Page 87

• A primeira presentación farase utilizando os dedos ou as mans que aparecen dende as costas do mestre ou mestra como marionetas. Despois os nenos e nenas poden representalo. • Primeira presentación da escena sen apoios visuais. • Realización das marionetas dos personaxes da escena para que, pouco a pouco, se incorporen aos diálogos. • Unha vez introducidas as actividades de presentación do diálogo abordaranse outras cun caracter máis globalizador. • Nunha sesión común, cos dous ou dúas docentes, iniciar unha conversa arredor da necesidade de “clean / wash” na casa, na escola, quen o fai… • Confección dun mural de dous espazos, CLEAN e WASH, cunha identificación anexa (pictograma: grifo cruzado / grifo aberto). Comézase con tres flashcards adhesivos: dress / shoes / boots, aos que se poden engadir achegas con diferentes criterios: temáticos, creadas polos nenos e nenas… • A posibilidade de manipulación dos elementos do mural permite variedade de actividades ao tempo que se afianzan significados: localizar erros, relacionar significados... • Reforzando a idea das tarefas que “podemos” facer traballadas co profesorado titor, sobre o mural de lingua estranxeira introducimos a estrutura “I can clean / wash...“ • Animalos a compoñer estructuras coas imaxes, pictogramas adhesivos que logo verbalicen, comezando por: “I can...” (5 anos). Para outras áreas: • Retomar o tema co profesorado titor coa lectura de “O libro dos Porcos”. Anthony Browne. Editorial Kalandraka. • Preparar un mural paralelo, neste caso con tres espazos (MAMÁ / PAPÁ / EU). Sobre el ubicarán imaxes de tarefas domésticas (preparadas por triplicado) segundo quen as realice habitualmente. • Reflexionar sobre a posibilidades de compartir estas tarefas, engadindo a mesma tarefa a outra persoa. • Ver cales destas tarefas son abordables polos nenos e nenas e engadilas na súa columna.

Escena 2 Obxectivos: De lingua estranxeira: • Recoñecer o vocabulario e as expresións que se traballan. • Ampliar o vocabulario de lugares, segundo as achegas. • Identificar tomorrow como un tempo próximo que está por chegar (para os nenos e nenas de 3 anos, hai que ter en conta que estará na fase de achegamento aos conceptos temporais). • Revisar números e ampliar ata o 12. • Avanzar no desenvolvemento da dramatización da narración dialogada participando activamente. Das outras áreas: • Recoñecer e participar da linguaxe escrita como medio de comunicación a través dos avisos da escola ás familias. Achegarse ao servizo de correos, como medio de comunicación, coñecendo diferentes aspectos:

85

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement