Issuu on Google+

AS ACTIVIDADES ECONร“MICAS DO TERCIARIO

XEOGRAFIA DE 2ยบ BACHARELATO MANUAL DE TEXTO ANAYA 2006

1


AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS: OS SERVIZOS A TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA ESPAÑOLA O sector terciario está integrado polo conxunto de actividades que teñen como fin proporcionarlle servicios á sociedade. O seu crecemento deu lugar á “terciarización” da economía española. As causas do crecemento do sector terciario foron as seguintes: - O aumento do nivel de vida posibilita un mayor consumo de servicios esixe a súa especialización. - A industria favorece o proceso de terciarización. O desenvolvemento industrial de 1960 impulsou o crecemento de servicios; a crise de 1975 converteu o sector o sector terciario en refuxio de moitos parados procedentes da actividade industrial; e a industria moderna utiliza novas tecnoloxías que requiren menos man de obra. - O auxe do turismo favoreceu o crecemento de servicios (hostelería, o comercio, etc). - O incremento dos servicios públicos, estimularon o crecemento de servicios como a sanidade e a educación. - A crecente incorporación da muller ó traballo provocou o desenvolvemento de certos servicios, como as garderías. HETEROXENEIDADE E DESIGUALDADE TERRITORIAL O sector servicos é moi heteroxéneo e préstase a distintas formas de clasificación: - Servicos públicos e privados - Servicios destinados á venda (subminístranse con criterios mercantís) e servicios non destinados á venda (subminístranse gratuitamente ou á prezos que non compensa os custos de producción). - Servicios intermedios ( destinados a outras actividades económicas) ou de consumo final, relacionados directamente coas persoas.

2


- Servicios estancados ou progresivos. Avances técnicos cun aforro dos factores de producción. En España predominan os subsectores tradicionais e menos productivos, mentres que os servicios ás empresas teñen escaso peso. Direfenciamos: - Os servicios ás empresas que aínda seguen a ter escaso desenvolvemento, experimentaron un destacado progreso relativo. Nuns casos son servicios persoais, e noutros, servicos avanzados. - A hostelería gañou peso en relación co crecemento da capacidade de gasto e das actividades de lecer . - Os transportes mantéñense estables. - A educación e a sanidade privada creceron en emprego a diferencia do sector público. Existen destacados DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS debido a que a localización dos servicios vese influenciada por factores como o volume de poboación, o grao de urbanización, etc. A) O grao de terciarización do emprego é maior nas grandes cidades e nas comunidades especializadas en turismo (nos centros rectores do país e en Ceuta e Melilla) e menor nas comunidades con maior peso relativo agrario e agroindustrial. B) As distintas ramas que compoñen o sector terciario teñen un peso desigual: - Os servizos destinados ás empresas dominan nun reducido número de provincias. - Os servizos relacionados co consumo están máis implantados nas áreas turísticas. - Os servizos escasamente cualificados, predominan no resto do territorio. No futuro, unha vez que o proceso de descentralización administrativa case finalizou, a distribución dos servicios estará cada vez máis condicionada polo desigual reparto das actividades productivas e da renda. AUTORÍA: SANDRA RODRÍGUEZ, SUSANA JUSTO ÁLVAREZ E BELÉN ÁLVAREZ PAN 3


O COMERCIO EXTERIOR E INTERIOR O comercio é a actividade que ofrece os excedentes de productos e servicios ós consumidores. 1. COMERCIO INTERIOR É o intercambio de productos e de servicios dentro dun país. Caracterízase por: 1.1 A súa localización; depende da existencia dun sistema de transporte entre o productor, o comerciante e o consumidor , e da existencia dun mercado de consumo amplo e con poder adquisitivo axeitado. 1.2 Con respecto a súa estructura, a revolución comercial afectou ás canles de distribución, ó consumo, á distribución, ós equipamentos e á forma de pagamento. 1.3 Segundo a súa tipoloxía distinguimos entre: 1.3.1.- Comercio por xunto concentra comercio polo miúdo.

as produccións e distribúeas ó

1.3.2.- Comercio polo miúdo véndelle directamente ó consumidor. Nel contrastan: - O comercio tradicional son establecementos pequenos dirixidos por empresarios individuais que teñen uns equipamentos que adoitan ser anticuados. - As novas formas comerciais son as grandes superficies.Destacan os autoservicios, os grandes almacéns e os centros comerciais rexionais integrados. 1.4 .- As áreas comerciais diríxense a unha localidade importante para a

adquisición de bens que non sexan de primeira necesidade. 1.5 A política comercial conta con dous instrumentos básicos: O Plan

Marco de Modernización do Comercio Interior de 1995 e a Lei de Comercio polo Miudo de 1996 (vixentes?).

4


2 .COMERCIO EXTERIOR É o intercambio de productos e servicios dun país co resto do mundo. Caracterízase por: 2.1.- Nas exportacións perden importancia os productos do sector primario a favor de bens industriais semielaborados. Nas importacións destacan os productos enerxéticos, os industriais e os agrarios. 2.2 .- As áreas do comercio exterior. A Unión Europea é a principal

receptora das exportacións e dela proceden tamén o groso das importacións españolas. 2.3 .- A política comercial está influenciada polo establecemento do

mercado único coa Unión Europea e polos acordos subscritos coa Organización Mundial do Comercio. A política comercial española trata de favorecer as exportacións mediante diversas medidas.

AUTORÍA: REBECA PÉREZ RODRÍGUEZ E LARA GRANDE CONDE.

5


O TRANSPORTE SISTEMA DE TRANSPORTE: Conxunto de medios que permiten o desprazamento de persoas e mercadorías entre lugares xeográficos. Interactúa co territorio: a) Reflictando os desequilibrios desenvolvemento económico.

espaciais

da

población

e

o

b) Introducindo cambios territoriais porque é un factor económico clave. c) Vertebrando o territorio porque conecta os distintos lugares CARACTERÍSTICAS: 1) O medio físico é desfavorable e incrementa os custos 2) As redes terrestre e aérea son radiais con centro en Madrid 3) No tráfico de pasaxeiros e mercadorías predomina a estrada 4) A rede presente desequilibrios territoriais segundo a densidade e calidade 5) A descentralización a causa das autonomías determina unha doble xestión: - Estado: transporte internacional, terrestre por máis dunha comunidade, mariña mercante, portos e aeroportos comerciais, espacio, aire, telecomunicacións e correos. - Autonomías: Transporte terrestre no seu territorio, portos e aeroportos non comerciais e comunicacións por cable. 6) Política de transportes: Plan Estratéxico de Infraestructuras de Transporte (PEIT) - Impulsa desenvolvemento económico - Fortalece a cohesión social con accesibilidade a todo o territorio

6


- Corrixe o predominio da estrada - Incrementa a calidade e a seguridade - Respecto do medio ambiente 7) O sistema español intégrase na rede europea - Conéctase mellor coa UE - Recibe fondos de axuda da UE - Ten que adoptar medidas medioambientais 8) Exerce impacto acústico, visual e atmosférico no medio ambiente. MODALIDADES: A) Transporte por estrada 1) Rede radial con centro en Madrid 2) Competencias repartidas: - Estado: redes de interese xeral, internacionais e de gran capacidade - Autonomías: As de mobilidade intrarrexional, insular e intracomarcal 3) Recibe a maior parte do tráfico de viaxeiros e mercaderías 4) Desequilibrios territoriais na densidade e accesibilidade - Máis denso: Madrid, Cataluña, Valencia, Galicia e cornixa cantábrica - Máis intenso: Mediterráneo, Ebro, Cantábrico e Madrid - Máis accesible: zonas turísticas e industriais 5) Aplicación do PEIT - Dotar ó territorio dun elevado grao de accesibilidade. 7


- Acabar cos eixes pendentes (sobre todo a autovía do Cantábrico) B) Transporte ferroviario 1) Tres redes: a) RENFE: Estrutura radial arboriforme. Menos custo pero máis tempo b) FEVE (vía estreita, na cornixa cantábrica) c) AVE (alta velocidade): Máis de 250km/h 2) Características técnicas - Vías mediocres, alto custo e moito tempo. 3) Desequilibrios territoriais no equipamento e investimentos - Máis: Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Zaragoza - Menos: León, Extremadura, Murcia, Andalucía 4) Aplicación do PEIT - Incrementar o tráfico de proximidades - Ampliar o AVE - Conectar con Europa 5) Integración coa UE - Ancho de vía español maior: corrección nos AVE C) Transporte marítimo 1) Rede portuaria distribuída entre Estado e autonomías 2) Contraste entre tráfico de viaxeiros e mercaderías - Viaxeiros escasos, excepto no Estreito e nas illas.

8


- Tráfico de cabotaxe para os derivados do petróleo - Tráfico internacional de mercadorías moi importante; mercancía xeral transportada en colectores. 3) Portos requiren melloras para a captación e distribución - Financiación polos ingresos e pola UE. 4) Desequilibrios territoriais en equipamento. 5) Aplicación do PEIT: - Especialización dos portos como centros de captación e distribución de mercadorías; ampliación das infraestruturas. 6) UE propón evitar que o financiamento estatal distorsione a libre competencia entre os portos. 7) Transporte fluvial: Sevilla co Guadalquivir. D) Transporte aéreo 1) Rápido desenvolvemento. 2) Rede aeroportuaria ampla e xerarquizada en torno a Madrid. 3) Tráfico de pasaxeiros e mercadorías con diferencias: - Moi competitivo cos pasaxeiros - Escaso en mercadorías por mor do alto custo 4) Aplicación do PEIT - Potenciar as funcións económicas 5) UE liberalizou as tarifas e servizos aéreos

AUTORÍA: RUBÉN GALÁN TORRES 9


OS ESPAZOS TURÍSTICOS.

1.- FACTORES DO DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO ESPAÑOL O auxe turístico español nos sesenta estivo motivado por factores externos e internos: OS FACTORES EXTERNOS: - O crecemento económico de Europa occidental trala II Guerra Mundial. - O progreso do transporte facilitando os traslados. OS FACTORES INTERNOS: - A proximidade xeográfica de España á clientela europea (alta capacidade adquisitiva). - As excelentes condicións climáticas. - O atractivo cultural. - A aparición de grandes complexos hoteleiros e de axencias de viaxes. - O baixo custo dos servicios. OUTROS FACTORES adquiriron relevancia na actualidade: - A consolidación dunha ampla demanda interna - A calidade da oferta - A diversificación dos productos - A dispoñibilidade dos recursos humanos cualificados - A promoción - A inestabilidade política en zonas competidoras

10


2.-O MODELO TURÍSTICO TRADICIONAL A oferta turística está integrada polos que venden o producto (tours operators) e polas instalacións turísticas. A oferta de aloxamiento é moi ampla e concéntrase no litoral mediterráneo e insular. Existen establecementos hoteleiros de alta ou baixa categoría ademáis de establecementos extrahoteleiros. A oferta de manutención é ampla e na oferta de lecer destacan as instalacións deportivas. Respecto á demanda turística a podemos dividir en dous grupos: - A demanda internacional que crece desde finais da década de 1950, na súa mayor parte procedente de Europa occidental e do norte. O turismo extranxeiro é mayoritariamente estival. - A demanda nacional repártese mellor ó longo do ano e foi aumentando desde a década de 1960 conforme medraba o nivel do país. En calquera dos casos, un dos principais problemas do turismo español é a excesiva estacionalidade da demanda. 3.-A CRISE DO MODELO TRADICIONAL E O TURISMO ALTERNATIVO. Desde 1989 pódese falar dunha crise ou esgotamento do modelo turístico tradicional. As causas son as seguintes: - O predominio do turismo de nivel medio-baixo. - A oferta turística enfróntase con problemas como o encarecemento dos prezos e a escasa adaptación ás novas esixencias da demanda. - A dependencia dos tour-operadores internacionais que demandan máis calidade á vez que reducen os prezos. - O deterioro medioambiental e as alteracións paisaxísticas dalgunhas zonas turísticas. Estes PROBLEMAS esixen unha reconversión e renovación do sector que debe basearse nunca politica de ordenación territorial.

11


Por isto a POLITICA TURÍSTICA pretende os seguintes obxectivos: - Potenciar o turismo de calidade. - Mellorar a oferta fomentando novas modalidades de turismo. - Disminuir a dependencia exterior. - Compatibilizar o desenvolvemento do turismo coa calidade medioambiental. 4.-AS ÁREAS TURÍSTICAS E A SÚA TIPOLOXÍA As áreas turísticas son os espacios cunha elevada afluencia de turistas. Xunto a estas grandes áreas existen puntos turísticos illados, baseados en atractivos diferentes aos anteriores. Todas estas áreas poden clasificarse en áreas turísticas de temporada, e de turismo estabilizado. Por outro lado temos o turismo de sol e praia que presenta diferencias notables, fundadas nos seguintes aspectos: - A accesibilidade. - O modelo de ocupación do espacio. - O tipo, calidade e clientela dos aloxamentos. A intensificación do turismo e a súa difusión espacial na década de 1990 tivo como factores: - O aumento do turismo de proximidade. - As áreas rurais do interior. - A necesidade de reestructurar os espacios litorais tradicionais, que supuxo a incorporación ó turismo da zona prelitoral. - Desexo de calidade e de novos atractivos. Xunto ao turismo de sol e praia, configuráronse outras modalidades baseadas en diversos factores.

12


5.-O IMPACTO ESPACIAL DO TURISMO O turismo tivo as seguintes repercusións ou consecuencias: - Demográficas: nas áreas litorais, o turismo incrementa os efectivos de población; sen embargo, nas áreas rurais permitiu frear o despoboamento e estimulou a revitalización da artesanía a das tradicións populares. - No poboamento: no litoral o turimo contribúe á creación de novas estructuras de poboamento. Nalgúns espacios rurais e urbanos colaborou á rehabilitación do patrimonio edificado. - Económicas: o turismo crea emprego, exerce efecto multiplicador sobre outras actividades económicas, compensa a balanza comercial e inflúe na politica de transportes. - Políticas, culturais e sociolóxicas: o turismo fomenta o achegamento dos pobos, incide nos modos de vida da sociedade locale afecta á calidade de vida dos residentes. - Na ordenación do territorio: nas áreas máis turísticas o turismo ordena os espacios próximos en funcion das necesidades, provocan alteracións no medio e na paisaxe, provocan transformacións na economía e tamén provoca conflictos polo uso do solo e dos recursos.

AUTORÍA: ELENA PAZ NOVAS e IRIA ÁLVAREZ RGUEZ DE LAS HERAS

13


SECTOR TERCIARIO