Page 92

• Prestaremos especial atención ao personaxe de Fairy Godmother e confeccionaremos a súa marioneta. • Xogo: confeccionaremos unha variña máxica sinxela e, por parellas, representaremos un pequeno diálogo: Three wishes. Three wishes!!! Number one? __________ Number two? __________ Number three? ___________ • Os nenos e nenas poden introducir o vocabulario dos desexos que queiran. Antes de empezar a actividade, o mestre ou a mestra pediralles que pensen nas tres cousas e axudaralles a dicilo en inglés. • Cando rematen a tarefa proposta para as outras áreas, na clase de inglés introducirase a tradución da frase empregada no libro das profesións “Eu quero ser...” de maneira que cando o editemos sexa un libro bilingüe. Para as outras áreas: • Elaboración dun conto partindo da idea: “Eu quero ser...” • Traballaremos as profesións con eles, enlazando co tema do carteiro ou a carteira. Os nomes e o que fan as diferentes persoas que teñan esa profesión. Cando consideremos o tema traballado, os nenos e nenas escollerán a que máis lles gusta para eles. Elaboraremos un libro onde cada quen achegará a súa páxina. Partindo da súa foto, os nenos e nenas vestiranse consonte a profesión que escolleron. Os nenos e nenas de 5 anos poden facelo cun debuxo pero ao alumnado de 3 e 4 podemos facilitarlle a roupa para que a recorte ou pique e faga a montaxe. • Na páxina: www.makingfriends.com podemos atopar a roupa para facer bonecas de papel (paper dolls) de moitas profesións. • Montaremos o libro onde eles escribirán o texto en galego co profesorado titor: - Eu quero ser médico. • E despois en inglés co profesorado de inglés: - I want to be a doctor. • Unha vez editado o libro pasará a formar parte da biblioteca de aula.

Escena 5 Obxectivos: Da lingua estranxeira: • Recoñecer o vocabulario e as expresións que se traballan. • Utilizar e recoñecer verbos de accións. Das outras áreas: • Coñecer e utilizar os recursos básicos do corpo para expresar sentimentos e emocións propias. • Mellorar o control sobre o corpo. • Coordinar no tempo e no espazo os movementos co resto dos compañeiros e compañeiras e atendendo á música.

90

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement