Page 85

A idea é partir da presentación dos diálogos da obra nas clases de inglés e traballar en tarefas dentro do enfoque globalizado que van xurdir a partir da presentación dos diálogos. Ademais a propia preparación da representación teatral abriranos moitas posibilidades de traballo na que todos e todas van poder participar. Escollemos “Cinderella” pero este tipo de proposta pode adaptarse a calquera outro texto infantil (Little Red Riding Hood, Pretty Ritty, etc.). Lingüisticamente, interésanos manter o formato de diálogo pois coidamos que é o máis axeitado para facer este achegamento. O alumnado de infantil implícase emocionalmente máis cando se identifica directamente cos personaxes e estes expresan os seus sentimentos en primeira persoa. Durante varias semanas o traballo sobre os diálogos das seis escenas do conto constituirán o núcleo central das clases de inglés. A presentación destes diálogos farase seguindo un esquema, de maneira que as escenas se traballen de forma simultánea e non sucesiva ata que todo o grupo sexa quen de representar os diálogos dunha maneira significativa e sen que supoña ningún esforzo de memorización. A maneira de contar é moi importante para manter a atención e a motivación. Outro aspecto a ter en conta é manter unha organización espacial durante a clase de inglés. O alumnado colocarase coas súas cadeiras en semicírculo e o mestre ou a mestra presentará o diálogo dende unha posición central que lle permita moverse no espazo.

Presentación desde as áreas de coñecemento Aproveitar as posibilidades que ofrece “abrir” esta narración cun criterio globalizado a obxectivos e contidos doutras áreas conduce a unha aprendizaxe construtiva e significativa que se pode flexibilizar adecuándoa ás condicións de traballo particulares que o grupo, o momento ou as necesidades esixan.

Obxectivo xeral O obxectivo fundamental da lingua estranxeira no segundo ciclo da educación infantil debe ser a sensibilización cara á outra cultura en todas as súas manifestacións, das que a lingua é parte fundamental. Sensibilizar esixe comprender e coñecer e, nestes niveis, conséguese principalmente a través das experiencias. Poñer á disposición do alumnado as ferramentas e situacións de aprendizaxe axeitadas é o obxectivo necesario para o desenvolvemento dun proxecto educativo deste tipo. Nesta proposta didáctica as tarefas propostas procurarán o desenvolvemento de competencias relacionadas coas tres áreas e conducirán a unha dramatización final da narración dialogada en lingua estranxeira. Tanto os obxectivos específicos como os contidos relacionados estarán articulados,en cada escena, en función das condicións específicas que se presenten no grupo en cada momento, polo que os propostos nesta unidade son orientativos e revisables.

Temporalización A distribución temporal da proposta está prevista para un trimestre, tendo en conta a importancia de flexibilizar os tempos en función da magnitude de desenvolvemento do proxecto.

As escenas (ver anexo) Escena 1 Obxectivos: De lingua estranxeira: • Identificar e representar expresións imperativas nun contexto recoñecible. Explorar as posibilidades da linguaxe corporal e a situación no espazo nas dramatizacións.

83

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement