Page 1

Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

Tema 2:

Lingua, sociedade e cultura

1/ A natureza social da fala: a lingua como necesidade e instrumento social A lingua ten, en primeiro lugar, un aspecto puramente utilitario: é o principal instrumento do que os humanos nos servimos para comunicarnos, co que transmitimos información e grazas ao cal constituímos organizacións as cales constitúen, á súa vez, a base da nosa estrutura socio-económica. “A linguaxe é o instrumento decisivo de comunicación e de interacción humana. Toda reunión de individuos precisou até hoxe dunha linguaxe para convivir, traballar e manter relacións sólidas. Calquera actividade en común impón ou presupón unha unidade de linguaxe. O que significa que todos os grupos humanos posúen, en degraus diversos, unha individualidade lingüística.” (Rafael L. Ninyoles, Idioma e poder social, Laiovento, p. 21, 2005)

Ademais, a lingua ten natureza simbólica e referencial. Como produto social é un froito da cosmovisión dos seus propios falantes, que transmite e contén os valores, a idiosincrasia, e, en suma, a cultura da comunidade lingüística. É por isto, logo, que a lingua remata convertíndose en símbolo desta comunidade da que falamos, tanto para ela propia como para os foráneos, e polo que, tamén, funciona como referente, neste caso máis vista desde o exterior. <<as linguas non teñen como función única ou máis importante transmitir conceptos que estarían na mente dos falantes representando cousas do mundo exterior (o que poderiamos denominar “comunicación referencial”),

Tema 2

2

Aula Virtual da CIG-Ensino


Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

senón que ó mesmo tempo, cumpren as funcións expresiva e fática, polo que serven como elementos fundamentais para a conformación de identidades persoais e colectivas (a distintos niveis) e para a constitución de comunidades humanas>>. (Monteagudo, Henrique. Historia Social da Lingua Galega: Idioma, Sociedade e Cultura a través do tempo. Vigo, Galaxia, 1999. páx. 25)

2/ A capacidade identificadora e diacrítica das linguas: Comunidade lingüística, lingua propia e ecolingüística Hai varios miles de linguas no mundo e pouquísimas delas se corresponden cun estado. Na maioría dos casos nun mesmo estado hai varias linguas e noutros moitos hai linguas que teñen aos seus falantes repartidos en diferentes estados. Nestas situacións a lingua, máis que a raza, grupo étnico, folklore,..., convértese no elemento con maior capacidade identificadora tanto desde a perspectiva dos propios falantes (que atopan na lingua común o vínculo principal cos seus conxéneres) como desde fóra da comunidade que a emprega para determinar a propia adscrición a esa comunidade.

Henrique Mongeagudo

<<o certo é que a xente concibe o mundo dividido en grupos étnicos e linguas discretas. Esta crenza estéase en estereotipos que atopan a súa expresión no emprego de determinadas denominacións, termos que funcionan como símbolos e como instrumentos de identificación. Debo recoñecer, pois, que existe un elevado grao de convencionalismo na delimitación dos obxectos históricos “Galicia” e “idioma galego”. Asemade, estou convencido de que isto non lle resta un ápice de realidade. Xa se dixo antes que, finalmente, o relevante non é unha visión pretendidamente “obxectiva” e “externa” das cousas, senón a percepción intrasubxectiva que teñen delas os propios actores>>. (Monteagudo, Henrique. Cit, p. 47)

Estes grupos discretos de falantes, estabelecidos ben obxectiva ben convencionalmente, constitúen o que denominamos “comunidade lingüística”: <<Un concepto que nos parece nuclear para a Sociolingüística é o de Comunidade Lingüística. Dado que esta non é unha noción pacífica, digamos rapidamente que concibimos unha comunidade lingüística como un agrupamento social que recoñece como propios un agrupamento de formas, unhas pautas de uso e unha cultura lingüística basicamente comúns e dalgún xeito específicas e minimamente estructuradas [...]. Falamos de grupo social: unha comunidade lingüística constitúe unha das múltiples e non necesariamente excluíntes modalidades de agrupamento humano, a sociedade é un sistema de agrupamentos de diverso carácter e distinto nivel, de maneira que cada un dos seus membros se inclúe en varios agrupamentos sociais de distinto tipo, un dos cales resulta ser a comunidade lingüística”>>. (Monteagudo, Henrique. Cit, páx. 23)

Así, o “agrupamento” do que fala Monteagudo e que significa ser usuario dunha lingua non é absoluto indiferente ou “neutral”, é un agrupamento que responde a un medio social, e na perspectiva ecolingüística, tamén un medio físico ou natural. A lingua é tamén unha resposta adaptativa ó medio físico, unha forma única e orixinal de aprehendelo, de facelo propio mediante o seu nomeamento e descrición cos recursos que esa lingua concreta forneza.

Aula Virtual da CIG-Ensino

3

Tema 2


Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

A lingua funciona, por todo o que levamos vendo, como risco diacrítico das sociedades e culturas: non só é que determinadas fronteiras administrativas coincidan con isoglosas determinadoras de límites idiomáticos. A lingua é un risco cultural diacrítico porque os seus usuarios senten a fala como adscrición a un determinado grupo social (que pode coincidir con étnico, pero non ten porque selo) e sobre todo a unha cultura. Lingua e cultura convértense así, en moitos casos, en termos intercambiábeis. Hoxe falamos de ecolingüística para estudar a correlación non só entre as linguas se non tamén entre elas e o seu medio ambiente, quer dicir, a sociedade na que se empregan. Estamos, pois, ante unha nova aproximación teórica aos estudos sociolingüísticos que xorde nos anos 90 do século XX e que un dos seus defensores, Alwin Fill, definiu como “a ciencia das interaccións entre a lingua e o mundo”.

3/ Cultura, nación e lingua no caso galego. Alwin Fill A identificación entre lingua e a comunidade que a fala (a “comunidade lingüística”) convértese en determinadas ocasións en máis estreita: a comunidade cultural é tamén unha nación. Nestas circunstancias a lingua é o elemento máis claramente delimitador e diferenciador desa cultura-nación. No caso galego é desde a criación das Irmandades da Fala (1916) cando se determina claramente esta relación. Vemos, de feito, que no seu propio ideario a lingua figura no primeiro lugar das súas finalidades: “A Irmandade dos Amigos da Fala tivo feitura na Cruña o día 18 do mes Maio de 1916. Hoxe haina costituida tamén no Ferrol, Santiago, Betanzos, Villalba, Lugo, Monforte, Estrada y-Ourense. Están federadas co’elas a Xuventú de Defensa de Vilagarcía, as Xuventudes Nacionalistas de Santiago e de Vigo, e moitas Socieda-dades Agrarias. Poden ingresar n-elas todol-os galegos, homes e mulleres, y-os que nono sendo de nacimento o sexan de curazón. As Irmandades teñen por fís: 1º Porpagal-o emprego da língoa galega. 2° Conquerir unha amplia autonomía pra Galicia. 3º Traballar pr’a solución de todol-os probremas coleitivos e permanentes da térra galega. 4º Traballar pol-a difusión da cultura centífica, literaria y-ar-tísteca. 5º Intervir na políteca pra qu’esta se faga en porveito do pobo. Cada Irmandade ten catro seiciós: Seición de Cultura e Fala, Seición d’Economía y estudios sociaes, Seición Agraria e Seición Políteca.”(Risco, Vicente, Teoria do nazonalismo galego, 1920)

Vicente Risco

Os irmáns Vilar Ponte e o xa citado Vicente Risco, por exemplo, teñen textos que evidencian que se estaba a iniciar esta toma de conciencia de sermos unha nación precisamente (entre outras cuestións) por termos lingua propia: “Está recoñecido por cantos s’ocupan d’estas cousas, que, de todol-os vínculos sociaes, é a fala a que mais sopara e carauteriza ós pobos, porqu’é o mais espirtual de todos, é o que conforma o pensamento e fai a maneira de ser das xentes. O troque de língoa determina, na maor parte dos casos, a dexeneración espirtual d’un pobo. A cuestión é deferente pr’ós individos do que pr’as nacionalidades. A proba é qu’a imposición da língoa foi sempre unha violencia que non descoidou ningún imperialismo:

Tema 2

4

Aula Virtual da CIG-Ensino


Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

foi empregada por Austria c’os checas e c’os húngaros, por Prusia e Rusia c’os polacos, por Francia c’os vascos y-os provenzaes, por Castela c’os cátalas e co nosco. Mais a pesar da rabia conqu’o presiguen, o galego vive, falase pol-as catro quintas partes da poboación, y-achas’hoxe n-unha das suas épocas de maor frolecemento literario, convertíndos’en istru-mento d’espresión científica e de produción filosófica. Agora, o galego y-o portugués son duas formas dialeutaes do mesmo idioma: esto indica que nos temos un maor parentesco con Í ‘ortugal do que con Castela. Tres falas, tres civilizados; nos per-encemos á civilización da banda oucidental, e culturalmente, pois u’esí é filolóxicamente, nada temos que ver co’as outras duas. Queiramos ou non, esto trábanos fortemente, estreitamente con Portugal e co’a civilización portuguesa” (Risco, Vicente, cit.) “Este direito das nacionalidades á propia vida—garantía necesaria pra qu’elas podan desenvolvel-a sua civilización e contribuir á civilización do Estado ó qu’están xunguidas e mais á civilización do mundo—está xa recoñecido no direito moderno. Efeutivamente, na Conferencia da Paz suscitouse o probrema dos direitos das minorías nacionaes. Enténdese por minorías nacio-naes «os grupos de súditos d’un Estado que son de raza e de língoa deferente das da maoría do Estado». Estes grupos, nin poden formar Estados independentes, nin poden ser axudicados ó Estado nacional ó que deberán corresponder; teñen pois, que ficar dentro d’un Estado que non é a sua nación propia. As potencias aliadas creeron que cumpría garantizar ás minorías nacionaes, un mínimum de direitos, y-o prencipal d’eles é o enseño no idioma propio. As minorías nacionaes deberán estar baixo a proteición da Liga das Naciós.” (Risco, Vicente, cit.)

A situación actual da lingua no noso país, analizada desde a perspectiva sociolingüística, incide no feito de ser esta un elemento social polo que non é posíbel estudalo isoladamente: “Imos recordar, en primeiro lugar, uns principios epistemolóxicos previos que xulgamos da maior importancia para comprendermos a cuestión da lingua galega: 1°. A lingua é a estrutura cultural que precisan todas as demais estruturas da cultura, sen que aconteza a in-

Aula Virtual da CIG-Ensino

5

Tema 2


Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

O 31 de maio de 2007 a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, anunciou no Parlamento de Galicia que o vindeiro mes de decembro quedará constituído formalmente o Consorcio de Planificación Lingüística. Nunha resposta oral, ante a Comisión Primeira da Cámara galega, a responsable de Política Lingüística apuntou á figura do Consorcio como o ente máis axeitado para conseguir que o galego sexa a lingua habitual nas relacións internas da Administración, na comunicación interadministrativa e na relación entre Administración e cidadáns. “Os concellos e as deputacións están obrigados por lei a facer en galego todos os actos que se poidan derivar da súa actuación administrativa, xa que o uso do galego na Administración local ten carácter imperativo”, explicou Marisol López. Con todo, apuntou que “existen organismos que aínda non o cumpren” e dixo que “desde Política Lingüística se están a poñer unhas bases sólidas para que a lexislación de aplicación nas entidades locais sexa cumprida, dunha vez por todas e nun prazo de tempo bastante próximo”. Ao fin frutrouse xa daquela este organismo semellante aos de Cataluña e Euzkadi consecuencia das correlacións de forzas na Galiza e o conflito existente.

Rafael L. Ninyoles

versa. Non é, portanto, analisábel en termos de “riqueza” ou de peza do patrimonio cultural, porque, sendo estrutura basilar de que todo acto humano depende, non é homologábel con calquera “colección” de asuntos artísticos, estéticos ou culturais. 2°. A entidade lingua requere, sempre, unanimidade social. Non é urna criación individual. De aí que falarmos en dereitos lingüísticos implica, antes de mais, falarmos en dereitos colectivos, en dereitos sociais, en definitivo, en dereitos humanos. 3°. As regras que explican a situación dunha lingua son regras sociolóxicas, non regras filolóxicas. Alias, a lingua vive sempre nun tempo e nun contexto concretos, non nunha “estratosfera” fora das continxencias históricas. É así como, na sociolingüística, o primeiro lexema ven a ser epíteto do segundo. 4°. A determinación (determinación, non influencia) da sociedade galega, portanto, na existencia da súa lingua explica que todas as vicisitudes por que atravesou aquela incidisen directamente na fortuna, consideración social, calidade e independencia do código en si”. (García Negro, De fala a lingua. Un proceso inacabado, p. 71, Laiovento, 2009)

O discurso máis recente, grazas ás achegas teóricas da sociolingüística e máis da clarificación política, é máis complexo que o dos históricos nacionalistas na análise da nosa situación posto que se evidencia como fundamental a posición minorizada da nosa lingua a respecto do castelán nun contexto de conflito e nun marco social, económico e político determinado: “ O uso de dúas linguas nunha sociedade implica un conflito que só pode ser enunciado e resolvido afrontando os problemas sociais, económicos e políticos que implican a súa estrutura. Calquera estudo dirixido neste senso terá que explicar o papel que exercen as clases superiores na evolución sociolingüística e, nun plano

Tema 2

6

Aula Virtual da CIG-Ensino


Normalización lingúística historia e socioloxía da educación

xeral, a serie de presións sociais e institucionais baixo as que o desenvolvemento do idioma dominado estivo parcialmente comprometido. A análise deste mecanismo constitúe, sen dúbida, a condición previa a calquera tentativa de normalización cultural.” (Rafael L. Ninyoles, Idioma e poder social, Laiovento, p. 27, 2005)

Tense posto de relevancia, como xa levamos vendo, que no caso galego o cerne do noso conflito lingüístico non é inherente á lingua e/ou a nós mesmos como sociedade, senón que se insire nun marco socio-político sobre o que debe recaer o foco da análise: “Forma parte dos topica admitidos hoxe sen controversia conceder lugar central á preocupación pola lingua nos históricos do nacionalismo galego. Fóra de bastas confusións (tamén endémicas) entre lingua e gramática, entre lingua e filoloxía, entre, en fín, o código e o seu estudo, é común resaltar aquel axioma, en termos de sentimento, moral de aproximación ao povo, estima colectiva e cultivo estético nunha literatura que se pretendía completa e multixenérica. Tense insistido menos, coidamos, noutros aspectos que xulgamos de igual importancia. En primeiro lugar, reparan na lingua porque ela é o ben social, alén de imprescindíbel, máis democrático e gratuíto. En segundo lugar, non é sectorial, nen é facultativo nen é superestrutural. Non depende, nos seus usos primarios, da vontade ou da restauración impulsábel por institucións que existían e operaban mesmamente para desprezala e ignorala. En terceiro lugar, é o instrumento que mellor evidencia a falsía de se tratar, o galego, dun conflito endóxeno ou conxénito, mais, iso si, internalizado como tal polos proprios galegos e, por aquí, criador de falsas e artificiais divisións sociais.” (García Negro, De fala a lingua. Un proceso inacabado, p. 32-33, Laiovento, 2009)

Mª Pilar García Negro

TEXTOS ASOCIADOS: 1.- “El Cadiceño”, de Rosalía de Castro (1866) 2.- O feito lingüístico galego. Ramón Vilar Ponte.

Aula Virtual da CIG-Ensino

7

Tema 2

Profile for Sofia Rama

Lingua e sociedade  

material elaborado pola CI-ensino

Lingua e sociedade  

material elaborado pola CI-ensino

Profile for socri
Advertisement