Page 86

Das outras áreas: • Valorar a necesidade e importancia de compartir as tarefas domésticas. Contidos: De lingua estranxeira: • Imperativos: Come here, Go away, Clean / Wash my... Expresión: I can... Linguaxe corporal: a voz, os xestos e a ubicación no espazo. Das outras áreas: • As tarefas domésticas: cales son e quen as fai. • Responsabilidade e cooperación. Desenvolvemento da proposta: • A introdución do proxecto pode comezar coa da lectura do conto “A Cincenta” por parte do profesorado titor, na lingua materna. • Nas sesións de lingua estranxeira a representación do diálogo da escena será a actividade fundamental: primeiro, preséntao o mestre ou a mestra para, gradualmente, ir introducindo a participación dos nenos e nenas nos diferentes papeis. Ademais, desenvolveranse as actividades que se relatan en cada escena como afianzamento e ampliación de contidos. • Na presentación do diálogo o mestre ou a mestra representará todos os personaxes, adxudicando a cada un deles un lugar fixo no escenario e identificándoo cunha tonalidade de voz e expresión xestual características. • Este esquema de introdución repetirase con cada unha das escenas. Material de apoio: • Un vestido. • Un par de botas. • Un par de zapatos. Actividades / tarefas propostas: • A descrición das actividades segue unha orde cronolóxica que permite observar o desenvolvemento gradual da proposta. • Tendo en conta que unha parte fundamental do traballo é a dramatización e que se intentarán facilitar situacións e material que motiven a participación, ao tempo que se desenvolven as actividades específicas de cada escena, cada neno e cada nena confeccionará unha marioneta representativa de cada personaxe que estará a súa disposición na aula, para propiciar a interactuación espontánea ou dirixida. Para lingua estranxeira: • Organización espacial da aula –semicírculo coas cadeiras ou sentados e sentadas no chan– antes de comezar as actividades. • Rutina (warm up): utilizando o esquema de “format” e mentres esteamos traballando esta escena repetiremos o pequeno diálogo: - Come here! - Hurry up! - Go away!

84

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement