Page 1

AS VANGARDAS - Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo... - CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920. - LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París - OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as vangardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista - CARACTERÍSTICAS XERAIS: - Ruptura radical coa tradición - A arte ten sentido en si mesma - Expresión hermética

- Renovación da temática - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica - Elaboración de manifestos programáticos radicais

- VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero, deixou unha fonda pegada nas distintas manifestacións artísticas desde entón até a actualidade - CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:

► ► ► ► ► ►

Destrución absoluta da sintaxe Emprego do verbo en infinitivo Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”) Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...) Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco.. Abundante léxico de tipo técnico

Lourenço Álvarez

FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)


CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob, Joan Salvat Papasseit) ► ► ► ► ►

Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade Mestura de linguas e material heteroxéneo Sentido humorístico e lúdico da expresión artística Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia)

► ► ► ► ►

Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo Desprezo radical de toda manifestación artística anterior Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante Humorismo, gusto polo ridículo SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro) Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo A creación ten como punto de partida o mundo onírico A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica A escrita automática como expresión da liberación da razón Expresión hermética e multisignificativa CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio)

► ► ► ►

Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica

OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...

Lourenço Álvarez

► ► ► ► ►


AS VANGARDAS

Sitúa o seguinte poema na corrente de vangarda coa que máis se identifique REZA UNHA RAPARIGA NO MEU VAIXEL oh, ven onda min e pousa con emoción os teus labios na miña boca -nun bico apaixonado serei toda túa! BAIXO AS VELAS POSUIREINA Como sei que se bica bicareina mariñeiriño que non vixía corsario vén e a amada lle quita se non lle leva ningunha canción- corsario vén e quítalle o amor MARSELLA PORTO DE AMOR NOSA SEÑORA DA GARDA ROGADE POR NÓS

► Destaca as súas principais características ► Convérteo nun poema tradicional, adaptando o seu contido as formas expresivas convencionais ► Escribe un poema vangardista especificando a corrente na que se adscribe. Procura cumprir da maneira máis completa as características dese ismo Podes ampliar información sobre o autor clicando no seu nome

Lourenço Álvarez

(Joan (Joan Salvat Salvat Papasseit Papasseit))


AS VANGARDAS GALEGAS - CARACTERÍSTICAS PECULIARES DAS VANGARDAS GALEGAS ► Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega (poucos autores plenamente vangardistas, un único

manifesto, carencia de revistas estritamente vangardistas...) ► Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país ► Non se produce unha ruptura total coa tradición literaria ► Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo

- MANIFESTACIÓNS DAS VANGARDAS: revistas (Ronsel, Alfar, Cristal...) e manifestos (Máis alá (1922), asinado por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro: crítica da literatura baseada na tradición, dos tópicos literarios galegos, defensa radical do individualismo e da liberdade creativa) - AUTORES: MANUEL ANTONIO: Móvese dentro da órbita do Creacionismo, movemento que pretende captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a óptica persoal do poeta. Incorpora tamén características expresivas propias doutras correntes de vangarda

ÁLVARO CUNQUEIRO: Parte da súa obra poética é de expresión próxima ao Surrealismo, con profusión de metáforas irracionais e un marcado gusto pola inspiración onírica • Obras principais: Mar ao norde (1932) e Poemas do si e non (1933)

Lourenço Álvarez

• Obra principal: De catro a catro (1928): poemas estruturados a xeito de travesía mariña. Temáticas: o mar e os elementos directamente relacionados con el, o paso do tempo, a soidade radical, a terra como contrapunto


- MOVEMENTOS PARALELOS ÁS VANGARDAS:

NEOTROBADORISMO: Inspirado na recreación da lírica medieval galego-portuguesa, fundamentalmente nos esquemas formais e no inxenuismo da cantiga de amigo, participa (esencialmente en Á. Cunqueiro) dunha certa vontade expresiva proxima á linguaxe vangardista. - AUTORES: F. BOUZA BREY: máis tradicional na repetición dos esquemas formais da poesía trobadoresca • Obras principais: Nao senlleira (1933) e Seitura (1935) ÁLVARO CUNQUEIRO: Máis renovador a respecto das temáticas e formas medievais, presenta nas súas obras neotrobadoristas, un tratamento das imaxes moi na liña dos movementos vangardistas • Obras principais: Cantiga nova que se chama ribeira (1933) e Dona de corpo delgado (1950)

- AUTORES: AMADO CARBALLO: • Obras principais: O galo (1928) e Proel (1967)

Lourenço Álvarez

HILOZOÍSMO (IMAXINISMO): Destaca nesta poesía a presentación humanizada da natureza, continuando a liña animista de Noriega Varela. Son de salientar tamén a descrición impresionista da paisaxe, a abundancia de imaxes e o gusto polo cosmopolitismo


AS VANGARDAS GALEGAS

.- Busca no seguinte enlace [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – POESÍA MEDIEVAL] unha cantiga de amigo con leixaprén da nosa literatura trobadoresca e compáraa coa seguinte composición :

Tiña sono de cristais unha noiva que eu había, ai, dolor!

Tiña sombra de cristais unha noiva que eu había, ai, dolor!

De cristais a cortaba o sono en que ela dormía ai, dolor!

De cristais a rachaba a sombra en que ela morría ai, dolor! (Álvaro Cunqueiro)

► Repara agora nas diferenzas ► Que aspectos da composición de Cunqueiro cres que se poden considerar vangardistas? Con que movemento gardarían relación?

Lourenço Álvarez

► Comenta os puntos que teñen en común, tanto desde o punto de vista formal, como desde o punto de vista da temática

Profile for Sofia Rama

Esquemas. As vangardas.  

Esquemas-resumo e actividades sobre As Vangardas, elaborados por Lourenço Álvarez.

Esquemas. As vangardas.  

Esquemas-resumo e actividades sobre As Vangardas, elaborados por Lourenço Álvarez.

Profile for socri
Advertisement