Page 84

5.2. CINDERELLA: Unha proposta didáctica para aulas mixtas do segundo ciclo de Educación Infantil Concepción Fernández Torices Mestra na EEI de Coirós de Arriba (Coirós) Luz Quiroga Fraga Mestra no CRA Ponte da Pedra (Carballo)

Xustificación Os proxectos de traballo e a lingua estranxeira A nosa proposta presenta o proxecto de traballo como forma de desenvolvemento das unidades didácticas porque permite: • Propoñer, consensuar, abordar un interese puntual xurdido na aula como punto de partida e encontro dunha aprendizaxe da que os nenos e nenas se apropian e van facendo medrar, construíndo as estadas para desenvolver as súas competencias básicas. • Flexibilizar obxectivos, contidos e temporalización consonte os diferentes niveis do alumnado, ofrecendo situacións de aprendizaxe abertas que facilitan a participación de todos e todas. • Dar significado ao proceso de aprendizaxe involucrando dun xeito activo ao alumnado e facéndoo protagonista e condutor no desenvolvemento das tarefas. • Globalizar, que é o xeito natural de acadar a significatividade neste ciclo. Chegar a unha globalización efectiva e óptima na educación infantil, cando inciden diferentes profesionais sobre un grupo, require un esforzo de colaboración e coordinación por parte do profesorado implicado que, baseado na vontade de levalo a cabo, é doado, motivador, enriquecedor e facilita enormemente o labor educativo en todos os aspectos. As aulas de educación infantil están cheas de elementos motivadores, acontecementos e intereses que poden ser xerme dun proxecto. Neste caso o profesorado de lingua estranxeira propón un conto clásico para traballar como proxecto globalizado coordinado co profesorado titor, de xeito que desde as sesións de inglés se abra ao resto das actividades cotiás da aula abranguendo distintos aspectos das tres áreas de coñecemento.

Presentación do proxecto desde a lingua estranxeira Partimos dunha adaptación do conto “Cinderella” que aparece nas páxinas fotocopiables do libro “Drama with children” by Sarah Phillips (Ed. Oxford). A selección dun conto clásico xustifícase nas súas propias características: • Contamos con coñecementos previos suficientes para facilitar a comprensión do contido lingüístico desde os primeiros contactos coa historia. • A estructura e composición do conto tradicional aporta elementos motivadores de contrastada eficacia. A preparación dunha representación teatral será o eixo central do que partiremos tanto para o traballo de contidos lingüísticos relacionados co inglés como a realización de tarefas que desenvolven outras competencias. Traballaremos a partir de 6 diálogos ao redor de seis escenas dunha adaptación teatral moi sinxela de Cincenta “Cinderella”.

82

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement