Page 96

• Compoñemos series. Coas pezas móbiles do mural de lingua estranxeira, sobre unha liña no chan, faremos series en tres niveis: 3 anos, dous tipos de calzado; 4 anos, tres tipos de calzado e 5 anos, 4 tipos de calzado. • Que número de calzado uso?. Despois de observar que algúns zapatos teñen números e informarlles da súa función, os nenos e nenas preguntarán na casa sobre o que usa cada un. Traerano apuntado. Na aula observaranse coincidencias, diferenzas, composición e como se nomean, relacións entre eles... • Farase unha listaxe, adxudicando a cada neno e nena o seu número. Esta información engadirase á que recollemos na unidade didáctica do corpo con outros datos como: estatura, peso... Preparación da representación: • Os decorados: polo contido eminentemente plástico que supón a súa elaboración, a coordinación co profesorado titor para continuar o labor iniciado na sesión de lingua estranxeira pode ser eficaz e motivadora se, ademais, se introduce a utilización de diferentes técnicas plásticas. • O vestiario: este pode ser o momento das familias, solicitándolles a colaboración necesaria. • O remate final: será a representación coa participación de toda a comunidade educativa.

Conclusión Quixéramos apuntar dúas reflexións a modo de conclusión: Primeira, que as sesións de lingua estranxeira non deben ser compartimentos estancos, polo que insistimos en que relacionar directamente obxectivos e contidos e dispoñer de materiais de traballo común coas outras áreas desenvolve situacións de interacción e aprendizaxe autónoma sen necesidade da presenza do profesorado de lingua estranxeira, o que leva a crear situacións de aprendizaxe en calquera momento da xornada. E, por outro lado, pensamos que desenvolver diferentes tipos de tarefas empregando diferentes linguas, aínda que sexa en termos modestos, axuda a desenvolver estratexias de pensamento e resolución de problemas. Se a isto lle engadimos aprendizaxes doutras áreas, traballadas dun xeito entrelazado, acadamos un entramado de pensamento global, que nos nenos e nenas destas idades coincide co seu xeito de ver o mundo e de relacionarse con el.

No deseño da actividade de baile colaborou Aida Quiroga Fraga Mestra no CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso)

94

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement