Page 1

1. Que pretendes transmitir coa tĂşa arte? Facer a arte real e asequible ao gran pĂşblico. Por iso utilizo o sentido do humor para romper a rixidez do mundo da arte.


2. Cres que é doado para unha persoa da rúa recoñecer as influencias cinematográficas e literarias na túa obra? Non estou moi segura, pero é moi importante para min ter esa referencia. Está moi presente na miña obra, sobre todo as películas de Jacques Tati, Buñuel ou Lars Von Trier. Algunhas veces incluso utilizo títulos de películas para as miñas obras; como por exemplo Crash, Misery, Badlands, etc.


3. Que che empuxou a retomar a creación tras a enfermidade? Imaxínome que tiña moitas ganas de volver a traballar, porque é algo innato en min. Tiña moitas ideas na mente mentras estaba enferma e quería darlles forma. Tiña curiosidade por saber como ía desenvolverse o meu novo traballo despois do que me pasou e ver como sería.


4. Cara onde pensas que vai camiñar a túa obra no futuro? Non o sei. Síntome máis libre que nunca para crear. É como se me tiveran dado outra oportunidade para facer máis obras.


5. Se tiveses a oportunidade de crear obra con outro/a artista, con quen serĂ­a ou con quen che gustarĂ­a? Marcel Duchamp.


6. Cambiou a túa maneira de ver as cousas e de concibir a arte tras a túa enfermidade? Antes de poñerme enferma estaba en todo; inauguracións, viaxes, vida social, etc. Agora fíxenme máis selectiva e non quero perder o tempo coas distraccións. Debido á miña enfermidade teño un tempo limitado e quero utilizalo facendo o meu traballo.


7. Como describirías a túa arte e que tipo de mensaxe intentas transmitir? Fago traballo abstracto, son pintora que fai escultura e son escultora que fai pintura. Fago un traballo moi humanista, ten referencias ao día a día e ao corpo humano.


8. De que maneira está presente Galicia na túa obra? Aprovéitoo todo; como fan co porco que un pode aproveitalo todo, ata as orellas ou o fociño. Eu fago o mesmo coa miña obra; non tiro nada, todo é reciclado.


9.Como gran lectora que es, segues a literatura galega actual? A verdade ĂŠ que non. Levo moitos anos en Londres. Agora estou lendo o novo libro de Murakami: IQ84.


10. Despois de tantos anos en Londres, cando regresas a Galicia, como a encontras? Teño una visión moi nostálxica de Galicia. Cando vou a Galicia noto que cambiou moito desde que me fun, aínda que segue sendo moi conservadora, demasiado para min. Encántame o mar, a comida, a xente, a cultura. Ángela de la Cruz.


Entrevista Ángela de la Cruz  

entrevista do alumnado de galego do IE Cañada Blanch de Londres