Page 91

- Goodbye! - Goodbye! (As mans escóndense detrás das costas). • Presentación da escena do conto no formato habitual. • Unha vez introducidos os personaxes dos ratos e preparadas as súas marionetas os nenos e nenas poden representar o “format” dos sentimentos xogando coa marioneta de “Cinderella ” e unha dos ratos. • Introdución dun pequeno conto deseñado para o encerado dixital do que partirán dúas actividades relacionadas con el. • Partiremos do seguinte texto: I feel happy when after the rain I can jump in the puddles with my friends. I feel sad when my puppy is ill. I feel tired when I come back from the swimming pool. • Faremos unha presentación con debuxos no encerado dixital para presentar o texto. • Traballaremos despois dúas actividades: - Na primeira, o alumnado escollerá o debuxo que representa o sentimento que provoca a acción: When I jump in the puddles I feel happy / sad / tired. - Na segunda actividade escollerán a acción relacionándoa co sentimento: I feel happy when... Para as outras áreas: • Esta mesma actividade serviranos de soporte para traballar co profesorado titor nas outras linguas cambiando o idioma do texto a galego e castelán. Podemos ampliar o vocabulario empregado engadindo texto e imaxes. Parte 2ª Obxectivos: Da lingua estranxeira: • Achegamento ao personaxe de Fairy Godmother como portadora dos desexos. Revisión dos números one, two e three traballándoos en orden e do vocabulario dos desexos: shoes, dress e car. • Trasladar ao inglés as frases utilizadas no libro das profesións. Das outras áreas: • Expresar desexos relacionados coa idea de que queremos ser de maiores. Confección dun libro no que os e as protagonistas somos nós. Contidos: Da lingua estranxeira: • “ I wish...” Contar one, two, three e organizar por orden os desexos. • Vocabulario que poida xurdir relacionado cos desexos (xoguetes). Das outras áreas: • As profesións. Actividades / tarefas propostas: Para a lingua estranxeira: • Presentaremos o diálogo como é habitual. O alumnado a estas alturas estará xa habituado á colocación da aula e á maneira de contar.

89

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement