Issuu on Google+

PROXECTO

:

MEDRAMOS EN VALORES Tedes á vosa disposición unha boa presa de libros na biblioteca listos para que os levedes á aula e traballedes con eles. Por se vos serve de axuda, dende a biblioteca, queremos propoñervos unha serie de actividades que vos poden servir para a tarefa. Son, coma sempre, actividades abertas que vós podedes modificar como máis vos axeite á vosa aula. Estamos desexosas de que nos comentedes outras actividades que vos pareza que poden axudar neste proxecto. Lembrade que no primeiro trimestre traballaremos aqueles valores relacionados con nós, e dicir, valores como a saúde, a confianza, a bondade, a paciencia, o respecto, a lealdade, o autocontrol, a alimentación, a responsabilidade, o esforzo, a


creatividade, a autoafirmación, o optimismo, a disciplina… No segundo trimestre centrarémonos nos valores relacionados con medrar no mundo: a diversidade, a paz, o traballo en equipo, a xustiza, a liberdade, a solidariedade, a integración, a diferencia, a pluraridade, a concordia, a equidade, o compañeirismo, a fraternidade… No terceiro trimestre remataremos cos valores relacionados coa conciencia ecolóxica como o ecoloxismo, a reciclaxe, a urbanidade, a responsabilidade, a positividade, o ciclo da auga, o respecto pola natureza, o consumo responsable, a sostenibilidade, o compromiso… 1º Como sempre, comezaremos coa lectura e comentario do texto elexido na aula. Descubrir que valor transmite o conto. 2º Recreación do conto (debuxos con texto ou outros)


3º Poesía: resumir un conto en pareados. 4ºSecuenciar os contos en forma de comics. 5º Presentación de contos en soporte informático. 6º Recolleita de refráns relativos aos valores do primeiro trimestre, tipo “ O que de novo non traballa, de vello dorme na palla”, para presentalos en murais, libros xigantes… 7º Representación dun conto para os máis pequenos. 8º Crear frases tipo “ eu esforzome porque…” ou “eu son responsable porque…” , e decoralas. 9ºDarlles un espello feito con papel de aeronfix pegado sobre cartulina con forma de espello para que se miren nese espello “meigo” que lles vai permitir ver o que máis lles gusta deles. Escribir o que máis lles gusta deles nese espello con rotulador permanente e usar todos os espellos meigos como decoración. 10ºPódese facer unha variante do anterior coa consigna “o que máis me gusta de ti” e


escribir o que máis lles gusta dun compañeiro predeterminado. 11º Baixo un seudónimo, todos escribirán unha carta sen destinatario concreto na que exporán todas aquelas vivencias, situacións, comentarios, feitos por outros que nos provocan dor. As cartas serán recollidas polo titor/a y lidas en voz alta. Entre todos se realizará unha clasificación deses sentimentos expresados e se buscarán solucións a fin de evitarlos no sucesivo. Decorar as solucións e montar un mural con elas. 12º Traballar contos que den solucións aos conflictos habituais de aula, compañeiros, amigos. 13ºPara a postal de Nadal propoñemos traballar coas ideas de amizade, confianza e familia.



medrando en valores