Page 1

Un Nadal de conto

TEATRO:

UN NADAL DE CONTO

CEIP GREGORIO SANZ (RIBADEO –LUGO)

Decembro 2012

Ábrese o pano e vese unha consulta na que están o doutor e as enfermeiras.Na sala de espera está a señora da limpeza rematando o traballo) 1


Un Nadal de conto ENFERMEIRA 1: (Poñendo a bata) A ver se empezamos con bo pe este negocio e capeamos a crise que está caendo! ENFERMEIRA 2: (colocando o material de enfermería) Seguro que temos sorte ca xentiña dos contos e podemos pasar unhas festas como é debido!. DOUTOR: (rematando de colocarse a bata e colocando na parede título de Master contos) Iso ! porque o Master especialista en contos saíume ben caro . ENFERMEIRA 1:

(mirando o periódico)

(Acercando o periódico ó medico)

en

Ben anunciados estamos . Mire!

e en letras ben grandes

“Hoxe día 21 de

decembro ábrese a clínica dos contos”.

ENFERMEIRA 2: (mirando o reloxo) Vou abrir a porta que xa é a hora. SEÑORA DA LIMPEZA : Xa remato! Un minutiño!.Queda isto coma os chorros de ouro !! ( Empeza a recoller e arregarse para marchar)

2


Un Nadal de conto Entra na consulta un repartidor de lotería.

REPARTIDOR: Ola , bos días e felices festas!! ENFERMEIRA 2: Bos días. Que desexa? REPARTIDOR: Mire , quería quedarme na sala de espera repartindo esta propaganda. Faille moito frío para andar por fóra e, seguro que hoxe ben moita xentiña á inauguración. O doutor pecha o libro , levántase , mira quen chegou e diríxese á enfermeira. A enfermeira 1 tamén mira por detrás do doutor

DOUTOR: Faille pasar. Entran Hansel e Gretel e sentan na sala de espera.

ENFERMEIRA 2 : Pase DOUTOR: Que propaganda é esa?

3


Un Nadal de conto REPARTIDOR : Bos días ! É da Asociación de comerciantes de Ribadeo pero, o mellor de todo é que trae de balde 50 céntimos de lotería de Nadal. Non é moito pero é de balde. DOUTOR: Sendo de balde … reparta o que queira na sala. REPARTIDOR: Moitas grazas!. Tomen uns boletos enfermeiras) . Moita sorte!

(dálle ó doutor e as

TODOS: Moitas grazas . SEÑORA DA LIMPEZA: Eu xa marcho. Feliz inauguración. (o tamén á señora da limpeza). Abur e grazas ! (marcha)

repartidor dálle

(A enfermeira 1 sae á sala de espera e xa ve alí a Hansel e Gretel)

ENFERMEIRA 1: Bos días ! Podedes pasar . HANSEL E GRETEL: Bos días ! TODOS: Bos días! (H e G. séntanse na mesa fronte ó doutor)

4


Un Nadal de conto HANSEL: Eu son Hansel e ela é Gretel, aínda que… non sei si será ao revés!. GRETEL: (dándolle unhas palmadiñas no brazo) Non te lies! son Gretel e el é Hansel.

(dirixíndose ó doutor)

Eu

DOUTOR: E que vos trae por aquí? GRETEL: Somos os do conto de “A casiña de chocolate” e mire (acercándose ó doutor e abríndo a boca) como temos os dentes de tanto comer chocolate e caramelos. (O doutor levántase e, e mira a boca de Gretel e despois a de Hansel. De seguido volta a súa mesa e ponse a escribir.)

HANSEL : Eu quero que nos receite turrón dese que é “lai” pero eu … sen lambetadas non paso! GRETEL: Ou mesmo froita: amorodos, cereixas … DOUTOR: Non, iso non pode ser. Con tanta froita pasariades o día escagarriados e non poderíamos abri-lo conto … cheiraría que apestaría!! (O doutor e as enfermeiras míranse e apresan o nariz)

ENFERMEIRA 2: O que ten que darlles é unha boa pasta de dentes. 5


Un Nadal de conto DOUTOR: Xusto !! Ten razón a enfermeira. Debedes lavar os dentes cada vez que comades unha lambetada. (Entran na sala de espera

o Parruliño Feo e a súa nai. O repartidor dálles a lotería , a miran e

fan un xesto dando as grazas)

HANSEL E GRETEL: Grazas doutor. Adeus ENFERMEIRA 1: Hei! hai que pagar!! GRETEL: Xa pagaremos cando teñamos os dentes sen caries. DOUTOR: Empezamos ben. (Cando saen da consulta o repartidor dálles a lotería. Eles fan xesto de agradecemento e marchan )

ENFERMEIRA 2: ( Dirixíndose a

Mamá pata e o Parruliño feo)

Poden pasar.

MAMÁ PATA: Bos días. PARRULO: Bo Nadal. ENFERMEIRA 2: En que podemos servila, señora? MAMÁ PATA: Eu síntome moi nerviosa . A penas podo durmir pola noite.

6


Un Nadal de conto DOUTOR: Dóelle algo? MAMÁ PATA: A min non. Trátase do meu fillo! PARRULO FEO: Na granxa todos se burlan de min .Todos din que son feo. (A enfermeira 1 acércase ó parrulo, o vira ben e di …)

ENFERMEIRA 1: Home, non é Justin Bieber, pero tampouco é para tanto … MAMÁ PATA: Non se lle podería facer a ciruxía estética? PARRULO: Xa estás outra vez coa ciruxía estética. Eu non quero!!!! DOUTOR: A ciruxía non lla podemos facer. É un menor. Pero, non se angustie, co paso do tempo pode cambiar. Míreme a min: de pequeno era máis ben feo , e agora … ENFERMEIRA 1 e 2: Ejem …. (míranse e rin) (Entra na sala de espera Riciños de Ouro e o repartidor dálle a lotería . Ela a agradece )

DOUTOR: (escribindo a receita) Voulle dar unha crema para protexelo do sol e así, aclararáselle algo a pel. E, a vostede receitareille uns tranquilizantes Non podo facer máis... (Dálle a receita) MAMÁ PATA: Canto lle debo? (Busca no seu bolso) Ai , Xesús ..! Esquecinme dos cartos …! Isto de non durmir pola noite tráeme a cabeza tola …! DOUTOR: Non se preocupe, xa me pagará . Tranquila … e Bo Nadal! MAMÁ PATA E O PARRULO: Bo Nadal ! ENFERMEIRA 1 : Outra que se vai sen pagar … ENFERMEIRA 2 : Ímosche ben …! (Asómase ) Que pase o seguinte! (Entra Riciños de ouro e vai sentarse fronte ó doutor)

RICIÑOS DE OURO: Bos días! DOUTOR: Bos días! RICIÑOS DE OURO: Ai doutor! Que problema tan grande teño, estou engordando perigosamente. 7


Un Nadal de conto ENFERMEIRA 2: (Indo por detrás de R. de Ouro e mirándoa ben) Ti ves sendo Riciños de Ouro, a do conto dos “Tres Osiños”. RICIÑOS DE OURO: (diríxese á enfermeira 2) Sonlle muller, son. Resulta que cada vez que un neno le o conto, eu teño que comer da comida dos tres osiños e estou perdendo a miña fermosa figura. (Entra na sala de espera o lobo dos Tres porquiños. O repartidor asústase e escapa)

DOUTOR: Eu o único que podo facer (escribindo a receita) é darlle unhas pastillas laxantes e que se vaia todo polo water cló. Non lle aseguro que adelgace ….pois, se ten que comer tanto … (dándolle a receita)

RICIÑOS DE OURO: Ai !. Non me asegura nada ?, pois vai cobrar cando adelgace !. Bo Nadal! ENFERMEIRA 1: Outra que se vai sen pagar!!! ENFERMEIRA 2 : Isto é unha desgraza!. Este ano non chego o turrón.

(Riciños de ouro ,cando pasa pola sala de espera e ve o lobo, asústase ,grita e escapa) 8


Un Nadal de conto

RICIÑOS DE OURO: (gritando) É o lobo!!!!! (O lobo ponse “mans enriba”) (Asómanse todos a ver que pasa e gritan)

TODOS: Ai !, O lobo!!!! Todos pasan á consulta .A enfermeira 1 métese debaixo da mesa e queda alí mentres non se tranquiliza todo. O doutor tápase co libro e a enfermeira 2 escóndese detrás do médico.)

LOBO: Tranquilos!!!. Eu, son o lobo do conto dos “Tres porquiños” e estou programado para comer só porquiños. Con vosoutros serei un lobo colega. ENFERMEIRA 2 : (Con voz temerosa e saíndo de detrás do médico) Que lle trae por aquí? LOBO:Teño votado o ollo ós tres porquiños que viven na fraga …. e quero papalos en Noite Boa. DOUTOR: ¿E que quere que faga eu?

LOBO: Quero que me de algo para o estómago , para facer ben a dixestión despois dunha cena tan pesada. 9


Un Nadal de conto DOUTOR: (Levántase e o vota da consulta ) É vostede un descarado . Pensa matar ós tres porquiños e o di así, tan campante … Non me queda outra que dar parte as autoridades . Marche de aquí agora mesmo!!!! ENFERMEIRA 2: Si … pero que pague antes !!!! LOBO: (Facendo un xesto burlón) Tu - ru – rú

(vaise correndo)

ENFERMEIRA 1: Vaia día que levamos! Non caeu unha moeda! ENFERMEIRA 2: (Saíndo de debaixo da mesa) Deixao ir . Que susto! (colócase o pelo, suspira un pouco, vai a sala de espera gritando) Que pase o seguinte! Anda, este lobo deixou todo despexado! (Entra o repartidor con moito susto enriba.

REPARTIDOR: Que barbaridade! O lobo saíu disparado!!! ENFERMEIRA 2: Déixeo ir !! ENFERMEIRA 1: Que susto! Tranquilízanse todos. Ponse cada un ó seu traballo e o cabo duns intres escoitan o son dunha frauta. (Entra o Frautista de Hamelin tocando a frauta. Deixa de tocar para mirar o boleto, dar as grazas ó repartidor e, meter o boleto na bolsa que leva cruzada)

FRAUTISTA: Grazas e Bo Nadal! (Comeza a tocar outra vez)

ENFERMEIRA 2: Pase, pase DOUTOR: Ónde vai vostede tocando esa frauta? FRAUTISTA: Teño dous problemas. Un é que se toco co dedo aquí (perna) , aquí (brazo), aquí (barriga)… dóeme moitísimo. DOUTOR: ¡Déixeme ver!. (levántase e o examina ) Vostede o que ten é o dedo roto.

10


Un Nadal de conto FRAUTISTA: E teño tamén outro problema moi grande doutor. Se toco esta melodía (toca) veñen detrás de min os ratos e se toco esta outra (toca) veñen os nenos. ENFERMEIRA 1: E quere vostede que vaia eu tamén, ou que? FRAUTISTA : Non … non, eu só quero que me deixen tranquilo. Xa non quero nin os cartos que me ofreceron. (Entra a Ratiña Presumida na sala de espera. O repartidor entrégalle unha papeleta)

DOUTOR: E que podo facer eu? FRAUTISTA: Que me receite un xarope para converterme en sapo e poder escapar desta maldición. DOUTOR: En sapos imos acabar nós se o seguimos escoitando. ENFERMEIRA 2: Por certo, e se non ten cartos … con que nos vai pagar? FRAUTISTA: Se queren toco unha panxoliña.

DOUTOR:

(diríxese á enfermeiras facéndolle xestos de silencio e de tolera)

Veña !. Toque a panxoliña que eu xa lle busco un xarope que lle faga estar un pouco mellor. (O frautista toca a panxoliña , o médico busca un xarope, métello na bolsa e sae da escena tocando ).

EFERMEIRA 1 : (despedindo con xesto de tolura ) Toca ben pero …. con tanto estres fóiselle a pinza.

11


Un Nadal de conto ENFERMEIRA 2: O seguinte! RATIÑA: Boas ! DOUTOR: Cónteme , que lle pasa? RATIÑA: Si . Sonlle a Ratiña presumida e téñolle un problema moi grande. DOUTOR: E logo? RATIÑA: E logo… non me ve? (levanta a pano que leva na cabeza) Míreme e verá que non teño un triste pelo. ENFERMEIRA 1:

(acercándose para verlle a cabeza) Nin de lista nin de tonta!

RATIÑA: Doutor, que me aconsella para conservar o pelo? ENFERMEIRA 2:

(con moita sorna)

Metela cachola no conxelador? (As

dúas

enfermeiras míranse e rin)

RATIÑA: Non se ría. Verá … varrendo a miña casiña atopei unha moeda e con ela merquei un lazo, e agora … quéreme dicir ónde o poño? (Entran na sala de espera Gepetto con Pinocho)

DOUTOR: Pero mulleriña, o que necesita non é un lazo, é unha perruca. RATIÑA: Ai! desgraciadiña son!

Que

DOUTOR: Está ben. Voulle dar unhas pastillas para que lle medre, pero non tome máis que unha, … a ver se logo ven feita un lobo peludo.

12


Un Nadal de conto ENFERMEIRA 1: Non se esquece de … RATIÑA: Pois non, non … de que? ENFERMEIRA 2: Anda! Co pelo fóiselle tamén a memoria. ENFERMEIRA 1: Os cartiños? RATIÑA : Xa lles dixen que gastara todo no lazo. Non teño un can!! (vaise) ENFERMEIRA 1: Vaia negocio. Non gañamos un patacón. ENFERMEIRA 2:

(asómase e grita )

Que pase o seguinte.

(Entra á consulta Gepetto con Pinoch. O repartidor axúdalle)

DOUTOR: séntese.

Bos

días,

GEPETTO: Bos días. Veño con Pinocho, non sei que lle pasa nunha perna. DOUTOR: A ese boneco? ENFERMEIRA 2: (dándolle a cabeza

con

preocupación)

Pobre velliño. ¡Debe sentirse tan so por estas datas! DOUTOR: Paréceme que non ven vostede o sito máis axeitado … non deixa de ser un boneco de madeira.

13


Un Nadal de conto (Entra na sala de espera Charlie moi mal vestido e con moita tose. O repartidor entrégalle a lotería e Charlie fai xesto de agradecemento)

GEPETTO: Págolle o que sexa. ENFERMEIRA 1: Non o podo crer, un que paga …! DOUTOR: Cálmese señor. Probou a darlle unhas fregas con aceite? GEPETTO: Non se me ocorreu. DOUTOR: Pois , xa verá … que lle van facer ben. GEPETTO: Canto lle debo? DOUTOR: Nada, home . Que pase un bo Nadal co seu filliño. GEPETTO: Graciñas . Bo Nadal. ENFERMEIRA 1: A este paso non sacamos un euro en toda a mañá. ENFERMEIRA 2: Éche moi triste estar so polo Nadal.(Acompaña diríxese a Charlie) Que pase o seguinte!

a Gepetto e

ENFERMEIRA 1: Ola neno. Que mala cara traes. CHARLIE: Doutor, síntome moi mal. ENFERMEIRA 2:

(Poñéndolle a man na fronte)

Está ardendo en febre!

(ponlle o

termómetro)

CHARLIE: Non teño cartos para pagarlle a consulta . Na miña casa non saben nada e non quero preocupalos. Bastantes preocupacións teñen xa! DOUTOR: Tranquilo rapaz. Non pasa nada. Como te chamas? CHARLIE: Son Charlie. A enfermeira mira o termómetro

ENFERMEIRA 2: Ten case 40 de febre, doutor. DOUTOR: (Auscultándoo) Vouche receitar un antibiótico e un xarope. Estás con gripe . Tes que abrigarte máis.

14


Un Nadal de conto

ENFERMEIRA 1: Eu coñezo onde vive doutor. Si lle parece ben ,mercareille os medicamentos na farmacia e levareino ata a súa casa. Non pode andar pola rúa con esa febre e sen un abrigo, co frío que fai. DOUTOR : Paréceme moi ben. Dese presa, ten que estar na cama o más pronto posible. ENFERMEIRA 2: Bo Nadal Charlie. Cóidate e, toma as menciñas. CHARLIE: Gracias a todos. Bo Nadal. (Saen Charlie e a enfermeira 1 . O pasar á sala de espera o repartidor diríxese a eles)

REPARTIDOR: Acompáñovos. (diríxese ó doutor) Grazas. Estiven moi quentiño. DOUTOR: A ver se toca! ENFERMEIRA 2: Eu tamén coñezo a ese neno. Vive cos seus avós e os seus pais . Por certo , fai xa uns meses que os seus pais están no paro . DOUTOR: Maldita crise!. Esperemos que o próximo ano sexa mellor para todos.

15


Un Nadal de conto ENFERMEIRA 2: De seguro que así será , doutor (Vólvese cara o público) A consulta queda pechada ata mañá . Calquera urxencia diríxanse ó centro de saúde máis cercan.

Cae o pano

O día seguinte ... Aparece a señora da limpeza deixando todo relucente. O doutor e as enfermeiras están traballando (ordenador, lendo, colocando cousas …

SEÑORA DE LIMPEZA: Moita lotería deixaron por aquí. Vou poñer as noticias. (Pon a radio e están coa lotería . Soa o número .) (Vai mirar o número)

Si que é .Tocou a lotería !!!!!

DOUTOR: ¿Qué dis? (Mira o número) Tocou a lotería . (abrázanse todos ) .Vou avisar a todos (colle o teléfono)

ENFERMEIRA 2 : E eu!!! (colle o seu móbil) SEÑORA DA LIMPEZA: Eu vou polo champán!!!! Chegan a Mamá pata e o Parruliño coa papeleta na man , saltando de alegría e abrázanse á enfermeira 1

16


Un Nadal de conto PARRULO : Tocounos !! DOUTOR: Calade! Non escoito nada . Din que vai vir a televisión! e que tamén tocou no Gregorio Sanz!!!!!! (Fai o xesto de silencio, tapa a orella para escoitar mellor e segue a falar)

ENFERMEIRA 1: Van estar ben contentos os profes!!! PARRULO: Xenial, quedamos sen clases!!!!! MAMÁ PATA: Tocando a lotería … deixarémoste uns días! (Entran o cámara e o reporteiro. Tamén entra a señora da limpeza co champán e as copas)

REPORTEIRO: gravar?

(diríxese á

enfermeira 1):

Ola! Somos da T.V.G.

.Podemos

ENFERMEIRA 1: Por suposto! Empecen cando queiran. O cámara prepara a cámara e comeza a gravar

REPORTEIRO: (dirixíndose a Mamá pata) Que vai facer cos cartos? NAI: A ciruxía estética ao meu parrulo

17


Un Nadal de conto PARRULO : Xa te dixen que non!. Xa cambiarei e…. se non cambio… VIVA A DIFERENzA !

Van entrando todos moi alegres.A señora da limpeza reparte as copas e diríxense todos ó público.O cámara segue gravando e o lobo vai enfadado entre as butacas.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡FELIZ ANO 2013!!!!!!

18


Un Nadal de conto

Actores e actrices: Doutor: Diego Alonso Enfermeira 1: Xiana Suárez Enfermeira 2: Lara López Repartidor: Nacho Mena Señora da limpeza: María Doural. Hansel : Juan Manuel Gretel : Patricia Ramallal Mamá Pata: Noelia Romaz Patiño Feo: Alberto Dopico Riciños de ouro: Estela Bravo. Lobo: Juan Martínez Frautista: Gonzalo Gegunde Ratiña: Cristina Casares Gepetto: Angel Yáñez Charlie : Ismael Martínez Periodista: Jairo Ovide Cámara : Hugo Vázquez

Adaptación da obra Todo é un conto: Emilia Cao e Teresa García

Dirección: Teresa García

19

Un Nadal de conto  

Obra de teatro dos alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz. Curso 2012-2013

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you