Page 81

• Avanzar na reflexión sobre a propia aprendizaxe, indo cara a unha maior autonomía e adquirindo estratexias de autoavaliación e coavaliación. Temporalización: A proposta desenvolverase nun periodo de 6-7 sesións de media hora cada unha. Materiais: • Froita (realia). • Gomets. • Ruleta das partes do corpo. • Contas de cores e cordóns. • Material para as actividades plásticas. Tarefas: • A primeira tarefa desenvolverémola coa axuda e en colaboración co profesorado titor. Aproveitaremos o momento do pequeno almorzo de media mañá para falar de alimentos saudables e, máis concretamente, da froita.

Proporémoslles un sistema de puntos para rexistrar as veces que toman froita no almorzo. O obxectivo é fomentar unha alimentación saudable, utilizando a motivación dos nenos e nenas e o seu interese por acadar puntos para conseguilo. Ao colocar o punto terán que dicir I like... (a froita que comeron), coa axuda do mestre ou a mestra. Deste xeito incluiremos unha rutina máis na aula, na que os nenos e nenas empregarán a lingua estranxeira dun xeito natural e espontáneo. • Xogo (‘guessing game’): organizaremos o alumnado en dous equipos: “bananas” e “lemons”, por exemplo. Para esta tarefa precisaremos realia e o xogo consistirá en empregar diferentes sentidos co obxectivo de dar coa froita misteriosa. O procedemento sería o seguinte: un ou unha integrante dun equipo fai xirar a ruleta e seralle asignado un dos catro sentidos posibles, por exemplo a vista. Neste caso só verá un anaquiño pequeno da froita en cuestión e deberá adiviñar de cal se trata. O mestre

79

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement