Page 1


O negocio da súa vida César era un home moi trapalleiro. Case todo o que facía lle saía mal, por iso estaba no paro. ALÚGANSE OFICINAS Pero ese día atopou no xornal un anuncio Edificio exclusivo no centro de por palabras no que Compostela. alugaban oficinas. Superficie útil: 100m2

César soñaba xa co negocio da súa vida. Non agardou ao día seguinte e dirixiuse ao enderezo que mostraba o anuncio.

Tel.: 981213711 Preguntade por: Belén García

Alí atopou unha muller no mostrador que lle indicou que se debía dirixir ao xefe da empresa. O xefe, en vez de alugarlle unha das oficinas, que César non podía pagar, púxolle os pés na terra e ofreceulle algo mellor: propúxolle substituír a un empregado que estaba de baixa. César alegrouse: por fin tiña traballo! Ao día seguinte empezou a traballar de secretario. Ao principio foille ben, pero xa dixeramos que César era moi trapalleiro, así que en vez de traballar comezou a enredar con Internet. O seu traballo comezou a acumularse e o xefe recibía moitas queixas dos clientes porque non lles chegaban os seus informes. Pronto César se viu de novo na rúa, buscando unha oficina de aluguer para montar o negocio da súa vida.

Contos por palabras 1 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


O home de luz Fermín Patuchín tiña trinta e cinco anos e unha muller, Pepa Martínez. Fermín traballaba nunha empresa eléctrica, pois o que máis lle gustaba no mundo a Fermín era ollar a luz. O martes 25 de setembro de 2007, Fermín cometeu o peor dos erros no seu traballo. Estaba traballando no baño da súa casa, mentres Pepa estaba a bañarse. Cando Fermín enchufou o trade, a auga da bañeira mollou o cable e Fermín electrocutouse, mais non morreu. ELÉCTRICAS LUZ Pepa, histérica, chamou unha ambulancia. Pero cando INSTALAMOS E ARRANXAMOS TODO quixeron sacalo da casa para TIPO DE APARELLOS metelo no vehículo, todos os ELÉCTRICOS aparellos eléctricos empezaron a FERMÍN PATUCHÍN queimarse e deixaron de 657 897 432 funcionar. O único que podían Preguntade por: facer era levalo na padiola ata o hospital máis próximo. Adrián Ríos Cando o corpo eléctrico de Fermín atravesou a porta do hospital, o edificio ficou a escuras e nada volveu funcionar até que Pepa, triste, chorou polo seu home e as súas bágoas espertaron a Fermín, quen se emocionou. No hospital, acordaron vestilo cun traxe especial, que impediría que a electricidade de Fermín afectase aos outros aparellos eléctricos. Así, coa súa electricidade e as bágoas da súa muller, regresou Fermín a casa, cheo do que máis lle gustaba, a luz.

Contos por palabras 2 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


Os apartamentos dos teus soños Pedro tiña trinta e dous anos e era o dono dunha empresa de vendas de apartamentos chamada Os apartamentos dos teus soños. Todo ía moi ben na empresa até que abriu as súas portas na cidade outra empresa de venda de apartamentos que comezou a facerlle a competencia. Un luns, Pedro ergueuse ás oito da mañá, coma todos os luns, para ir traballar. Mentres almorzaba, viu na APARTAMENTO televisión un anuncio da empresa que lle facía a En Hotel Meliá, María Pita. competencia. A empresa EXCLUSIVO: 60m, 1 habitación, salón, anunciábase como un cociña, baño, trasteiro e praza de das mellores de Galiza. garaxe. Isto feriu o orgullo de Pedro, pois el era Totalmente amoblado! fachendoso e presumido; sempre quería ser o mellor en todo. Así que, Tel.: 630 060 717 subiuselle o sangue á cabeza, enfadouse Preguntade por: Cristina Deus moito e saiu a fume de carozo para a oficina. Ao chegar botoulles un sermón aos empregados, ignorantes do que lle podía estar a pasar ao seu xefe. O obxectivo do discurso era que os empregados vendesen máis para gañarlle á nova empresa coa que agora competían. Os empregados aceptaron traballar máis, se cobraban tamén máis. Pero Pedro enfureceuse coa condición dos seus traballadores e despediunos a todos. Chegou a pensar que podería el só coa empresa; mais enganouse. Investiu todos os cartos en mercar novos apartamentos que non deu vendido. Até que as débedas o obrigaron a vender o seu propio apartamento e Pedro tivo que volver a casa dos seus pais, que o acolleron convencidos de que aprendera unha lección de humildade.

Contos por palabras 3 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


Fonseca FONSECA vende casa próxima Facultade Económicas. Totalmente rehabilitada. 3 durm., salón, cociña e 2 baños. Baixocuberta diáfano e acondicionado. 360.000€. Tel.: 678 908 567 Preguntade por: Damián

Muíño

Armando Castiñeiras era o primeiro empregado da empresa Fonseca. Aquel día de outono era martes e chovía, pero comezou a repartir os folletos intentando vender aquela casa que se lle resistía. Era unha casa cutre xunto a Económicas e xa estaba farta de ver o anuncio en todas partes. Ninguén quería comprala. Armando percorría, os martes e os xoves, as rúas da cidade en busca de comprador. Aquel martes chuviñento e outonizo, Luís González achegouse a el e díxolle: -Canto vale esa casa que andas a vender? Armando Castiñeiras ignorou a Luís González, antigo compañeiro de instituto, varrendeiro do concello naquel momento e home sen os cartos necesarios para comprar aquela casa por moi cutre que fose. Luís González incomodouse e dirixiuse persoalmente á axencia na que traballaba Armando. Ao mostrador da axencia Fonseca atopábase aquela tarde Pili Pampín, nunca vendera unha casa, nunca escribira un anuncio, nunca entrevistara a un cliente e nunca aprobara a ESO. Mais aquela era a súa tarde de sorte. Luís González entrou na axencia e pousou no mostrador un fato de billetes do trinque para pagar aquela casa cutre que Armando Castiñeiras non lle quixera vender. Luís mercou a casa cos cartos da herdanza que súa nai, recén finada, lle deixara. Pili vendeu a súa primeira casa e cobrou a súa primeira comisión. Armando deixou a venda de inmobles e agarda no salón da casa da súa nai octoxenaria a herdanza que lle permita mercar unha casa cutre, como aquela que estaba xunto a Económicas.

Contos por palabras 4 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


Os cans das estrelas María era unha muller á que lle gustaban moito os animais por iso tiña cans de moitas razas. Os veciños queixábanse do ruído que facían os cans de día, de tarde, de noite… Os veciños empezaron a queixarse e María a desgustarse. Un día, María tivo unha idea: poñería un Caniches miniatura, Yorshires, anuncio no periódico Shih Tzu, Cachorros, Chihuahas… para vender todos os cans que ela tiña no BO PREZO! piso. Doíalle desfacerse deles, pero 981623.758-617.605.862 non lle quedaba outra posibilidade. Pasaron unhas semanas e Preguntade por: Laura Moar María estaba contenta porque aínda non chamaran polo anuncio. Unha mañá soou o teléfono. Unha voz estraña preguntoulle polo anuncio e díxolle que pasaría a ver os cans ao día seguinte, ás catro e media da tarde. Así foi, ao día seguinte, ás catro e media da tarde, petaron na porta do piso de María. María abriu a porta e viu un ser verde con oito patas. Asustouse e chamoulle “extraterrestre”. El díxolle que, efectivamente, era un extraterrestre e que viña disposto a comprar toda a camada de cans por un prezo razoable. Díxolle que lle daba mil “bites”, que equivalían a mil euros do noso mundo. María negouse nun principio, pero sabía que non ía haber outras ofertas tan boas, así que aceptou. O extraterrestre pagou os “bites” e marchou cos cans. Os veciños de María xa non estaban enfadados. E María, agora, cando ollaba para o ceo, escoitaba, atenta, o ouveo dalgús dos seus cans desde as estrelas.

CONTOS POR PALABRAS 5 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


A oficina nova

O luns, Santiago ergueuse de moi bo EDIFICIO EXCLUSIVO humor, pero iso ía CENTRO CIDADE Sup. M2 útiles: 200, 130, 64, 50. cambiar moi rápido. Santiago dirixiuse en Rúa de San Andrés, 56 Tel.: 981 21 37 11 coche ao traballo. No atasco foi pensando Preguntade por: Martín Rouco como amañar a nova oficina da que agora era responsable. Cando chegou á oficina, aliviado de saír do atasco, viu que aínda non tiña mobles e propúxolle ao seu xefe que lle permitira traballar na casa. ALÚGANSE OFICINAS

De novo viuse metido no atasco, que o puxo de moi mal xenio. A cara do luns comezara a cambiar… Mais o peor aínda estaba por chegar. Ao chegar á casa, escoitou a mensaxe que lle viña de deixar o xefe no contestador. Con ironía, dicíalle que se podía traballar na casa, non precisaba unha oficina nova e, polo tanto, para aforraren gastos na empresa e mesmo obter un ingreso extra, alugaríana. Santiago foi o encargado de poñer o anuncio.

Contos por palabras 6 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


Tandem Aínda me lembro de Hugo, o meu compañeiro de traballo que fora quen de poñer un anuncio que levara a nosa empresa, Tandem, á fama. Era unha mañá de inverno, o despacho estaba baleiro. A nosa empresa adicábase á venda de electrodomésticos, pero levaba tempo sen vendr case nada. Os traballadores estabamos a piques de ir á rúa. Acordamos que tiñamos que facer algo antes de que iso sucedese. Así que decidimos quedar para o xoves desa semana e falar do tema. Na reunión dese xoves, foi onde Hugo expuxo a súa idea: -Por que non vender os electrodomésticos por anuncios na prensa e levalos a domicilio, en vez de vendelos no despacho facendo que os clientes tiveran que desprazarse? Ademais tamén poderían anunciar e vender aquilo que á xente lle sobraba e que agradecería que lle quitaran da casa: electrodomésticos de segunda man, que unha vez arranxados pasaría por seren de primeira. A idea convertiuse nunha realidade en nun éxito. Grazas a ela, ningún fomos ao paro, mesmo somos moitos mais a traballar aquí, pero xa non está Hugo. Porque as boas ideas fan medrar á xente. E Hugo medrou. Agora é o encargado da publicidade nunha empresa de automóbiles.

Contos por palabras 7 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


O aniversario de Andrea Andrea vivía en Santiago de Compostela e ese día, 5 de Xullo, cumpría 18 anos. Ela non quería unha grande festa, non quería a tarxeta de crédito do seu pai para mercar toda a roupa das tendas. Só quería unha cousa: a súa independencia. Outro 5 de xullo, había oito anos, atopábase cos seus pais, sentada na terraza dunha cafetaría, preparada para soprar as velas da súa torta de cumpreanos. Estaba chea de ilusión. Pensaba que con dez anos era xa maior. MONTE ALTO De súpeto, viu pasar pola rúa unhas rapazas duns dezaoito anos, viunas soas. Non había pais por ningures; só estaban ÚLTIMA VIVENDA Á VENDA! elas e uns rapaces da mesma EDIF. DE LUXO idade. A Andrea entroulle 255.000€ envexa da independencia daquelas rapazas e preguntoulles aos seus pais TEL.: 666 540 847 por que aquelas rapazas ían soas pola rúa. Os pais Preguntade por: Miriam Castro respondéronlle que, cando ela fose maior, tamén podería facer o mesmo. Explicáronlle que, cando cumprise os dezaoito, tamén ela había querer saír coas amigas e mercar moita roupa. Piso 3 durm. e 2 baños Garaxe e trasteiro A ESTREAR!

Desde ese día, Andrea só quería cumprir os dezaoito para andar soa pola rúa, mesmo para vivir soa. E por fin chegara o grande día: era 5 de xullo e cumpría dezaoito anos. Andrea era máis afortunada que calquera rapaza da súa idade. Os pais, sabedores do maior desexo da súa filla, atoparan un anuncio dun piso en Monte Alto, vírano, gustáralles e mercáranllo como agasallo de cumpreanos. Andrea non daba crédito, pensou na cantidade de cartos que os seus pais gastaran para cumprirlle o seu capricho de ser independente. Mais nese mesmo instante, comprendeu que non quería vivir soa, que ser independente era outra cousa e que ela prefería seguir coa familia uns cantos anos máis.

Contos por palabras 8 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


Rosais O día 7 de Novembro Xoán viu o anuncio no xornal e chamou ao número de teléfono que alí indicaban. A persoa que lle atendeu díxolle que os chalés eran moi bos, pero o seu prezo tamén o era: valín 175.000€!!! A pesar de todo, Xoán comunicoulle á súa familia que ían mercar un chalé con parcela privada e garaxe. Aos seus tres fillos contoulles que terían un cuarto para cada un e á súa muller

explicoulle

que

a

habitación de matrimonio tiña un baño só para a parella. Os espazos eran grandes, a casa era a que el sempre desexara… E os cartos, xa se apañaría. A el o traballo nunca o asustara. Xoán mercou o chalé. Hipotecouse até as orellas. Pero a familia mudouse a un espazo privilexiado no que estaban convencidos que serían moi felices, os cinco xuntos. Agora Xoán non ve aos fillos, non dorme coa muller nin para no fermoso chalé. Debe traballar día e noite para pagar a hipoteca, así que, ademais do seu traballo, empezou a montar casas prefabricadas polas noites e, nas fins de semana, instala mobles nas casas dos outros, aínda que dos seus non lembra nin a cor.

Contos por palabras 9 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


A vinganza O 18 de Xaneiro de 2010, Xorxe Iglesias saiu fóra da casa para coller o xornal. Recolleuno na caixa do correo, volveu entrar na casa e, mentres almorzaba, leu as novas do día. Cando chegou aos anuncios por palabras, atopou un que espertou o seu interese. O anuncio dicía:

Chamou, quedou para unha entrevista, foi á entrevista, asinou o contrato e comezou a traballar. A Xorxe foille moi ben os primeiros días, pero un cmpañeiro, Xavier, que vía perigar o seu posto, fíxolle uha trasnada e Xorxe volveu quedar sen traballo. Cando chegou á casa, a súa noiva, Sara, deulle unha aperta e consolouno mostrándolle un novo anuncio para traballar de cociñeiro. Xorxe respirou feliz, pois só quería os cartos para casar con Sara. Casaron. Foron de lúa de mel. Regresaron e Xorxe volveu ao traballo. Atopouse inexplicablemente con Xavier de compañeiro. Non dubidou en facerlle unha trasnada para que o botaran inmediatamente. A Xavier despedírono. Xorxe ascendeu e, hoxe, é o encargado da cociña. Sara tivo dous fillos e Xorxe ensínalles que deben sempre mirar polo seu, pero nunca seren vingativos.

Contos por palabras 10 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


A casa enmeigada Como todas as mañás, Raúl estaba almorzando para ir ao colexio mentres o seu pai lía o xornal, pero aquela ía ser unha mañá distinta, porque o seu pai atopou no xornal un anuncio que o sorprendeu: vendíase unha casa enmeigada. Decidiron ir vela, cando Raúl voltase da escola. Raúl púxose nervioso. Ás

seis

da

tarde

atopábanse os catro, Raúl, o seu pai, a súa nai e a súa irmá Leti diante

da

casa.

Pareceulles

unha casa de conto: lindísima. Decidiron

mercala

e

mudarse inmediatamente. Mais a Raúl faltábanlle aínda sete días para acabar a escola, polo que acordaron agardar á fin de curso para facer o traslado. O vinte de xuño Raúl non cabía dentro del coa ansia de ir para a casa nova. Aínda que estaba un pouco triste porque xa non podería ver aos compañeiros tantas veces como quixese e tería que facer novos amigos, cousa que a el non se lle daba moi ben. As clases remataron e a mudanza comezou. O vinte e dous de xuño estaban os tres na casa nova listos para pasar alí a súa primeira noite. Mentres os pais preparaban a cea, Raúl xogou co seu can Odi e coa súa irmá. Aparentemente a casa mostrábase idéntica a calquera outra, por ningunha parte apareceron indicios de meigallo. Mais as ousas cambiaron cando a última raiola de


sol dese día morreu tras o horizonte. As persianas comezaron a subiren e baixaren soas. As ventás empezaron a batérense. As portas abríanse e pechábanse provocando un grande tremor nas paredes. O aparello de radio de Leti acendeuse e Mickey Mouse empezou a cantar por toda a casa cunha voz estridente e enxordecedora. Nada ficou quedo até que por detrás da casa asomou a primeira raiola de sol. Entón todo quedou en calma e os seus novos moradores conciliaron un sono que precisaban máis que nada. Aquela mesma tarde souberon que alí asasinaran a un home. Descubriron que fora o xefe e o máis rico da vila romana sobre a cal a casa fora construída. Informáronse de comde cómotar os espíritos e esa mesma noite puxeron o aprendido en práctica. O desfaimeigallo que lles aconsellaran consistía en prender unha vela e ir por toda a casa repetindo: “Espíritos fóra, espíritos fóra!”. Pero non funcionou. Ao outro día, despois doutra noite en vela, decidiron contactar cos espíritos. Iso si funcionou. Falaron cos espírotos a través dun vaso e pedíronlles que os deixaran durmir en paz. Os espíritos respondéronlles que así o farían se cada noite se sentaban a falar con eles a través do vaso. Desde ese día, todas as noites falan espíritos e humanos e Raúl máis a súa familia decatáronse de que tamén había espíritos bos que se sentían moi sós.

Contos por palabras 11 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


A mestra que non quería ser María era de Ourense e vivía de dar clases particulares de Matemáticas. Tiña 39 anos e xa levaba tres soportando alumnos que aborrecían as Matemáticas. Un sábado pola tarde, Hugo e Martiño déronlles queixas da mestra aos seus pais. Ao parecer, cada vez que facían algo mal, María dáballes unha labazada. Os pais de Hugo e Martiño forn falar coa mestra. María admitiu que non lle gustaba dar clases, que non lle gustaban os nenos e que si, que lles daba uns croques cando se portaban mal. Evidentemente, María deixou de ter alumnos para as súas clases particulares. Agora, Hugo e Martín viven felices, sen María, sen Matemáticas e coas tarde libres para xogar, pero os seus pais andan á busca dunha mestra que lles

dea

particulares. acordaron

clases Por

iso

poñer

un

Preuntade por:

anuncio na prensa local.

Contos por palabras 12 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


O taller de cociñas Antón Pérez era o dono dunhas vivendas que estaban ao lado do paseo marítimo. Antón quería montar un taller, pois era o soño da súa vida. Quería ter unha fábrica para facer cociñas, pero el non sabía nada de cociñas. Antón decatouse de que as cociñas das vivendas que el vendía estaban a estrear. Non se lle ocorreu outra cousa que desmontalas para volvelas a montar, así podería practicar. O que pasou foi que non foi quen de montar de novo as cociñas. Pero estaba ansioso por vender as casas e facerse canto antes coa súa fábrica de cociñas. Un día chamouno un parella para ir ver as casas á venda. Á parella encantáronlle as casas e mercaron unha. O resto vendéronse soas. Antón estaba feliz posto que xa tiña os cartos para montar a súa fábrica de cociñas. Todo parecía ir ben, cando recibiu unha chamada da parella á que lle vendera a primeira casa. Depois chamaron os demais propietarios. O que ocorría era que as cociñas que Antón desmontara para practicar agora non funcionaban.

VENDO VIVENDAS PASEO MARÍTIMO

BO PREZO! TEL.: 666 540 847 Preguntade por: Raquel Sande

O arranxo de todas as cociñas levoulle os cartos que sacara polas casas. Antón quedou triste porque xa non podía montar a súa fábrica de cociñas.

Contos por palabras 13 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


A fábrica de ouro Xosé tiña unha fábrica na que fundían ouro. Un día, ergueuse moi cedo, porque quería fundir quince quilos de ouro. Pero atopouse cun problema. Coa calor fundíronse os tanques e a fábrica quedou totalmente destrozada.

A CORUÑA

COMPRAMOS OURO PAGAMOS AO MOMENTO Reloxos, moedas, pezas rotas.

TEL.: 981 91 22 60 Preguntade por: Martín Mesías

Entón sucedeu algo máxico. O ouro convertérase nalgo monstroso. Era o monstro de ouro. Todo o mundo quería un anaco daquel monstro. Ademais todo o que tocaba o monstro convertíase en ouro.

Xosé, para detelo, mercou un helicóptero e un tanque especialmente resistente. Quentou no tanque un líquido que verqueu desde o helicóptero, que acabou no mar; porque a xente non quería que Xosé destruíse o monstro de ouro; así que algúns dos empregados que Xosé despedira da fábrica puxeran unha bomba no helicóptero. Nese momento Xosé esqueceu o monstro, que, esgotado, foise desfacendo no tanque até acabar coándose polos sumidoiros abaixo. Cando non quedaba rastro do monstro de ouro, Xosé chamou aos empregados que despedira da fábrica e díxolles que tiña traballo para eles.

Contos por palabras 14 Tras as pegadas de Agustín Fernández Paz


Profile for Sofia Rama

Contos por palabras  

Contos elaborados polo alumnado de 1ºESO, tras as pegadas de Agustín Fernández Paz.

Contos por palabras  

Contos elaborados polo alumnado de 1ºESO, tras as pegadas de Agustín Fernández Paz.

Profile for socri