Page 77

NENA ESPERTA E AÍNDA ESTÁ O DENTE: Suddenly the girl woke up again, but her tooth was still under the pillow... ‘Toothfairy, toothfairy, where are you?’. But nobody answered. NENA DURMINDO E A FADA DOS DENTES DEIXANDO O REGALO: Now Sarah is sleeping peacefully, but look!... Who’s she?... NENA ESPERTA POLA MAÑÁ E ATOPA O REGALO: In the morning her tooth wasn’t there, but Sarah found her present... É UN CESTIÑO CON TODO O NECESARIO PARA LAVAR OS DENTES. TAMÉN HAI UNHA NOTA DA FADA DÁNDOLLE AS GRAZAS E PEDÍNDOLLE QUE COIDE OS SEUS BONITOS DENTES: ‘Look, Lulu!! A toothbrush and strawberry toothpaste, too. Eh!? What’s that? A message!’: ‘Dear Sarah, I’m the Toothfairy. Thanks for your tooth. Please clean your teeth everyday, they are beautiful.’ NENA MOI CONTENTA USANDO O SEU REGALO. • Debate sobre as diferenzas e similitudes entre esta historia e a de Pérez (interculturalidade). Elaboración dun mural coa información que temos de Toothfairy: o personaxe é distinto a Pérez e a súa lingua tamén. • Xogo: os nenos e nenas séntanse nun círculo e o mestre ou a mestra (que é Toothfairy) ten un dente e un xoguete e vai camiñando arredor deles: ‘I’m the toothfairy, I’m the toothfairy, give me your tooth and I’ll give you a present’. O alumnado, cos ollos pechados, canta tamén a canción. Toothfairy deixará o dente detrás dun neno ou dunha nena e no momento en que diga ‘Tooth!’, todos e todas abren os ollos e miran se teñen un dente detrás deles. O que o teña terá que tentar atrapar a Toothfairy e pedirlle o xoguete (en inglés) antes de que ela se sente no sitio que quedou baleiro. Se Toothfairy consegue sentarse sen ser atrapada, o neno ou a nena que tiña o dente pasa a ser Toothfairy e logo de elixir un xoguete, volve a empezar o xogo. Gaña quen consiga máis xoguetes.

• Realización dun debuxo de Toothfairy e do ratiño Pérez, que se incorporará ao dosier de cada alumno (PEL). • Contando co encerado dixital: os nenos e nenas traballarán co encerado dixital interactivo. A actividade consiste en axudar a Toothfairy a atopar os dentes e os xoguetes que perdeu, para posteriormente contalos. Vocabulario: one, two, three, four, five, six, pillow, tooth, teeth, toothfairy, teddy, doll, train. Repaso das cores: red, green, yellow, pink, blue, brown.

75

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement