Page 93

Contidos: Da lingua estranxeira: • Verbos de accións: jump, walk, dance, run, stop. • Revisión das partes do corpo. Das outras áreas: • Control global do corpo: actividade, movemento, relaxación. • As partes do corpo: cabeza, brazos, pernas, pes... • Axuste do propio movemento ao espazo, ao movemento dos e das demais e ás pezas musicais. • Desprazamento polo espazo con variedade de movementos (saltos, pasos, carreira...). • Equilibrio en diferentes situacións da actividade corporal. • Os intervalos de tempo, contar... • Os intervalos espaciais, a dirección (cara adiante, cara atrás, a un lado, a outro...), trazado (rectas, curvas, o círculo), posición (de fronte, de costas...). • A imitación, interpretación e representación de personaxes en diferentes estados emocionais. • As audicións musicais: o ritmo, escoitar atentamente, emocións e sentimentos que produce. Actividades / tarefas propostas: Para a lingua estranxeira: • Ademais do traballo relacionado coa presentación e aprendizaxe do diálogo e a confección da marioneta do príncipe nesta escena centrarémonos en moitos xogos de TPR, de maneira que traballaremos verbos de acción e reforzaremos o traballo na area de psicomotricidade. • Como rutina nestas leccións e actividade de warm-up utilizaremos a rima: Walking, walking Walking, walking Jump, jump, jump Jump, jump, jump Running, running, running Running,running, running Now let’s dance... • Esta rima faise en fila. Os nenos e nenas seguen os pasos do mestre ou mestra. Pódense introducir variacións onde un neno ou unha nena fai de capitán. • Xogos en círculo para realizar accións utilizando os verbos propostos como Simón says... Para as outras áreas: • Traballaremos partindo da audición de varias pezas musicais (polcas sinxelas e valses), facilitando o movemento libre pola aula facendo unha primeira observación das posibilidades de movemento e de posición no espazo que teñen os cativos e cativas. • Isto permitiranos unha selección axeitada das músicas e o tipo de coreografía e de pasos que poderemos adaptar aos distintos niveis do grupo. • Partiremos de movementos globais do corpo para introducir o traballo con algunhas das partes específicas e a percepción do espazo dos e das demais.

91

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement