Page 1

Centro de Interpretaci贸n do Medio Rural (Portela)


Presentación O Centro de Coñecemento do Medio Rural está situado na aldea de Portela, un lugar idóneo para que os máis pequenos poidan disfrutar do medio rural, a súa xente e as tradicións que se foron perdendo co progresivo crecemento das urbes. Nace, en definitiva, para que os máis cativos poidan coñecer a parte máis enxebre da nosa comunidade. Non só os rapaces disfrutarán do Centro, senón que tamén os veciños poderán compartir os seus coñecementos e anécdotas cos máis xóvenes e ensinarlles os segredos da natureza que a súa experiencia lles deu.


Obxectivos Concienciar ós nenos/as da importancia do mantemento do Medio Rural. Saber disfrutar do entorno e da natureza. Educar en valores medioambientais. Contribuir co entorno para melloralo. Sensibilizar na importancia da reciclaxe, a reutilización e a disminución de residuos. Desenvolver as capacidades de creación e expresión artísticas. Potenciar a imaxinación dos rapaces e rapazas. Divertir ós nenos/as mentres aprenden as nosas tradicións. Concienciar na importancia de manter as nosas raíces galegas. Facilitar aos nenos e nenas a posibilidade de experimentar vivencias distintas.


Formación Os usuarios do Centro disporán de tres tipos de actividades segundo o momento do día e o tempo que dispoñan: De medio día De día enteiro De noite

1. De medio día Routeiros: Nos arredores do centro Monte Pedroso Río Sarela Castro de Marmancou Obradoiros de prehistoria: Caza, lume, xoias… Tradicións galegas: Cociña, música, tipos de mel…

Reducir, reciclar e reutilizar: Obradoiro ecolóxico Visita río Tambre Obradoiros artesanais: Xabón, arxila, velas, cestos Actividades medioambientais: Horta, invernadoiro


Formación 2. De día enteiro Actividades medioambientais: Charla ornitoloxía e creación dun niño. Plantemos unha horta e creación dun invernadeiro. Reducir, reciclar, reutilizar: Programa de compostaxe e visita á horta. Visita ó río Tambre, á potabilizadora, depósitos de auga e programa compostaxe. Tradicións galegas: Velas, charlas e degustación dos distintos tipos de mel. Cociña. Música.

Roteiros e obradoiros de artesanía: Arredores do Centro, obradoiro de cestería, herbario, flores secas ou creación dun niño. Monte Pedroso, obradoiro creación de velas. Río Sarela, obradoiro creación de xabón artesanal. Prehistoria: Roteiro polo monte Pedroso e obradoiro de etnografía. Roteiro polos arredores do Centro e obradoiro de prehistoria. Roteiro polo río Sarela e obradoiro de etnografía. Visita ó castro de Marmancou e obradoiro de prehistoria.


Formación 3. De noite As nosas tradicións galegas e obradoiro de prehistoria: Cociña tradicional galega. Instrumentos musicais. Etnografía. Velada. Actividades medioambientais: Plantemos unha horta, creación dun invernadoiro e velada. Actividades astronomía: Obradoiros de astronomía e noites de astronomía (con velada). Reducir, reciclar, reutilizar e actividades medioambientais: Visita ó río Tambre, potabilizadora e programa compostaxe

Routeiros e obradoiros de artesanía: Arredores do Centro, creación dun cesto e velada. Río Sarela, obradoiro creación de xabón artesanal e velada. Monte Pedroso, obradoiro de velas e velada. Prehistoria: Roteiro polo monte Pedroso e obradoiro de etnografía e velada. Roteiro polos arredores do Centro, obradoiro de prehistoria e velada. Roteiro polo río Sarela, obradoiro de etnografía e velada. Visita ó castro de Marmancou, obradoiro de prehistoria e velada.


Coñecementos adquiridos Conclusións: Neste fin de semana os nenos/as volverán a casa con: Novos amigos Ilusión pola natureza Máis sentimento e compromiso co medio rural Novos coñecementos, especialmente relacionados con actividades en perigo de desaparecer. Interese de volver para poder ver os avances das súas actividades: horta, invernadoiro, velas, xabón, etc.


Taxas SERVIZO

NENOS

ADULTOS

ACTIVIDADE

4€

7€

ACTIVIDADE + COMIDA

7€

10 €

TODO O DÍA + COMIDA

10 €

13 €

ALOXAMENTO

16 €

19 €

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA CURSO MONOGRÁFICO

20 €

ACTIVIDADE FORMATIVA ADULTOS + COMIDA

35 €

OBRADOIROS + COMIDA

17 €

OBRADOIROS + ALOXAMENTO

30 € OUTROS

MONITORADO VISITA CIDADE ALUGUER ROUPA CAMA

50 € /HORA 3€

Centro de interpretación do medio rural...  
Centro de interpretación do medio rural...  

Probando...

Advertisement