Page 1


Carta aos lectores Ola a todos!!! Supoño que xa me recordaredes, para os novos e todos aqueles olvidadizos,son Ponte do Tea, a revista do CRA A Picaraña. Este ano teño unha chea de cousas que contar do acontecido, ides quedar abraiados; celebramos o magosto en Ribadetea, fixemos excursións, tivemos un festival para celebrar o entroido en Moreira, no festival de Nadal ata os mestres subiron ao escenario no centro cultural de Portela… e moitos acontecementos máis. Este ano o póster central da nosa revista está adicado as árbores, por moitas razóns, unha porque foi un dos temas principais das actividades cos nenos do CRA, ademais do tema da nosa participación no Proxecto VOZ NATURA, así como pola importancia que sabemos que teñen as árbores pois eu sin elas non existiría, as miñas páxinas están vivas grazas a elas. Por iso quero enviarlle dende aquí unha gran aperta a todas as árbores do planeta. Algunhas das novas deste ano, foron que a escola de Parada estivo de aniversario e cumpliu 50 anos no comezo deste curso así coma que o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade. Estas e outras novas estan agardando por vos nas miñas páxinas. E para acabar gustaríame que lerades unha das miñas citas favoritas, é de Paulo Coelho: “Hai tres cousas que os nenos poden ensinar aos adultos: a estar sempre contentos sen un motivo aparente, a estar sempre ocupados en algo e a esixir con todas as súas forzas algo” Así que para todos, e en especial para os máis pequenos, son as miñas páxinas; unha aperta e vémonos o ano que ven. A que estades esperando? Vamos!!! Pasade xa a seguinte. ♣♣♣


Revista Cra "A Picaraña"'12  

Revista CRA "A Picaraña"'12

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you