Page 89

• Os escritos casa-escola e entre escolas: os avisos. Participar na confección dunha nota de aviso da escola ás familias pode converterse nunha actividade habitual de achegamento á lectoescritura. Segundo o tipo de nota poden participar “asinando”: - (3 anos), seleccionando a etiqueta do seu nome entre outros e adheríndoa. - (4 e 5 anos), escribindo o nome consonte as súas posibilidades. - (5 anos), se a nota supón engadir unha listaxe (por ex.: o que necesitamos para unha festa, saída, actividade...), os nenos e nenas poden colaborar na confección da listaxe, traballando en grupo e xuntando achegas. • A lectura do libro “El cartero simpático o unas cartas especiales”. Janet y Allan Ahlberg. Editorial Destino, pódenos abrir a porta ao desenvolvemento dun proxecto de traballo arredor do correo no que poderiamos traballar diferentes aspectos: - O contido da carta: o conto contén diferentes tipos de cartas manipulables. De cada unha delas podemos extraer actividades, xogos... - O envío: o sobre e os datos que aparecen nel. - O selo, función, localización, a estética, coleccionismo... - O reparto: a profesión de carteiro/a. - Visita a unha Oficina de Correos. • Desde as sesións de lingua estranxeira pódese achegar documentación con material impreso e audiovisual do personaxe “Postman Pat”, o que vai a afianzar a permeabilidade entre actividades: www.bbc.co.uk/cbeebies/postmanpat • Tamén se pode visualizar o episodio titulado: “Pingu helps to deliver mail” do DVD “Pingu forever”. • Tanto o deseño de actividades concretas como a temporalización vai depender da utilización particular que fagamos do material dispoñible, achegas e demandas do alumnado, etc.

Escena 3 Esta escena ten un contido lingüístico de revisión, polo que decidimos prescindir de actividades globalizadas, o que nos permite volver sobre as escenas anteriores e incidir sobre o traballo de dramatización e, por outra banda, dámoslle tempo ao proxecto sobre o servizo de correos para continuar desenvolvéndose. Obxectivos: Da lingua estranxeira: • Revisar e engadir vocabulario e estruturas traballadas na escena 1. Afianzar vocabulario en contextos diferentes. • Observar o crecemento da dramatización, como consecuencia do traballo cooperativo. Contidos: Da lingua estranxeira: • Imperativos revisados: Clean... / Hurry up / Come on/... • Estruturas repetitivas (pregunta-resposta): Stay here / Here? • Interrogación: Where is...? Material de apoio: • Un vestido. • Un par de zapatos. • Un par de botas.

87

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement