Page 1

Programa 2

Palacio de la 贸pera de A Coru帽a

viernes 28.10.11

20.30h.


I FRANZ LISZT (1811-1886) Les Préludes. Poema sinfónico nº 3

JEAN SIBELIUS (1865-1957) Concierto para violín, en re menor, op. 47 Allegro moderato Adagio di molto Allegro, ma non tanto

II JOHANNES BRAHMS (1833-1897) Sinfonía nº 4, en mi menor, op. 48 Allegro non troppo Andante moderato Allegro giososo Allegro energico e passionato

Eugene Ugorski, violín Orquesta Sinfónica de Galicia Jun Märkl, director

Patrocinado por Puerto de A Coruña Autoridad Portuaria de A Coruña

Palacio de la Ópera de A Coruña Viernes 28 de octubre de 2011 - 20.30 horas


temporada 11-12 programa 2

TRES CARAS DO ROMANTICISMO Antón de Santiago Xenial, sedutor e longánime Ía ser o profeta da «música do porvir» pero os seus inicios comparábano a Mozart e seu pai, o mesmo que Leopoldo, sácao de viaxe na procura dun futuro: estuda piano con Czerny e composición con Salieri. Aos 11 anos, abraia os vieneses polo seu «diabólico virtuosismo» e Beethoven augúralle un futuro feliz. Aos 13 anos, igual ca Mozart a súa Finta semplice, escribiu a súa primeira ópera: Don Sancho ou o castelo do amor, estreada polo famoso tenor Adolfo Nourrit. Aí xa non resistiu a comparación co xenio de Salzburgo. Pero o seu virtuosismo foi empregado polo notorio construtor de pianos Erard para lle presentar ao público inglés o novo piano de dobre escape. En 1826 publica Estudos en doce exercicios, que revolucionan a técnica cos seus recursos para o puño, o cóbado e mais o ombreiro. Aos 22 anos únese á condesa D’Agoult, que ha de ser a nai dos seus tres fillos, entre eles Cósima. Antes coñece a Paganini, cuxo virtuosismo o inclina a imitalo no piano; a Mendelssohn, a Chopin, que o induce a lles imprimir intimidade ás súas creacións. En 1848 chega a Weimar, a cidade de Goethe e de Schiller, lugar no que alimentará a súa vision de futuro respecto da música, non só coa súa obra, senón apoiando a aqueles músicos que están a crear a «música do porvir», de Berlioz Wagner. O mesmo fará máis adiante cos apóstolos do nacionalismo musical, un dos cales, Borodin, fará del un curioso retrato, aludindo aos seus serodios escárceos amorosos: «É o Venusberg e Liszt é unha vella Venus. Cara longa, nariz longo, sotana longa, cabelos brancos e longos. E malia todo, un gran señor». A súa fe «na música do porvir» fará que gañe a antipatía de Brahms, Joachim e Hanslick. Naquela cidade mítica xorden os «poemas sinfónicos», que se traían razón de existir da música programática de Vivaldi, de Beethoven, Liszt configúraos con libérrimo enxeño e imaxinativo desenvolvemento e sitúaos como xénero. No poema sinfónico caben evocacións, descricións, dramatismo, lirismo e epopea. Liszt

4


temporada 11-12 programa 2

TRES CARAS DEL ROMANTICISMO Antón de Santiago Genial, seductor y longánimo Iba a ser el profeta de la «música del porvenir» pero sus inicios lo comparaban a Mozart y su padre, al igual que Leopoldo, lo saca de viaje en busca de un futuro: estudia piano con Czerny y composición con Salieri. A los 11, deslumbra a los vieneses por su «diabólico virtuosismo» y Beethoven le augura un futuro feliz. A los 13 años, como Mozart su Finta semplice, escribió su primera ópera: Don Sancho o el castillo del amor, estrenada por el famoso tenor Adolfo Nourrit. Ahí ya no resistió la comparación con el genio de Salzburgo. Pero su virtuosismo fue utilizado por el notorio constructor de pianos Erard para presentar al público inglés el nuevo piano de doble escape. En 1826 publica Estudios en doce ejercicios, que revolucionan la técnica con sus recursos para el puño, el codo y el hombro. A los 22 años se une a la condesa D’Agoult, que será la madre de sus tres hijos, entre ellos Cósima. Antes conoce a Paganini, cuyo virtuosismo le inclina a imitarlo en el piano; a Mendelssohn, a Chopin, que le induce a imprimir intimidad a sus creaciones. En 1848 llega a Weimar, la ciudad de Goethe y de Schiller, lugar en el que alimentará su visión de futuro respecto de la música, no sólo con su obra, sino apoyando a aquellos músicos que están creando la «música del porvenir», de Berlioz Wagner. Lo mismo hará más adelante con los apóstoles del nacionalismo musical, uno de los cuales, Borodin, hará de él un curioso retrato, aludiendo a sus tardíos escarceos amorosos: «Es el Venusberg y Liszt es una vieja Venus. Cara larga, nariz larga, sotana larga, cabellos blancos y largos. Y a pesar de todo, un gran señor». Su fe en «la música del porvenir» le ganará la antipatía de Brahms, Joachim y Hanslick. En aquella ciudad mítica surgen los «poemas sinfónicos», que si traían razón de existir de la música programática de Vivaldi, de Beethoven, Liszt los configura con libérrimo ingenio e imaginativo desarrollo y los sitúa como género. En el poema sinfónico caben evocaciones, descripciones, dramatismo, lirismo y epopeya. Liszt

5


temporada 11-12 programa 2

escribiu 13, Orfeo, Tasso, Mazeppa, Prometeo, Hungaria, Hamlet, Os Ideais, entre outros, baseados en Víctor Hugo, Goethe, Byron, Shakeaspeare, Schiller, e quizais o máis apreciado, Os Preludios, o nº 3, de xénese complicada. Nos últimos anos da súa vida, vivindo xa en Roma, retirado en casa sacerdotal sobre o Monte Mario, onde o tanxido das campás da cidade eterna lle facían exclamar: «esas son as cousas que nos fan soñar», aínda habería de compoñer o nº 13, Do berce á tumba. Tamén as súas sinfonías Fausto e Dante teñen obvio contido programático. Os preludios tardan en se converter no que hoxe haberemos de escoitar. Inicialmente, Liszt utiliza un poema de J. Autran titulado «Os catro elementos». Pretendía ser unha obra para coro masculino. Como co texto non ficara moi convencido, renunciou á idea inicial e tratou de volver utilizar parte da música xa escrita. Precisaba un texto, que en principio lle pediu a Víctor Hugo, e que logo lle proporcionou Alphonse de Lamartine. Este poema, dividido tamén en catro partes, fala do amor, do destino, da guerra e da campiña. Tales conceptos fundamentan catro preludios, de execución ininterrompida, con duración aproximada de 16 minutos, que o propio Liszt xustificará, para a publicación da partitura, cun texto que comeza así: «Que é a nosa vida senón unha serie de preludios a unha canción descoñecida…?». Sendo o seu xenio e inspiración formidables, cunha obra tan inxente e variada no seu haber, resulta difícil entender o esquecemento ao que Liszt estivo sometido. Abonde para comprender a súa contribución ao piano e á orquestra, o dito por H. Berlioz: «A variedade de sons que tira dese instrumento é tal que pode imitar as sonoridades da orquestra». Oh, Finlandia Finlandia foi, desde a primeira década do século XIX, provincia exterior de Rusia. O país permanecera unido a Suecia durante séculos. As elites falaban sueco e o pobo o finés. A partir da segunda metade do século os fineses comezaron a ter conciencia da súa identidade nacional, ao que non foi allea a música. Nesa contorna política e social naceu en 1865 Johan Julius Christian Sibelius nunha poboación que en sueco se chamaba Tavastehus e na lingua vernácula Hämmernlinn e medrou ao tempo que alentaba aquel sentimento de identidade fronte a suecos e rusos, e a súa música, en sintonía co movemento nacionalista musical europeo, sería bandeira de tal identidade. Non aprendeu o finlandés ata os 8 anos.

6


temporada 11-12 programa 2

escribió 13, Orfeo, Tasso, Mazeppa, Prometeo, Hungaria, Hamlet, Los Ideales, entre otros, basados en Víctor Hugo, Goethe, Byron, Shakeaspeare, Schiller, y quizá el más apreciado, Los Preludios, el nº 3, de génesis complicada. En los últimos años de su vida, viviendo ya en Roma, retirado en casa sacerdotal sobre el Monte Mario, donde el tañido de las campanas de la ciudad eterna le hacían exclamar: «esas son las cosas que nos hacen soñar», aún compondría el nº 13, De la cuna a la tumba. También sus sinfonías Fausto y Dante tienen obvio contenido programático. Los Preludios tardan en convertirse en lo que hoy escucharemos. Inicialmente, Liszt utiliza un poema de J. Autran titulado «Los cuatro elementos». Pretendía ser una obra para coro masculino. Como el texto no le convenciese, renunció a la idea inicial y trató de reutilizar parte de la música ya escrita. Necesitaba un texto, que en principio pidió a Víctor Hugo, y que luego le proporcionó Alphonse de Lamartine. Este poema, dividido también en cuatro partes, habla del amor, el destino, la guerra y la campiña. Tales conceptos fundamentan cuatro preludios, de ejecución ininterrumpida, con duración aproximada de 16 minutos, que el propio Liszt justificará, para la publicación de la partitura, con un texto que comienza así: «¿Qué es nuestra vida sino una serie de preludios a una canción desconocida…?». Siendo su genio e inspiración formidables, con una obra tan ingente y variada en su haber, resulta difícil entender el olvido a que Liszt ha estado sometido. Baste para comprender su aportación al piano y a la orquesta, lo dicho por H. Berlioz: «La variedad de sonidos que saca de ese instrumento es tal que puede imitar las sonoridades de la orquesta». Oh, Finlandia Finlandia fue, desde la primera década del XIX, provincia exterior de Rusia. El país había permanecido unido a Suecia durante siglos. Las élites hablaban sueco y el pueblo el finlandés. A partir de la segunda mitad del siglo los fineses comenzaron a tener conciencia de su identidad nacional, a lo que no fue ajena la música. En ese entorno político y social nació en 1865 Johan Julius Christian Sibelius en una población que en sueco se llamaba Tavastehus y en la lengua vernácula Hämmernlinn y creció al tiempo que alentaba aquel sentimiento de identidad frente a suecos y rusos, y su música, en sintonía con el movimiento nacionalista musical europeo, sería bandera de tal identidad. No aprendió el finlandés hasta los 8 años.

7


temporada 11-12 programa 2

A súa manifesta inclinación cara á música levouno a estudar violín e axiña se fixo chamar, á francesa, Jean Sibelius. A lingua de Molière tiña daquela un gran predicamento. O coñecemento do idioma finlandés permitiulle acceder á mitoloxía nacional finesa a través do poema épico Kalevala, publicado entre os anos 1835 e 1849 e considerado á par do Cantar dos Nibelungos, do Cantar de Roldan ou do Cantar de mío Cid. Permitíronlle estudar en Helsinqui, se asemade estudaba leis. Alí recibiu influencias de Reinecke, Richter e Svenden a través do seu profesor e amigo Wegelius. Trabou amizade tamén con Ferruccio Busoni. Tipo atormentado, nervioso, Sibelius abandonou o violín e aventurouse na composición. Quixo ir a San Petersburgo, pero terminou indo a Berlín por consello de Wegelius, se ben o profesor recomendado, Albert Becker, «o aburría» con sobredoses de contrapuntos e fugas. Compensación: presenciar os concertos de Von Büllow e escoitar grandes obras de Strauss ou Debussy, acabadas de aparecer, ademais das de Wagner. Parsifal haberíalle de producir gran conmoción e a consciencia de que debía abandonar as súas ínfulas de operista. En 1892, cando ten 27 anos, aparece a súa primeira obra sinfónica titulada Kullervo, personaxe do Kalevala, simple e brava, asimilable a Sigfrido. Séguenlle, Karelia, dedicada a un territorio longamente disputado, Catro lendas sobre Kalevala, co heroe Kammikäinen, que na pasaxe O cisne de Tuonela, morre afogado no río Tuonela ao tratar de capturar o cisne negro que habita nas súas profundidades. Padre de familia, ha de dedicarse á ensinanza. Finlandia xorde en 1899 e convértese en estandarte sonoro daquela nación en xestación. Sibelius chega ao novo século con 35 anos. En 1903, baqueteado polas débedas e o alcol, en medio de encargas internacionais, compón o Concerto para Violín, que ha de ser cumio, coa Sinfonía nº 2, do seu primeiro período. A súa única obra para solista e orquestra, cobra nostalxia da súa formación de violín e logo dunha estrea frustrada en Helsinqui, revísaa en 1905 e vólvese estrear en Berlín pola Berliner Philarmoniker baixo a dirección de Richard Strauss, e o concertino da orquestra, Karen Halir. A versión que hoxe se toca é a revisada. Sibelius chegou a compoñer sete sinfonías, a última de 1924, boa parte das cales teñen carga programática. Paralelamente levou a cabo a súa creación Patriótica ou nacionalista, baixo a pauta do poema sinfónico, que concluíu en

8


temporada 11-12 programa 2

Su manifiesta inclinación hacia la música le llevó a estudiar violín y pronto se hizo llamar, a la francesa, Jean Sibelius. La lengua de Molière tenía por entonces gran predicamento. El conocimiento de la lengua finlandesa le permitió acceder a la mitología nacional finesa a través del poema épico Kalevala, publicado entre 1835 y 1849 y considerado a la par del Cantar de los Nibelungos, del Cantar de Roldan o el Cantar del mío Cid. Le permitieron estudiar en Helsinki, si a la vez estudiaba leyes. Allí recibió influencias de Reinecke, Richter y Svenden a través de su profesor y amigo Wegelius. Trabó amistad también con Ferruccio Busoni. Tipo atormentado, nervioso, Sibelius abandonó el violín y se aventuró en la composición. Quiso ir a San Petersburgo, pero terminó yendo a Berlín por consejo de Wegelius, si bien el profesor recomendado, Albert Becker, lo «aburría» con sobredosis de contrapuntos y fugas. Compensación: presenciar los conciertos de Von Büllow y escuchar grandes obras recién aparecidas de Strauss o Debussy, además de las de Wagner. Parsifal le produciría gran conmoción y la consciencia de que debía abandonar sus ínfulas de operista. En 1892, cuando tiene 27 años, aparece su primera obra sinfónica titulada Kullervo, personaje del Kalevala, simple y asilvestrado, asimilable a Sigfrido. Le siguen, Karelia, dedicada a un territorio largamente disputado, Cuatro leyendas sobre Kalevala, con el héroe Kammikäinen, que en el pasaje El cisne de Tuonela, muere ahogado en el río Tuonela al tratar de capturar al cisne negro que habita en sus profundidades. Padre de familia, ha de dedicarse a la enseñanza. Finlandia surge en 1899 y se convierte en estandarte sonoro de aquella nación en gestación. Sibelius llega al nuevo siglo con 35 años. En 1903, baqueteado por las deudas y el alcohol, en medio de encargos internacionales, compone el Concierto para Violín, cumbre, con la Sinfonía nº 2, de su primer periodo. Su única obra para solista y orquesta, cobra nostalgia de su formación violinística y tras un estreno fallido en Helsinki, la revisa en 1905 y se reestrena en Berlín por la Berliner Philarmoniker bajo la dirección de Richard Strauss, y el concertino de la orquesta, Karen Halir. La versión que hoy se toca es la revisada. Sibelius alcanzó a componer siete sinfonías, la última de 1924, buena parte de las cuales tienen carga programática. Paralelamente llevó a cabo su creación Patriótica o nacionalista, bajo la pauta del poema sinfónico, que concluyó en 1926

9


temporada 11-12 programa 2

1926 con Tapiola, poderosa peza descritiva da potente natureza de Finlandia, que emana da grandeza da sétima sinfonía que a antecede, e que se explica coas anotacións de Sibelius: «escuros bosques, misteriosos e salvaxes, nos que habita o poderoso deus dos bosques». Este é Tapio e de aí Tapiola. Escribiu tamén música incidental para Maeterlink e Strindberg, entre outros, e o seu famoso Valse Triste provén da creada para o drama Kuolema (Morte).

«B» de Brahms O que fora neno precoz —virtude común entre os tres compositores de hoxe—, que aos 12 anos traballaba, para sufragar os estudos e axudar a súa familia, como pianista en bares da mala morte no porto de Hamburgo, cidade na que nacera en 1833, encontrábase cara ao ano 1855 intentando compoñer unha primeira sinfonía. Tiña xa no seu haber 28 lieds, tres sonatas para piano, un trío e unha serenata para orquestra e ansiaba alumar unha primeira obra do xénero, que se lle resistía por inseguridade ou temeroso ante a alongada sombra do paradigmático sinfonismo de Beethoven. Unha actitude que hoxe chamariamos procrastinación. Aquel proxecto derivou inicialmente en obra para dous pianos e, ao final, no que é o seu primeiro Concerto para piano e orquestra, que se estreou en 1859. Mais esa primeira non habería de chegar ata 1876, cando Brahms tiña 43 anos. Antes, en 1868, ofrecéralle ao mundo unha das máis grandes obras sinfónico-vocais de inspiración relixiosa: Eine deutsche Réquiem [Un Réquiem alemán]. Nos seguintes oito anos concluirá un substantivo ciclo de catro sinfonías (segunda, en 1877, terceira, en 1883, e cuarta en 1885, co Concerto para violín en 1878, Concerto para piano nº 2, en 1881), sempre de expresión romántica asida a moldes do clasicismo. Tal convicción clásica afastouno de Liszt. Cóntase, con dúbidas sobre a verosimilitude do relato que, cando, inducido por Joachim, o mozo Johannes visitou o gran patriarca en Weimar, tivo o descoido de quedar durmido mentres este, coa prosopopea con que nolo presentan os retratos, tocaba unha obra propia. Liszt ofendeuse, pero captou o talento do mozo, mais cando intentou atraelo á «música do porvir», Brahms saíu en dirección contraria. No entanto, o violinista húngaro Ede Remeny, o seu primeiro partenaire en concertos e ex alumno de Liszt —dise que foi el o que relatou a anécdota… ma se non è vero è ben trovato— e Joseph Joachim, que sería leal amigo e que llo presentara Ede, xunto con outro dos grandes da segunda metade do século, o pianista e director Hans von Büllov, mantiñan un nexo persoal entre tales antagónicas figuras. Büllov, foi alumno de

10


temporada 11-12 programa 2

con Tapiola, poderosa pieza descriptiva de la potente naturaleza de Finlandia, que emana de la grandeza de la séptima sinfonía que la antecede, y que se explica con las anotaciones de Sibelius: «oscuros bosques, misteriosos y salvajes, en los que habita el poderoso dios de los bosques». Este es Tapio y de ahí Tapiola. Escribió también música incidental para Maeterlink y Strindberg, entre otros, y su famoso Vals Triste proviene de la creada para el drama Kuolema (Muerte).

«B» de Brahms El que fuera niño precoz —virtud común entre los tres compositores de hoy—, que a los 12 años trabajaba, para sufragar los estudios y ayudar a su familia, como pianista en bares de mala muerte en el puerto de Hamburgo, ciudad en la que había nacido en 1833, se encontraba hacia 1855 intentando componer una primera sinfonía. Tenía ya en su haber 28 lieder, tres sonatas para piano, un trío y una serenata para orquesta y ansiaba alumbrar una primera obra del género, que se le resistía por inseguridad o temeroso ante la alargada sombra del paradigmático sinfonismo de Beethoven. Una actitud que hoy llamaríamos procrastinación. Aquel proyecto derivó inicialmente en obra para dos pianos y, al fin, en el que es su primer Concierto para piano y orquesta, que se estrenó en 1859. Mas esa primera no llegaría hasta 1876, cuando Brahms tenía 43 años. Antes, en 1868, había ofrecido al mundo una de las más grandes obras sinfónico-vocales de inspiración religiosa: Eine deutsche Réquiem [Un Réquiem alemán]. En los siguientes ocho años habrá concluido un sustantivo ciclo de cuatro sinfonías (segunda, en 1877, tercera, en 1883, y cuarta en 1885, con el Concierto para violín en 1878, Concierto para piano nº 2, en 1881), siempre de expresión romántica asida a moldes del clasicismo. Tal convicción clásica lo alejó de Liszt. Se cuenta, con dudas sobre la verosimilitud del relato que, cuando, inducido por Joachim, el joven Johannes visitó al gran patriarca en Weimar, tuvo el desliz de dormirse mientras éste, con la prosopopeya con que nos lo presentan los retratos, tocaba una obra propia. Liszt se ofendió, pero captó el talento del muchacho, mas cuando intentó atraerlo a la «música del porvenir», Brahms salió en dirección contraria. No obstante, el violinista húngaro Ede Remeny, su primer partenaire en conciertos y ex alumno de Liszt —se dice que fue él quien relató la anécdota… ma se non è vero è ben trovato— y Joseph Joachim, que sería leal amigo y que le fue presentado por Ede, junto con otro de los grandes de la segunda mitad del siglo, el pianista y director Hans von Büllov, mantenían un nexo personal entre tales antagónicas figuras. Büllov, fue alumno

11


temporada 11-12 programa 2

Liszt e sería o seu xenro (Cósima) ata a aparición de Wagner, e foi tamén un dos impulsores da carreira de Brahms. Foi el quen cualificou a primeira sinfonía brahmsiana como a «décima de Beethoven» e acuñou a idea da trindade dos «tres B alemáns»: Bach, Beethoven e Brahms. A Sinfonía nº 4, op. 98, estreouse cando Brahms tiña 52 anos. Escribiuna durante un veraneo en Estiria e amosa o home outonal convicto prendido da luxuriosa natureza que o rodea. Obviamente a súa música nunca quixo ser programática, pero os seus sentimentos, as súas emocións, a súa sensibilidade ante a paisaxe e o lirismo emanan das súas obras con linguaxe refinada e sentida. Considerada por moitos a mellor sinfonía de Brahms, mantén fidelidade aos clásicos elementos formais da sonata, aínda disfrazando o scherzo dun allegro giocoso, ao que precede un andante cheo de serenidade e introspección, e conclúe cun cuarto movemento, enerxía e paixón, como di o seu propio enunciado, cuxos rigorosos contrapuntos se imbrican fielmente na trama expresiva.

12


temporada 11-12 programa 2

de Liszt y sería su yerno (Cósima) hasta la aparición de Wagner, y fue uno de los impulsores de la carrera de Brahms. Fue él quien calificó la primera sinfonía brahmsiana como la «décima de Beethoven» y acuñó la idea de la trinidad de las «tres B alemanas»: Bach, Beethoven y Brahms. La Sinfonía nº 4, op. 98, se estrenó cuando Brahms tenía 52 años. La escribió durante un veraneo en Estiria y muestra al hombre otoñal convicto prendido de la lujuriosa naturaleza que lo rodea. Obviamente su música nunca quiso ser programática, pero sus sentimientos, sus emociones, su sensibilidad ante el paisaje y el lirismo emanan de sus obras con lenguaje refinado y sentido. Considerada por muchos la mejor sinfonía de Brahms, mantiene fidelidad a los clásicos elementos formales de la sonata, aun disfrazando el scherzo de un allegro giocoso, al que precede un andante lleno de serenidad e introspección, y concluye con un cuarto movimiento, energía y pasión, como dice su propio enunciado, cuyos rigurosos contrapuntos se imbrican fielmente en la urdimbre expresiva.

13


biografĂ­as Galego


biografías Español


temporada 11-12 programa 2

EUGENE UGORSKI Violín Nado en 1989 en San Petersburgo, Eugene Ugorski foi aclamado como un dos violinistas mozos máis interesantes da actualidade. Fixo o seu debut coa Orquestra Sinfónica de San Diego á idade de oito anos. Ugorski, malia a súa idade, xa actuou en concertos con orquestras en Europa Occidental, Rusia, Canadá, EUA, América do Sur así como en Asia, traballando con directores como Valery Gergiev, Andrey Boreyko, Eri Klas, Keith Lockhart e Roberto Minczuk. Eugene Ugorski debutou na escena internacional a raíz dunha invitación de Valery Gergiev para actuar no Festival de Semana Santa en Moscova do ano 2005. Como resultado do enorme éxito e da gran repercusión internacional Gergiev convidouno a tocar coa Filharmónica de Róterdam durante esa mesma temporada. Na tempada 2007-08 Ugorski volveu a Róterdam para actuar en catro concertos especiais para celebrar o Aninovo. Outros puntos destacados da temporada incluíron o seu debut coa Orquestra Sinfónica da BBC, coa BBC Philharmonic Orchestra e mais coa BBC Scottish Symphony Orchestra. Tamén fixo unha viaxe a Corea do Sur para actuar coa Orquestra Filharmónica de Seúl. Durante a temporada 2008-09 realizou dous concertos coa Filharmónica de Los Ángeles no Hollywood Bowl, unha actuación interpretando o Concerto para violín nº 1 de Paganini coa Orquestra Sinfónica de Houston con Hans Graf e o seu debut no Xapón coa Orquestra Sinfónica Metropolitana de Tokio tocando a Sinfonía española de E. Lalo. En Europea incluíu o seu debut coa Orquestra Filharmónica de Estrasburgo e un percorrido polos Países Baixos coa Royal Liverpool Philharmonic Orchestra dirixida por Vassily Petrenko interpretando o Concerto para violín de Chaicovsqui. Nos últimos meses Ugorski fixo o seu debut con orquestras como a Filharmónica de Londres, a Berlín, a DSO, a Filharmónica de Tampere, a Sinfónica de Malmö, a Sinfónica de Bournemouth, a Dublín RTÉ e tamén coa Filharmónica de Cámara de

16


temporada 11-12 programa 2

EUGENE UGORSKI Violín Nacido en 1989 en San Petersburgo, Eugene Ugorski ha sido aclamado como uno de los jóvenes violinistas más interesantes de la actualidad. Hizo su debut con la Orquesta Sinfónica de San Diego a la edad de ocho años. Ugorski, a pesar de su edad, ya ha actuado en conciertos con orquestas en Europa Occidental, Rusia, Canadá, EE.UU., América del Sur así como en Asia, trabajando con directores como Valery Gergiev, Andrey Boreyko, Eri Klas, Keith Lockhart y Roberto Minczuk. Eugene Ugorski debutó en la escena internacional a raíz de una invitación de Valery Gergiev para actuar en el Festival de Semana Santa en Moscú del año 2005. Como resultado del enorme éxito y la gran repercusión internacional Gergiev lo invitó a tocar con la Filarmónica de Rotterdam durante esa misma temporada. En la temporada 2007-08 Ugorski volvió a Rotterdam para actuar en cuatro conciertos especiales para celebrar el Año Nuevo. Otros puntos destacados de la temporada incluyeron su debut con la Orquesta Sinfónica de la BBC, BBC Philharmonic Orchestra y la BBC Scottish Symphony Orchestra. También hizo un viaje a Corea del Sur para actuar con la Orquesta Filarmónica de Seúl. Durante la temporada 2008-09 realizó dos conciertos con la Filarmónica de Los Ángeles en el Hollywood Bowl, una actuación interpretando el Concierto para violín nº 1 de Paganini con la Orquesta Sinfónica de Houston con Hans Graf y su debut en Japón con la Orquesta Sinfónica Metropolitana de Tokio tocando la Sinfonía española de E. Lalo. En Europa incluyó su debut con la Orquesta Filarmónica de Estrasburgo y un recorrido por los Países Bajos con la Royal Liverpool Philharmonic Orchestra dirigida por Vassily Petrenko interpretando el Concierto para violín de Chaikovski. En los últimos meses Ugorski hizo su debut con orquestas como la Filarmónica de Londres, Berlín, DSO, la Filarmónica de Tampere, la Sinfónica de Malmö, la Sinfónica de Bournemouth, Dublín RTÉ y con la Filarmónica de Cámara de Viena en el

17


temporada 11-12 programa 2

Viena no Konzerthaus de Viena. Tamén volveu á Filharmónica de Róterdam para se facer cargo no último minuto substituíndo a un indisposto Leonidas Kavakos interpretando o Concerto para violín de Stravinski con Robin Ticciati. Como solista Ugorski colaborou recentemente co pianista Konstantin Lifschitz no Festival de Mecklenburg-Vorpommern con grande éxito, e en setembro do ano 2009, a parella interpretou catro concertos no Festival Enescu en Romanía. En xaneiro do ano 2010, o dúo lanzou un recital en DVD para VAI das obras de Bach, Brahms, Strauss, Szymanowski, Ravel e Chaicovsqui. Os seus vindeiros compromisos inclúen o seu debut en conxunto no Wigmore Hall de Londres, no Festival Beethoven de Bonn, no Festival de Tivoli en Copenhague e mais no Festival de Lucerna. Eugene Ugorski comezou a estudar violín á idade de seis anos co profesor Vesna Gruppman. Segue a estudar con Vesna, así como con Igor Gruppman, un dos concertistas máis respectados do mundo.

18


temporada 11-12 programa 2

Konzerthaus de Viena. También volvió a la Filarmónica de Rotterdam para hacerse cargo en el último minuto sustituyendo a un indispuesto Leonidas Kavakos interpretando el Concierto para violín de Stravinski con Robin Ticciati. Como solista Ugorski ha colaborado recientemente con el pianista Konstantin Lifschitz en el Festival de Mecklenburg-Vorpommern con gran éxito, y en septiembre del año 2009, la pareja interpretó cuatro conciertos en el Festival Enescu en Rumanía. En enero del año 2010, el dúo lanzó un recital en deuvedé para VAI de las obras de Bach, Brahms, Strauss, Szymanowski, Ravel y Chaikovski. Sus próximos compromisos incluyen su debut en conjunto en el Wigmore Hall de Londres, el Festival Beethoven de Bonn, Festival de Tivoli en Copenhague y en el Festival de Lucerna. Eugene Ugorski comenzó a estudiar violín a la edad de seis años con el profesor Vesna Gruppman. Sigue estudiando con Vesna, así como con Igor Gruppman, uno de los concertistas más respetados del mundo.

19


temporada 11-12 programa 2

JUN MÄRKL Director Jun Markl é o director da Sinfónica MDR Leipzig Radio. Ademais dos compromisos na Leipzig Gewandhaus realizou xiras por España e mais polos países bálticos, realiza aparicións regulares no Konzerthaus de Berlín e á fronte da Filharmónica de Colonia, dirixiu ademais unha ópera raramente escoitada, Xenoveva, no Festival de Ópera de Róterdam. Entre os seus compromisos máis inmediatos atópase a gravación do Elías, de Mendelssonhn, para a discográfica Naxos. En xuño de 2011 finalizou o seu paso como director na Orquestra Nacional de Lión e durante estes 6 anos realizou con éxito a gravación integral da obra orquestral de Debussy, tamén con Naxos, ademais de realizar numerosas xiras polo Xapón e dirixir na maioría de salas e festivais europeos como o Concertgebouw de Ámsterdam, o BBC Proms, o Bad Kissingen, o Rheingau e en Luzerna na Salle Pleyel. Märkl dirixiu moitas das orquestras alemás, recentemente a Filharmónica de Múnic, a Orquestra Gurzenich de Colonia e a Orquestra da Radio de Berlín. Antes de asumir a dirección musical da Orquestra de Lión, era un convidado habitual da Orquestra de París e mais da Orquestra Filharmónica de Radio France. Tamén dirixiu orquestras nos países escandinavos, en Reino Unido (City of Birmingham Symphony, Royal Scottish Nacional, Filharmónica de Liverpool), e nos Países Baixos (Filharmónica de Róterdam e Filharmónica dos Países Baixos e Residentie Orkest), e recentemente dirixiu a Tonhalle de Zürich e mais a Filharmónica Checa por primeira vez. Na presente temporada volverá á fronte da Filharmónica de Oslo, da Helsinki Philharmonic, da Filharmónica de Radio Holanda, do Grafenegg Festival, e tamén ha de dirixir a Orquestra Nacional de Bélxica, a Filharmónica de Hong Kong e a BBC Scottish así como a Orquestra Filharmónica de Monte Carlo. Märkl dirixiu as mellores orquestras de América do Norte, incluíndo as de Boston, Chicago, Philadelphia, Minnesota, St. Louis, Washington NSO, Baltimore, Atlanta,

20


temporada 11-12 programa 2

JUN MÄRKL Director Jun Markl es el director de la Sinfónica MDR Leipzig Radio. Además de los compromisos en la Leipzig Gewandhaus ha realizado giras por España y los países bálticos, realiza apariciones regulares en el Konzerthaus de Berlín y al frente de la Filarmónica de Colonia, ha dirigido además una ópera raramente escuchada, Genoveva, en el Festival de Ópera de Rotterdam. Entre sus compromisos más inmediatos se encuentra la grabación del Elías, de Mendelssonhn, para la discográfica Naxos. En junio de 2011 finalizó su paso como director en la Orquesta Nacional de Lyon, durante estos 6 años realizó con éxito la obra grabación integral de la obra orquestal de Debussy, también con Naxos, además de realizar numerosas giras por Japón y dirigir en la mayoría de salas y festivales europeos como la Concertgebouw de Ámsterdam, BBC Proms, Bad Kissingen, Rheingau y en Luzerna en la Salle Pleyel. Märkl ha dirigido muchas de las Orquestas alemanas, recientemente la Filarmónica de Múnich, la Orquesta Gurzenich de Colonia y la Orquesta de la Radio de Berlín. Antes de asumir la dirección musical de la Orquesta de Lyon, era un invitado habitual de la Orquesta de París y la Orquesta Filarmónica de Radio France. También ha dirigido orquestas en los países escandinavos, el Reino Unido (City of Birmingham Symphony, Royal Scottish Nacional, Filarmónica de Liverpool), y los Países Bajos (Filarmónica de Rotterdam y Filarmónica de los Países Bajos y Residentie Orkest), y recientemente ha dirigido la Tonhalle de Zúrich y la Filarmónica Checa por primera vez. En la presente temporada regresará al frente de la Filarmónica de Oslo, Helsinki Philharmonic, la Filarmónica de Radio Holanda, Grafenegg Festival, y también dirigirá a la Orquesta Nacional de Bélgica, la Filarmónica de Hong Kong y la BBC Scottish así como la Orquesta Filarmónica de Monte Carlo. Märkl ha dirigido a las mejores orquestas de América del Norte, incluyendo las de Boston, Chicago, Filadelfia, Minnesota, St. Louis, Washington NSO, Baltimore,

21


temporada 11-12 programa 2

Dallas, Seattle, Montreal e Toronto, coas que traballa con regularidade. A temporada pasada fixo o seu debut coa Orquestra de Cleveland. Cada temporada dirixe a Orquestra Sinfónica da NHK, coa que en 2006 gravou as sinfonías completas de Schumann, como parte do compromiso adquirido con EXTON. Tamén aparece de xeito regular á fronte da Orquestra de Cámara Mito e dirixiu varias veces no Festival de Música do Pacífico. Entre os anos 2001 e 2004 dirixiu o ciclo completo da obra O anel de Wagner coa NHK de Tokio e a Orquestra Filharmónica de Tokio no novo Teatro de Tokio, con Keith Warner. Märkl foi ata 2006 director titular da Ópera Estatal de Baviera en Múnic. Dirixiu a tetraloxía wagneriana na Deutsche Oper, tamén foi un convidado habitual na Ópera Estatal de Berlín, na Ópera de Viena, na Semper Oper e mais na de Dresde, coa que viaxou ao Xapón en novembro de 2007 para ofrecer Tannhäuser. Debutou na Royal Opera House con Götterdämmerung no ano 1996 e no Metropolitan Opera con Il Trovatore en 1998. En 2014 dirixirá Fidelio para a Ópera de Hamburgo. Nado en Múnic, estudou violín, piano e dirección de orquestra na Musikhochschule de Hannover, estudou con Sergiu Celibidache en Múnic e con Gustav Meier, en Michigan. En 1986 gañou o concurso de dirección da Deutsche Musikrat e un ano máis tarde gañou unha bolsa de estudos da Orquestra Sinfónica de Boston para perfeccionarse en Tanglewood con Leonard Bernstein e Seiji Ozawa.

22


temporada 11-12 programa 2

Atlanta, Dallas, Seattle, Montreal y Toronto, con las que trabaja con regularidad. La temporada pasada hizo su debut con la Orquesta de Cleveland. Cada temporada dirige a la Orquesta Sinfónica de la NHK, con la que en 2006 grabó las sinfonías completas de Schumann, como parte del compromiso adquirido con EXTON. También aparece regularmente al frente de la Orquesta de Cámara Mito y ha dirigido varias veces en el Festival de Música del Pacífico. Entre 2001 y 2004 dirigió el ciclo completo de El anillo de Wagner con la NHK de Tokio y la Orquesta Filarmónica de Tokio en el nuevo Teatro de Tokio, con Keith Warner. Märkl fue hasta 2006 director titular de la Ópera Estatal de Baviera en Múnich. Dirigió la tetralogía wagneriana en la Deutsche Oper, también ha sido un invitado habitual en la Ópera Estatal de Berlín, Ópera de Viena, Semper Oper y la de Dresde, con la que viajó a Japón en noviembre de 2007 para ofrecer Tannhäuser. Debutó en Royal Opera House con Götterdämmerung en 1996 y en el Metropolitan Opera con Il Trovatore en 1998. En 2014 dirigirá Fidelio para la Ópera de Hamburgo. Nacido en Múnich, estudió violín, piano y dirección de orquesta en la Musikhochschule de Hannover, estudió con Sergiu Celibidache en Múnich y con Gustav Meier, en Michigan. En 1986 ganó el concurso de dirección de la Deutsche Musikrat y un año más tarde ganó una beca de la Orquesta Sinfónica de Boston para estudiar en Tanglewood con Leonard Bernstein y Seiji Ozawa.

23


temporada 11-12 programa 2

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Creada no ano 1992 polo Concello da Coruña, cidade en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A OSG, cuxo director é Víctor Pablo Pérez, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pesaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña a partir da súa creación no ano 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos españois. Recentemente fixo a súa primeira xira de por Améric do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil e Montevideo e a finais de 2009 fixo a súa presentación no Musikverein de Viena. A OSG conta decote con solistas como Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria Joao Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian Lindberg entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez, ou Giuseppe Sabbatini entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres como Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Stanislaw Skrowaczeski, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck.

24


temporada 11-12 programa 2

Orquesta Sinfónica de Galicia Creada en 1992 por el Ayuntamiento de A Coruña, ciudad en cuyo Palacio de la Ópera tiene su sede, la Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) es una de las agrupaciones orquestales de mayor proyección en España. La OSG, cuyo director titular es Víctor Pablo Pérez y Jesús López Cobos su principal director invitado, ha sido orquesta residente del Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 y del Festival Mozart de A Coruña desde su creación en 1998. Además, ha realizado varias giras por Alemania y Austria y ofrecido conciertos en las mejores salas y ciclos de conciertos españoles. En 2007 realizó su primera gira por América del Sur, con conciertos en Chile, Argentina, Brasil, Uruguay y Montevideo y a finales de 2009 se presentó en la histórica sala del Musikverein de Viena. La OSG cuenta habitualmente con solistas como Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria Joao Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky o Christian Lindberg entre otros. Con ella han cantado Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez, o Giuseppe Sabbatini entre otros muchos, y siempre bajo la batuta de maestros como Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Stanislaw Skrowaczeski, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin o Manfred Honeck.

25


temporada 11-12 programa 2

Na súa discografía para firmas como EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG e Arts figuran nomes como os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen foi proposta para o premio Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles entre outros. A OSG foi premiada coa Medalla de Oro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música 2010. A OSG está financiada polo Concello da Coruña e a Xunta de Galicia.

26


temporada 11-12 programa 2

En su discografía para sellos como EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG y Arts figuran nombres como los de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quien ha sido nominada al Grammy 2007 por el mejor álbum clásico del año—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons o Ewa Podles entre otros. La OSG ha sido premiada con la Medalla de Oro de la Real Academia Galega de Belas Artes y es Premio Cultura Galega da Música 2010. La OSG está financiada por el Ayuntamiento de A Coruña y la Xunta de Galicia.

27


temporada 11-12 programa 2

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA Director titular: Víctor Pablo Pérez Principal director invitado: Jesús López Cobos

Violines I Massimo Spadano***** Ludwig Dürichen**** Vladimir Prjevalski**** Ruslan Asanov Iana Antonyan Caroline Bournaud Gabriel Bussi Vinka Hauser Dominica Malec de Martínez Benjamin Smith Stefan Utanu Florian Vlashi Roman Wojtowicz

Violines II Fumika Yamamura*** Lucica Trita* Gertraud Brilmayer Lylia Chirilov Julián Gil Rodríguez Marcelo González Kriguer Deborah Hambuger Enrique Iglesias Precedo Helle Karlsson Gregory Klass Adrián Linares Reyes Stefan Marinescu Mihai Andrei Tanasescu Kadar

Violas Eugenia Petrova*** Francisco Miguens Regozo*** Andrei Kevorkov* Raymond Arteaga Morales Alison Dalglish

28

Despina Ionescu Jeffrey Johnson Jozef Kramar Luigi Mazzucato Karen Poghosyan Wladimir Rosinskij

Violonchelos David Etheve*** Rouslana Prokopenko*** Gabriel Tanasescu* Mª Antonieta Carrasco Leiton Berthold Hamburger Scott Hardy Vladimir Litvihk Ramón Solsona Massana Florence Ronfort

Contrabajos Risto Vuolanne*** Diego Zecharies*** Todd Williamson* Mario J. Alexandre Rodrigues Douglas Gwynn Serguei Rechetilov Jose F. Rodrigues Alexandre

Flautas Claudia Walker*** Mª José Ortuño Benito** Juan Ibáñez Briz*

Oboes Casey Hill*** David Villa Escribano** Scott MacLeod*


temporada 11-12 programa 2

Clarinetes

Trombones

Juan Antonio Ferrer Cerveró*** Iván Marín García** Pere Anguera Camós*

Jon Etterbeek*** Eyvind Sommerfelt* Petur Eiriksson***

Fagotes

Tuba

Steve Harriswangler*** Mary Ellen Harriswangler** Manuel Alejandro Salgueiro García*

Percusión

Trompas David Bushnell*** Miguel Angel Garza*** Manuel Moya Canós* Amy Schimmelman*

Trompetas John Aigi Hurn*** Thomas Purdie** Michael Halpern*

Jesper Boile Nielsen*** Simon Levey*** José A. Trigueros Segarra** José Belmonte Monar* Alejandro Sanz Redondo*

Arpa Celine Landelle*** ***** Concertino **** Ayuda de concertino *** Principal ** Principal asistente * Coprincipal

MÚSICOS INVITADOS PARA ESTE PROGRAMA Violín

Trompa

Mioara Alexandra Andreescu Carlota Amargós

Nicolás Gómez Naval

Violonchelo

Roberto Oliveira Orgando

Percusión

Isabel Cupeiro López

29


temporada 11-12 programa 2

CONSORCIO PARA LA PROMOCIÓN DE LA MÚSICA

Presidente Carlos Negreira Secretario-Interventor Juan José de Ozámiz Lestón Jefa de gestión económica María Salgado Porto Coordinadora general Ángeles Cucarella López Jefe de producción José Manuel Queijo Contable Alberto García Buño Jefe de prensa y comunicación Javier Vizoso Archivo musical Zita Tanasescu Secretaría de producción Nerea Varela

30

Regidores José Manuel Ageitos Calvo Daniel Rey Campaña Programas didácticos Iván Portela López Prensa y comunicación Lucía Sández Sanmartín Administración José Antonio Anido Rodríguez Margarita Fernández Nóvoa Angelina Déniz García Inmaculada Sánchez Canosa Noelia Reboredo Secades Auxiliar de archivo Diana Romero Vila Auxiliar de regidor José Rúa Lobo


temporada 11-12 programa 2

PRÓXIMOS PROGRAMAS PROGRAMA 3

PROGRAMA 4

Abono otoño/invierno Viernes 4.11.11

Abono otoño/invierno Viernes 11.11.11

FERNANDO ALONSO Diálogos en la penumbra

david vayo Wellspring

PIOTR I. CHAIKOVSKI Concierto para piano nº1, op.23

EDOUARD LALO Concierto para violonchelo y orquesta en re menor

JAN SIBELIUS Sinfonía nº5 en mi bemol mayor, op.82

SERGEI PROKOFIEV Sinfonía nº5 en si bemol mayor, op.100

Orquesta Sinfónica de Galicia Alexander Yavkolev, piano Pietro Rizzo, director

Orquesta Sinfónica de Galicia Guillermo Pastrana, violonchelo Michal Nesterowicz, director

facebook.com/sinfonicadegalicia twitter.com/OSGgalicia

31


Diseño y maquetación: María Verín Traducción: Roxelio Xabier García Romero Pilar Ponte Patiño Imprime: Alva Gráfica Edita: Consorcio para la Promoción de la Música A Coruña - Galicia - España, 2011

Programa/Abono2_11-12  

Programa de mano del concierto de la OSG del 28 de octubre de 2011 en el Palacio de la Ópera de A Coruña. Notas de Antón de Santiago

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you