Issuu on Google+

PROXECTO RÍOS O pasado 13 de Maio, despois de facer a ruta de Boente a Arzúa, cos rapaces de E.S.O., tivemos unha actividade con menbros de ADEGA(ONG ecoloxista) chamada proxecto ríos. A actividade comezou cunha pequeña explicación por parte da guía de quen era a organización Adega, o que facían (actividades,…), como se podía colaborar no proxecto ríos e en que ía consistir a actividade que tiñamos que facer.

A actividade consistíu en realizar un muestreo no río Iso (en Arzúa),para identificar os macroinvertebrados que nel viven e así poder valorar o grado de contaminación que ten o río ou se sufreu un gran cambio pola intervención humana.

Serxio Campos,1º c.s. forestais


PROXECTO RÍOS Para identificar os insectos tiñamos unhas taboas con debuxos dos insectos e pola apariencia externa intentamos recoñecelos e algún conseguimos identificalos. Os datos que obtivemos indícannos que o río non ten contaminación e a súa calidade da auga é boa. A actividade estivo moi interesante e foi divertida. Colaborando de forma voluntaria no proxecto ríos, todos podemos contribuir a conservación dos nosos ríos e a naturaleza en xeral,deste xeito os noso descententes tamén poderán disfrutar deles.

Serxio Campos,1º c.s. forestais


Proxecto ríos