a product message image
{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade

Page 1

Eroski Paraíso (por Rebeca Ríos) O luns ás dez e media da noite, tivemos a oportunidade de desfrutar da produción "Eroski Paraíso", unha película protagonizada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias e Fidel Vázquez. Esta desenvólvese no que foi o estudo fotográfico de Fidel, o avó de Patricia, a casa onde ela naceu, agora convertido en Eroski, un Eroski que antes foi un bar, o bar onde se coñeceron seus pais a noite que a concibiron. Dende o meu punto de vista, é un filme que emociona, que aínda que queiras non podes sacar o ollar do que che conta, do que che transmite. É que a mente humana é tan fermosa (ás veces), que nunha hora e pouco pode prender tanto nos sentimentos grazas a unha actriz ou a un actor, cuxas actuacións permiten que incluso unha persoa dende a súa casa poida ulir o paraíso sen necesidade de ter diante un bocata de luras como o que facían no Ghaivota. Penso que este filme, ademais contrapón as dúas Galizas, a desgraciadamente castelanizada, encarnada pola personaxe á que dá vida Patricia, e a de toda vida, a Galiza de ouro, encarnada polo personaxe ao que dá vida Miguel. A rapaza ás veces mostra a frustración que podemos chegar a sentir tamén nós, ou polo menos eu sentina. Cando Alex lle pedía á nai que falara galego, e a nai, ao pouco, comezaba a falar castelán, e xa non o deixou de falar durante o resto da filme, eu sentín esa frustración. Por outra parte, ás veces sentes pena polo avó da rapaza, pois este ten alzheimer, ou iso nos fan ver. É emocionante ver como no medio da peza ese vello comeza a tocar en palmas unha canción que a el lle gustaba, e a súa neta e o seu xenro comezan a cantar o ritmo con el, despois danlle unhas cunchas e comeza a tocar. Ese foi un dos momentos durante o filme no que no podes conter a ledicia só nos teus beizos e veste case obrigada a ensinar os dentes. Tamén é fermoso, ademais, ver como dúas persoas recordan a súa historia de amor dunha forma tan intensa, dunha forma tan verosímil e especial. Agora ben, o final deste filme penso que é moi filosófico, xa que unha vez baleirados os estantes entre todos, a través dun xogo, Alex dilles aos pais que miren eses estantes, e a nai, a representación da Galiza castelanizada, queda no superficial, en cambio o pai, afonda nos seus recordos e a morriña lévalle a pensar no edificio que comezou a construír seu pai ao vir de Suíza, que quedou nun esquelete. Ocorréuselle a idea de rematar de construílo, el, pouco a pouco. Na escena final é a filla quen lles pregunta aos seus tíos por ese edificio, que por casualidade ou destino, infórmana de que o vai comprar un supermercado, e que só falta a sinatura do seu pai. Pode ser iso unha crítica á sociedade capitalista? Ver como todos os lugares especiais para o seu pai son invadidos por unha clara manifestación do capitalismo, os supermercados?

Profile for Sofia Rama

Eroski paraíso, por Rebeca Ríos  

Despois de ver... cinema galego

Eroski paraíso, por Rebeca Ríos  

Despois de ver... cinema galego

Profile for socri
Advertisement