Page 88

- Con respecto ao soporte: diferenciar distintos tipos de comunicacións escritas, entre as que se reciben na escola. Identificar a función dos textos que aparecen no sobre e o do selo. - Canto ao funcionamento: coñecer a profesión de carteiro ou carteira e o traballo que realiza. Contidos: De lingua estranxeira: • Vocabulario relacionado: letter, invitation, the prince, tomorrow. - Números do 1 ao 12. - Ampliación de vocabulario de lugares. - Achegamento á estructura dunha breve invitación. Das outras áreas: • As comunicacións escritas: os avisos e as cartas - O servizo de correos: a carta, o sobre e o selo. - O carteiro ou a carteira. - A oficina de correos. Material de apoio: • Unha invitación co seguinte texto:

I´d like you to come to my party tomorrow at 6 in the castle. The Prince • Os elementos “6” / “The Prince” serán tarxetas móbiles adhesivas e “castle”, ademais, estará representado cun pictograma. - Un reloxo analóxico manipulable. - O calendario da aula. Actividades / tarefas propostas: Para lingua estranxeira: • Traballar o diálogo correspondente á escena seguindo o esquema proposto. • Conversa sobre os coñecementos previos que os nenos e nenas teñen sobre as invitacións e os seus tipos: cando se fan, a quen van dirixidas, como se fan chegar... • Traballar sobre a invitación: Propoñer a cada neno e nena debuxar un lugar onde lle gustaría celebrar unha festa. Crear unha flashcard adhesiva. Facer o mesmo cos números do 1 ao 12 (segundo niveis). • Con este material crear sobre a invitación diferentes posibilidades, que o mestre ou a mestra lerá, invitándoos a participar. • Apoiar a elección da hora coa súa representación no reloxo. • Presentar o concepto tomorrow co apoio visual do calendario da aula, onde estará sinalado o día de hoxe. Para as outras áreas: • Revisar o correo da escola. • Observar diferentes tipos de mensaxes e os elementos diferenciadores.

86

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement