Page 1

CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA Ao comentar un texto narrativo, debemos ter en conta: 1. A historia (contido) Presentación  lóxica  dunha  serie  de  acontecementos  nun  marco  espacio­temporal  por  medio  duns personaxes. 2. O discurso (expresión) Maneira  en  que  se  presenta  a  historia  por  parte  dun  narrador  a  un  receptor,  e  que  comprende  a perspectiva, a voz narrativa, o modo do relato e o tempo.

1. A HISTORIA A acción Pode  ser  simple  ou  composta  (con  varias  “historias”  –unha  principal  e  outras  secundarias, unha servindo de marco para a narración doutras e varias accións paralelas­). A intriga pode mostrarse: desde o comezo (ab initio) ou no seu transcurso (in media res). Os personaxes ●

Poden aparecer caracterizados de diversos xeitos: ­Directamente (nas autobiografías). ­Un personaxe é presentado por outro personaxe. ­É o narrador heterodiexético quen o presenta. ­Combinando as diferentes modalidades. ● Atributos: ­O nome. ­Os atributos físicos e psíquicos (por exemplo na novela psicolóxica). ­A dimensión social (na novela social). ­Un obxecto (que pode ir asociado cun personaxe). ● Tipoloxía: ­Carácter redondo: con trazos ben definidos (aínda que pode contradicirse e experimentar cambios). ­Carácter plano: non posúe trazos individuais e repite as características esquemáticas da clase social, da profesión, etc.

2. O DISCURSO A comunicación narrativa Se  a  narración  é  o  acto  de  contar  unha  historia,  o  discurso  comprende  o  emisor  ou  narrador desa  historia,  o  modo  de  contala   (dispoñendo  os  acontecementos  nunha  orde,  duración,  punto de vista, etc.) e o receptor. Así, as tipoloxías que entran na comunicación narrativa son: ●

3

O autor  implícito  é  a  imaxe  que  o  autor  real  proxecta  de   si   dentro  do  texto;  fai partícipe  ó  lector  implícito  do  seu  sistema  de  valores  morais  (non  representado). Tamén  se  dá  cando  o  narrador  figura  como  “autor”  (“e  ti,  amigo  lector...”) (representado).


O lector  implícito  é  un  lector  que  o  texto  necesita  para  a  súa  existencia  e  que  o proceso  de  lectura  vai  establecendo.  Cando  se  menciona  “lector”,  fálase  de  lector explícito.

Figuras da narración ● A focalización ­Focalización cero: omnisciencia autorial ou editorial (presencia do autor implícito: o narrador  presenta  os  feitos, intervén  con comentarios  ou  reflexións  e valora  os personaxes) e omnisciencia neutra (cando non hai autor implícito). ­Relato focalizado externamente: o narrador limítase a captar polos sentidos como unha “cámara fotográfica”. Téndese á obxectividade máis absoluta. ­Relato focalizado internamente: o narrador redúcese ó interior do personaxe. E ó seu servicio están a psiconarración, o monólogo interior e o estilo indirecto libre. [Cómpre  lembrar  que  ó  longo  dun  discurso narrativo é posible que atopemos diversas focalizacións. Entón  debemos valorar o influxo de cada unha e determinar cál é a dominante].

3

A voz narrativa En  canto  protagonista  do  proceso  de  comunicación,  o  narrador  está  dotado  dunha  voz  e aparece cunha persoa gramatical. Entón temos: ­Narrador autodiexético: protagonista en primeira persoa. Propio de memorias, biografías, etc. ­Narrador heterodiexético: narrador (que non forma parte da historia) e fala en 1ª ou en 3ª persoa del ou de ti (“Vou contarvos algo que sucedeu en 1333:...”). ­Narrador homodiexético: narrador (que forma parte da historia) e fala de si en 1ª ou en 2ª persoa (testemuña, personaxe secundario).

O modo ­Diálogo. ­Discurso directo narrativizado (“... alguén falou dende o alto da tarima queridos,  un suceso que ocorreu onte entre nós non pode repetirse  e ti alí diante...”). Non hai ningún indicador externo. ­Monólogo dramático (só se oe a voz dun dos interlocutores. Lémbrese o caso de A esmorga). ­Monólogo citado ou soliloquio (discurso en solitario do personaxe introducido polo narrador. Lémbrese Los de abajo: “Descendiendo con agilidad y rapidez, pensaba: “Seguramente ahora sí van a dar con nuestro rastro...” [p. 79]). Se hai ausencia de narrador, fálase de monólogo interior. ­Estilo indirecto. ­Estilo indirecto libre. ­Psiconarración (o narrador conta en estilo indirecto o que os personaxes ou o propio narrador pensan). ­Monólogo autobiográfico. ­Monólogo interior ( ou corrente de conciencia).

O tempo Todo  discurso  literario  necesita  sucesión,  movemento,  pero  no  caso  da  narrativa  este  trazo superlativízase.


­A duración temporal É  imposible  atoparmos  unha  coincidencia  entre  a  duración  da historia e a  do  discurso. Os seus tipos correspóndense coas catro formas de movemento narrativo: Resumo (un período amplo sintetízase nunhas liñas ou nun parágrafo). Escena (predominio do diálogo que produce un ritmo lento e parece mostrar o transcurso da realidade tal como se produciu). Elipse (omisión  de sectores da historia). Pausa (é o contrario da elipse. Pormenorízase de modo que se orixina un tempo do discurso de maior duración ou ritmo máis lento da historia). ­A orde temporal Todo  discurso  narrativo  está  repleto  de  anacronías,  é  dicir,  de  discordancias  entre  a  orde  de sucesión da historia e a orde de sucesión no discurso. Distínguense dous tipos: Analepse: relato cara atrás. Prolepse: relato cara adiante. ●

3

O espazo Aínda  que  ocupe  unha  función  auxiliar  dentro  do  relato,  as  referencias  espaciais  contribúen  a crear o efecto de realidade e son un factor de coherencia textual. Dentro  do  discurso  manterá  relacións  privilexiadas  coa  acción   e  o  personaxe.  E  fálase  de espacio  verosímil  ou  fantástico.  Tamén  pode  semiotizarse  e  converterse  en  expoñente  de relacións  de  índole  ideolóxica  ou  psicolóxica  (cidade/campo;  pazo/casas  pobres;  espacio aberto/pechado; paisaxe frondosa –estado anímico atormentado na literatura romántica­­).

Comentario de textos narrativos  
Advertisement