Page 1

LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

SELECCIÓN DE TEXTOS

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

Inicio de A Gaita Gallega, de X. M. Pintos (1853)

(texto 1)

A GAITA GALLEGA tocada polo gaiteiro, ou sea CARTA DE CRISTUS para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega,e aínda máis. ADVERTENCIA Os que pensan que gentes mal escrito1 está con g, poñamos por enxempro; ou digan que taberna, pan e carne son termos castellanos non gallegos; aqueles que sentenzan que jamais1 non é da nosa terra puro termo; os que dicen que o o de foliada debe ser u fundándose no vento; ós que fan máis reparos e murmuran das letras e palabras en secreto, suplícolles e rógolles que agarden e queiran dar vagar e tempo ó tempo.

Fragmento de A Gaita Gallega, de X. M. Pintos (1853) (texto 2) Óu Galicia, Galicia boi de palla Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro! O aguillon que che menten è de aceiro E con el muita forza te asoballa. No lombo teu zorrega, bate e malla Fasta o máis monicreque ferrancheiro, E calesquer podenco forasteiro Te vafa, de vergonza sin migalla! Agarima alleeira eses ingratos Ou vívoras que postas ò teu peito Co ferrete che rompen mil buratos! Si o sangre teu refugas do teu leito, Malas novas, madrasta de insensatos, Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

Inicio de A Galicia, de Francisco Añón (1853)

(texto 3)

Ay esperta, adorada Galicia, D'ese sono en q'estás debruzada; D'o teu rico porvir a alborada Po-l'o Ceo enxergándose vay. Xa cantando os teus fillos te chaman, E c'os brazos en cruz se espreguizan... Malpocados! O q'eles cobizan É un bico d'os labios d'a Nay. D'ese chan venturoso arrincado Pol'a man d'o meu negro destino, Hastra mesmo soñando maxino Eses campos risoños cruzar. E correr po-l'as hortas e prados, Onde leda pasou miña infancia, Respirando a suave fragancia De xasmin, caravel, azahar.

(…)

Fragmento do inicio de MAJINA …, de Marcial Valladares (1880)

(texto 4)

Otilia ergueus'estonces d'o tabolete en qu'estaba, e paseando po-l-o cuarto queijábase, retorcíase e apuábas'hasta de cand'en cando n'os ombreiros de sua nai. Animaba-a esta docemente e paseaba as veces tamen co-ela, mentras non veu o café, que serviron Adria e Inés: á primeira traguendo o líquido n'unha pequecha taza blanca de porcelana c'o seu correspondente plato, a segunda, tirando d'unha lacena outro plato con azucre e unha culler de bujo moi fregada. Caitan quedouse n'a cociña. Tomando o café a enferma, non por eso deijaba de suspirar e retorcerse, siquera algo disimulase. Inés miraba-a e remiraba: gustáball'a sua lindura e chocáballe, por outro lado, aquelo de non querer deitarse. Continuou mirandoa, ourservando-a de riba a baijo, coma s'estudiase n'ela pr'asegurarse d'o que queria decir, e vovendose logo a nai, dijo con solermeiría: — Anqu'o que o sabe n'o dí, aventuro, e n'hei de perder, qu'o mal d'a señorita e o que tiven eu hai dous meses. ¿Veu ahí n'a cociña un meniño que durmindo esta n'o berce? Pois neno, ou nena, vai a ser o qu'a sua señorita nos pouse aqui esta noite, Dios mediante. ¡En verdá que cedo empeza! ¡Tan noviña e ja casada! ¡No por eso!... Otilia ruborizous'o punto; Adria clavou os ollos n'a señora; mais Inés sigueu dicindo: — Comprendo agora o seu repuno a cama. ¡Qué milagre, meu-caravel!

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

N'estes lances naide a quere porqu'o primeiro e parir; pro facer hei de facerlla, pra que dempois descanse; faremoslla as duas, doña Adra -dirigindos'a esta-, qu'así quedará millor. - Hable V. bajo, mi buena Inés -interrumpeu a nai d'Otilia-, no sea que la oiga alguien. - ¿Quen nos ha d'oir, señora -replicou Inés, sonrindo, e como dona d'a sua casa, dominando ja a situacion-, se soilos aquí vivimos o meu Caitan e eu? Quéijese, señorita, canto queira -dirigindos'á Otilia-; ánimo e fora medo qu'o meu home a ajudará. Elle carpinteiro, señorita, e cando ll'está de chola, maña e pacencia tenlle. Otilia, sua nai e Adria non puderon ménos de sonrir tamen, o oi-l-o chiste d'Inés que, chamando imediatamente po-l-o home, díjoll'así que o veu: — Acordate, meu Caitan, d'hai dous meses e está t'hoj'o lado d'esa señorita, com'o lado meu estivech'estonces. Caitan baijou a testa e arrimouse con respeto á unha esquina d'o bufete. Inés volveu a decir á Otilia: — Señorita, fora medo; apúese sin recelo n'o meu home; eu soilo á él lle fun encargo e así nada o colle de novo: a cobardía n'estes casos, non ll'e boa; o qu'importa e sair ben e canto antes d'o apuro. — Eso únicamente es lo que importa —añadeu Adria—. Aproveche V., pues, todos los momentos favorables, ya que el Sr. Cayetano viene en su ayuda; nada de vergüenza. El Sr. Cayetano es un casado, su esposa está presente y los demás somos tambien mujeres. ¿No es su mamá misma de las que aquí estamos con V.? Otilia tiña vengonza, grande vergonza, emporeso ardia e non fumeaba; bulian n'a sua cabeza pensamentos qu'o corazon ll'anegrian, lidaba con moitas cousas, pasaba á un tempo por moitos lances e n'o seu angelical lánguido rosto sólo a nai e Adria podian ver o qu'a infelis sufria. Pro a delor non repara cand'o apreta, e a sua era tan intensa, tan complicada e viva que, cedendo ó cabo, estirou os brazos e encolgouse case n'o pescozo de Caitan. Ajudaban'a este con azelmosas falas, n'o que podia; paseaban d'o brazo, paraban, volvia á encolgas'Otilia e así estuveron com'unha hora, e n'o intre, sua nai rezando, pedindo á Dios por éla; Adria e Inés facendo, primero á cama, dempois unha larga faja con tiras de panos que rachou aquela, e fora, cantando as cotovías alá n'os montes; n'as eiras os labradores qu'o seu milliño esbrugaban. O fin, preto d'as oito, unha escorreita nena saeu á lús.

Prólogo de A tecedeira de Bonaval, de Antonio López Ferreiro (1894)

(texto 5)

(...) Pero, pol-a miña parte, protesto que estou prestes a adoutar e siguir ao pe da letra as regras que d' algun modo oficial se poñan eestablezan. Agora fáltame dicir algo sobre o acento, ou seya o tono e infleusion da voz conque falamos os gallegos. Moito se nos apopea e desprecia aos gallegos; poI-o noso

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

acento, sin facérense de cargo os que nos critican, que tamen eles neste punto teñen bastante que rascar. É certo co noso acento (e agora non falo dos defeutos na pernunciacion) é algo froxo, e, si se quer, arrastrado, e que, pol-o consiguente, forma un vivo contraste co dos castellanos, que é seco e súpeto como un estalo (1); pero non ten as afeutaciones e os finxementos dos d' outros sitios. Recórdese a propósito desto, o que dice Cervantes da Gitanilla, que falaba ceceoso, non porque esto nas xitanas fose naturaleza, pois era artificio. Pero como nos Madriles, que é a corte, se da a pauta pra o gusto, e aló impera o artificio e non o que é naturaleza, de aqui é que fagan bulra e mofa do acento gallego, e, en cambio, dean as laudes e poñan nas nubes a outros mais viciosos e defeutuosos. Non é de estrañar, pol-o tanto, que o nosso dioma, aquel dioma a quen en outro tempo tanto respetaron e apreciaron D. Afonso o Sabio, o Arcebispo de Toledo D. Gonzalo de Palomeque, o Marqués de Santillana, e outros insines literatos, teña que retirarse agora avergonzado, e esconderse, e, a portas cerradas, para que naide o vexa, atender aas suas cousas. E sin embargo, desta fala tan aldraxada, hoxe vense craros refrexos naquela obra inmortal que é o representante mais xenuino e lexítimo da literatura española.

Primeiro capítulo de A tecedeira de Bonaval

(texto 6)

A eso das duas da tarde de un bretemoso dia de Decembre do ano 1543, baixaba pol-o Picho da Cerca, en Santiago, unha vella como de unhos 60 anos, ben limpa e arrombadiña para artesana, segun paricia poI-o seu porte. O seu andar era pausado ainda mais do que pedian os anos, e revelaba unha persona fraca e achacosa. E ainda non era esto soilo para a probe vella, sinon que paricia que iba moy moito preocupada por algunha triste ideya. Asi foy camiñando hastra a Porta da Mámoa, entrou na cidá, tomou pol-o canton da Rua Nova e parouse diante de unha casa do Outeiral, frente aa grande dos Ulloas. Sentouse nun poyal que habia a porta, como para tomar folgo e recollerse en si cos seus pensamentos, e logo preguntou a un dos mozos que entraban e saian si estaba o siñor Rodrigo de Bendaña, e pideulle que lle dixese que estaba ali Catalina, a teceláa de Bonaval, que lle queria unha palabriña. De ahí a un bóo pouco saeu o mozo correndo, e sin querer mirar para ela, díxolle:—Que subades. Sin necesidá de mais introdutor, subeu Catalina, que xa ben conocia a casa, e meteuse nunha espaciosa cámara escasamente alumeada por duas ou tres ventáas, non grandes ainda contando ca engadiga do mainel. Nun dos rincoos da sala, ao pee de unha ventáa e detrás de un ancho bufete, hachábase sentado nun sillon de baqueta, un siñor regordete, vestido de chupa e xubon, cerrado éste por unha larga e espesa fileira de miúdos botons de ambra en forma de abeláa. O qual asi que se adoitou de que entraba a teceláa, levantou a cabeza, pois estaba escribindo. —Ola Catalina —díxolle— qué milagre por aquí ¿ou vesme a trager a tea? —Boas tardes nos de Dios, siñor Rodrigo

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

Inicio do Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal (1876…)

Sofia Rama

(texto 7)


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

Prólogo de A fonte do xuramento, de Fco. de la Iglesia (1882)

(texto 8)

ADEVERTENCIA.— An que son partidario d'a Ortografía etimológica, á falicidade con que se confundían n-os ensayos os encargados de representar este drama, obrigáronm'a empregar a x en geral n-os casos en que debía escribir con g ou j. Sr. Presidente d'o Liceu Brigantiño: A letura d'o scomenzo d'o noso Regramento, que, ó dar razón d'a índole d'a sociedade á quen debe servir de pauta a describe d'esta maneira: «Un ente moral con vida própea; verdadeiro centro de recreyo é d'ilustrazón, creando intereses e inspirando afeutos de hirmandade entre viciños; que faga renacere un purísemo amor ás venerandas tradiciôs d'a madre pátria, d'a nosa amada Galicia, rindindo o xusto e debido homenaxe, ou sexa xuramento de fidelidade ás cencias, ás artes, ó comercio é á industria, inxemprando n-os

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

seus afiliados incrinación e gusto hácia o bello, útil e ameno, que nos ofrecen os incesantes adiantamentos e perfeizós d'o noso sigro:» O têr eu persentes todas estas consideraciós d'os seus erguidos intentos dinos d'o millor respeto por todos cantos de bôs gallegos se prezan ; déum'alento d'abondo para escribir A Fonte d'o Xuramento, primeiro ensayo dramáteco d'os costumes d'as nosas Mariñas, sin rivás en fermosura; homilde traballo que hoxe teño eu a yalta honore en poder adicar á primeira Sociedade que, adiquirindo inmortal renome n-os fastos d'a gallega literatura, soupo erguer a sua garrida e docísima Musa ó dourado scano d'o palco escénico, onde con tantos adiantos campéa á língua de Castilla.

Fragmentos de textos e/ou discursos de M. Murguía (texto 9) ...nos hallaríamos con que el gallego es padre y origen del portugués , y este tiene vida propia y tan lozana como el castellano, una vez que si puede perderse y olvidarse en la porción dl territorio en el cual ondea la bandera lusitana, todavía le queda un refugio en el basto imperio del Brasil. Padre dichoso, el gallego revive en sus hijos. No morirá pues... Estudiémosle y conozcámosle y así le amaremos; usémosle como lengua literaria y así sabremos cuanto vale y decuanto es capaz. La ilustración gallega y asturiana, M. MURGUÍA ,1879 Las lenguas son las verdaderas banderas nacionales: llevan sus propios colores (...) la nuestra refleja nuestra vida intelectual y afectiva; se ha criado en nuestras entrañas, es a un tiempo nuestra madre y nuestra hija: diez siglos pusieron en ella cuanto nos pertenece. El estudio y renovación de las lenguas no oficiales es una de las obras más patrióticas e interesantes que puedan emprender los pueblos con habla propia. Discurso inaugural do Certame Literario e Artístico de Pontevedra, M. MURGUÍA , 1886 O gallego, que é o que nos da dereito a enteira posesión da terra en que fomos nados, que nos di que pois somos un povo distinto debemos selo (...) Nel (...) háchanse os principais elementos da nosa nacionalidade, de novo negada e ainda mais, escarnecida. Discurso dos XOGOS FLORAIS DE TUI, M. MURGUÍA – 1891

Prólogo de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro, 1863

(texto 10)

Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles

Sofia Rama


LITERATURA DO SÉCULO XIX PRERREXURDIMENTO E REXURDIMENTO SELECCIÓN DE TEXTOS

cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foran recolldos polo meu corazón como harencia propia, atrevinme a escribir estos cantares (...) Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo. Prólogo de CANTARES GALLEGOS, ROSALÍA DE CASTRO, 1863

Artigo en El Heraldo Gallego, 1888 De Saco y Arce (autor dunha Gramática Gallega)

(texto 11)

El idioma de una nación es su alma, su carácter ..., es el espejo donde más al vivo y con más fidelidad se reflejan su índole y tendencias, sus gustos y costumbres. Despreciar su idioma, es despreciarse a sí mismo... El Heraldo Gallego, SACO Y ARCE, 1888

Bases del Regionalismo gallego, deAlfredo Brañas, 1889

(texto 12)

El Regionalismo, que profesa el dogma de las dos patrias, es decir, de la patria común española y de la regional, admite como necesarios, armónicos y mutuamente complementarios dos lenguajes: el común y el regional. El lenguaje interregional o común será el castellano por ser entendido y hablado generalmente en todas las regiones. El lenguaje regional gallego será de uso potestativo entre los naturales de nuestra región, tanto en la esfera oficial y pública como en la privada, y obligatorio en las Escuelas primarias en concurrencia con el castellano. Bases Generales del Regionalismo, ALFREDO BRAÑAS,1889

Real decreto de 1902

(texto 13)

Los maestros y maestras de instrucción primaria que enseñasen a sus discípulos la doctrina cristiana u otra cualquier materia en un idioma o dialecto que no sea la lengua castellana, serán castigados por primera vez con amonestación por parte del Inspector Provincial de Primera Enseñanza, quien dará cuenta del hecho al ministro del ramo, y si reincidiesen, después de haber sufrido una amonestación , serán apartados del Magisterio Oficial, perdiendo cuantos derechos les reconoce la ley. REAL DECRETO DE 1902

Sofia Rama

Selección de Textos. Século XIX  

selección de textos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you