Page 1

LITERATURA E ARTE A obra literaria garda unha estreita relación histórica co resto das manifestacións artísticas. A obra literaria prodúcese nun contorno histórico-social, en convivencia con outras formas artísticas que responden aos mesmos gustos e aos mesmos modos. Se unha das funcións da literatura é a expresión estética (a través da linguaxe literaria) da visión do escritor, non resulta difícil comprender que para o seu maior logro o discurso literario se inspire en imaxes plásticas e visuais. E este mesmo fenómeno pódese observar en sentido contrario: a literatura —personaxes, temas, motivos consagrados— pode servir de modelo non só ás artes plásticas, senón tamén á música e, recentemente, ao cine. Neste tipo de intercambio entre literatura e outras artes merece especial atención na Idade Media a colaboración entre literatura e música. Ambas as dúas nacen unidas servíndose de mutuo apoio. Sabemos que a lírica xorde como apoio a unha instrumentalización, aínda que só dunhas poucas cantigas medievais se conserve hoxe a partitura orixinal (como das cinco cantigas de Martín Códax ou das Cantigas de Santa María de Afonso X). Tamén é rico e de grande vitalidade o folclore navideño (panxoliñas, aninovos e reis) que se mantiveron cantadas con acompañamento de gaita, tamboril, pandeiro e cunchas desde o século XV ata finais do século XIX. Desprovistos, polos séculos escuros que padeceu a nosa literatura, dun renacemento literario, só poderemos enxergar o desencanto do Barroco e a ruptura do locus amoenus renancentista a través da presenza da morte. O concepto do tempo, da morte, da natureza e do home está presente tanto nos sonetos de Neira e Gómez Tonel como nas rosas imaxes relixiosas e retablos barrocos. O triunfo da Ilustración imporá na literatura e nas artes un carácter didáctico: o espertar da conciencia nacional galega vai unido á utilización do galego con fins propagandísticos. O número de xornais que xorde neste período é importantísimo debido á necesidade de manter excitados os ánimos da poboación contra os franceses ou de atraer a causa dos diferentes grupos políticos ao campesiñado. Característico desta ideoloxía dos ilustrados é o romance contra a Inquisición reproducido no Diario Mercantil de Cádiz. Non se pode esquecer que o xornalismo permitirá que o goce da literatura —privilexio duns poucosempece a xeneralizarse, porque nestes xornais é cada vez máis frecuente a inclusión de poemas ou fragmentos de novelas (como Maxina de Marcial Valladares) que van chegar a un público máis extenso. Non obstante, neste período un romántico galego, Pastor Díaz, escribe dous poemas que poderiamos considerar neoclásicos pola súa forma: a Alborada e a Égloga de Benigno e Belmiro. Se as torrentes do século XIX ofrecen dependencias entre as diferentes ramas da arte (téñase en conta a influencia do rexionalismo na pintura galega e a súa ligazón co romanticismo) o século XX é o que presenta unha maior cohesión entre as diferentes formas artísticas: o cubismo, o expresionismo e o surrealismo contaxian a literatura e deixan os froitos esperados no creacionismo de Manuel Antonio e no surrealismo de Álvaro Cunquciro. A literatura e a pintura resumen o propósito destes escritores de intentar crear un estilo literario con evidentes marcas da expresión plástica. Na obra narrativa de Castelao, preocupado pola arte popular, notarase a pegada do modernismo e a súa concepción personalísima da caricatura. Pero será Cousas a obra que mellor sintetice a conxunción de arte e literatura, unha arte ao servicio do literario nunha perfecta simbiose. Este mesmo autor habería de servirse tamén, xunto con Otero Pedrayo, das corren- tes simbolistas e expresionistas do teatro europeo para crear en Galicia un teatro da arte e que tería como principal froito Os vellos non deben de namorarse. A écfrase ou descrición de imaxes ofrece outro espazo interartístico nos gravados de Luís


Seoane (María Pita y tres retratos medievales) e na poesía de Uxío Novoneyra (Poemas caligramáticos), onde o intento de reproducción caligramática da palabra converte o texto nun poema visual. A nova poética tamén realizará lecturas de imaxes cinematográficas como evidencia Cinepoemas, de Claudio Rodríguez Fer. Na década de 1980, a partir de grupos poéticos como Rompente ou movementos plásticos como Atlántica, estarán presentes trazos neovangardistas onde se mesturan palabras, imaxes e sons tanto en exercicios poéticos (Ringo Rango) como narrativos (Terminal), Pensamento, plástica, musica, literatura e cine, individualmente ou estruturalmente interrelacionados, son hoxe en día unha mostra dos capítulos máis fecundos da modernidade estética.

Literatura e arte  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you