Page 78

• Mediante unha canción trataremos de que os nenos e nenas valoren a hixiene dental: o mestre ou a mestra cantará a canción e animará ao alumnado a facer os xestos con el ou con ela. Presentamos dúas posibilidades, que empregaremos tendo en conta o nivel do alumnado: 1. One, two, three. One, two, three. Brush your teeth. Brush your teeth. Strawberry toothpaste. Strawberry toothpaste. Four, five, six. Four, five, six. (Frère Jacques tune). 2. One, two, three, four, five, brush your teeth, keep clean your mouth. Six, seven, eight, nine, ten, I don’t want a tooth decay. When do you brush your teeth?. Every time I eat a thing. Why do you brush your teeth?. Because it’s a good thing for me. (Tune: Once I Caught a Fish Alive, traditional nursery rhyme). • Modelado de plastilina (dentes): os nenos e nenas modelarán dentes e moas con plastilina branca (que precisaremos para a seguinte actividade). Poderemos incorporarlle tamén algo de plastilina gris (explicándolle o que é unha tooth decay, dándolle así importancia unha vez máis á hixiene buco-dental). A medida que van dándolle forma aos dentes, o mestre ou a mestra irá preguntando polas mesas: ‘How many teeth have you got?’. Deste xeito practican o vocabulario aprendido combinándoo coa realización dunha tarefa manual, como é o modelado de plastilina.

76

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement