se ter enfrontado a outro inmigrante rico, fillo de politicos corruptos. Vénse para A Coruña e consegue traballo cortando árbores, mal pagado e sen contrato. Pero o amo adebédalle cartos e vive, como outros inmigrantes, nunha pensión inmunda. Sen dar regularizado a súa - 13 -


situación, deteno a policía e ábrelle un expediente de expulsión. Nin dous avogados nin unha asociación de axuda ao inmigrante, que tamén o quere utilizar, lle solucionan o problema. Convértese nun clandestino sen traballo. Desesperado, acaba aceptando que perdeu a batalla en Europa. Aprendeu que o problema non está na cor da pel, senón no trato desigual en función das posibilidades económicas. Regresará á súa terra. Pero ha dedicar os seus esforzos a que outros posibles inmigrantes non caian na trampa de vir coma el. Sabe que o progreso de África ha comezar pola educación, desde a cultura propia. Información tomada de: www.filix.org/xovea/calella_es.html -

- 14 -


Elvilendo I - Libros I, II e III