Page 80

• Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. • Competencia para aprender a aprender. Obxectivos: • Comprender vocabulario pertencente ao campo semántico da froita: apples, pears, oranges, grapes. • Repasar as cores e os conceptos big e small. • Expresar preferencias e gustos: I like/don’t like... • Recoñecer a existencia de linguas diferentes á propia, valorando a utilización da lingua inglesa na aula. • Mostrar interese pola comunicación na lingua inglesa, prestando atención e demostrando que se escoita. • Participar activamente en xogos, cancións e outras tarefas propostas na aula, respectando e valorando as intervencións propias e alleas. • Valorar e adquirir progresivamente hábitos de alimentación saudables. • Reflexionar e valorar os progresos acadados na propia competencia comunicativa en lingua inglesa, baseándose nas tarefas que é capaz de realizar nesa lingua e utilizando o Portfolio como instrumento de autoavaliación. Contidos: • Comprensión de vocabulario novo e de repaso: apples, pears, oranges, grapes, big, small, I like/don’t like. • Identificación da lingua inglesa como diferente á propia, apreciando o seu valor comunicativo. • Descubrimento do mundo que o rodea mediante diferentes sentidos, ampliando as súas posibilidades de exploración e coñecemento. • Elaboración de traballos plásticos nos que a lingua inglesa estea presente, mostrando interese pola súa coidada presentación. • Asociación de palabras e soporte visual, ben sexa o obxecto real ou unha fotografía, un debuxo... • Participación na degustación de froita. Criterios de avaliación: • Comprender vocabulario pertencente ao campo semántico da froita: apples, pears, oranges, grapes. • Comprender e empregar o vocabulario coñecido: as cores e os conceptos big e small. • Expresar preferencias e gustos: I like/don’t like... • Mostrar interese pola comunicación na lingua inglesa, prestando atención e demostrando que se escoita. • Valorar o emprego de diferentes sentidos á hora de explorar o mundo que o/a rodea. • Participar activamente nas tarefas propostas na aula e máis especialmente no desenvolvemento da tarefa final. • Valorar e adquirir progresivamente hábitos de alimentación saudables.

78

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement