Page 94

• Serán actividades nas que os pequenos e pequenas participen de forma activa, propoñendo, dando a súa opinión e elixindo entre as alternativas que se propoñan. 1ª Sesión Repasamos a historia de “Cincenta”, falamos da música feita para o ballet de Prokofiev, e dos moitos ballets do mundo que o representan. Visionamos un pequeno fragmento de 9 minutos dunha versión para nenos e nenas feita pola coreógrafa e mestra de ballet Carmen Roche (www.youtube. com). Explicamos que imos preparar o baile que ten lugar no Castelo do príncipe: a danza dos invitados e o baile de Cincenta co príncipe cando esta perde o zapato. Escoitamos as músicas (marcamos os ritmos con palmas, pés, saltos...): - “Bailando con Rosiña”. A irmandade das estrelas. Carlos Núñez con Kepa Junquera (baile dos invitados). - “Vals do mencer” de Emilio Cao (baile da parella ata que as campás repiquen). Movementos libres pola aula. Percorridos detrás do mestre ou a mestra tentando reproducir os pasos que marca. En círculos collidos das mans (facendo unha roda): xiramos ao ritmo da música. Por parellas desprazarse ao ritmo da polca collidos das mans, xirar collidos polos brazos, palmear coa parella, marcar punta-tacón co pé. Recompilación: sentados en círculo explicamos como imos utilizar estes pasos, quen baila a polca e quen o vals, onde o imos facer e como debemos comportarnos nun escenario. 2ª e 3ª Sesión Dedicaremos os primeiros minutos a aprender, practicar e repasar os pasos que imos utilizar en pequenos grupos e axudando os que aprenden rápido aos que lles custa máis. O grupo de 3 e 4 anos fará unha parte conxunta baseada en desprazamentos en círculos e liñas rectas, saltos sobre dous pés, palmas e voltas sobre si mesmos/as. Os nenos e nenas de 5 poden aprender pasos máis precisos como: Punta-tacón e desprazamentos en liña. En parellas: xiros, cruces, voltas arredor do compañeiro ou da compañeira. Un corredor de parellas polo que pasarán os máis pequenos e pequenas... Traballamos por grupos de xeito que poidan ver como vai quedando a coreografía e como os compañeiros e compañeiras van aprendendo os novos pasos. 4ª Sesión Facemos un ensaio xeral (vestiario e decorado) no lugar da representación, dándolles as referencias e marcando no chan os sinais necesarios para que non se perdan. É necesario repetir moitas veces ata que se movan con soltura polo espazo, ensaiar o saúdo así como as entradas e saídas.

Escena 6 Obxectivos: Da lingua estranxeira: • Recoñecer adxectivos de tamaño aplicados ás prendas de vestir.

92

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement