Page 1

Carlota ten dezaseis anos e vai comezar o bacharelato nunha cidade nova e sen mar á que se trasladou a familia. Tivo que rapar a cabeza para curar un eccema e desexaría non empezar nesas condicións nun centro no que coñece a ninguén. Le no xornal unha información sobre a morte de Poch, líder do grupo dos anos oitenta Derribos Arias, pega unha foto del no seu cuarto e convérteo no confidente dos seus problemas e arelas. O seu diario, que compón o texto do libro, é a testemuña que nos transmite mesmo os seus diálogos.

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) é galega polo menos desde 1973. Exerce profesionalmente como profesora de Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve unha intensa actividade cultural colaborando en diversas revistas literarias e foros científicos. Desde un profundo compromiso coa cultura e a lingua galegas participa tamén en diferentes espazos asociativos. Pero o seu principal campo de intervención social é a literatura.  

ED. XERAIS

 PÁXINA PERSOAL http://www.marilar.org/ GALIPEDIA http://gl.wikipedia.org/wiki/Marilar_Aleixandre

http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100001869&id_sello_editorial_web=13

AELG http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor207

Profile for Sofia Rama

A banda sen futuro. Marilar Aleixandre  

Cartaz para ampliar a información sobre esta lectura e a súa autora.

A banda sen futuro. Marilar Aleixandre  

Cartaz para ampliar a información sobre esta lectura e a súa autora.

Profile for socri
Advertisement