Page 76

• Participar activamente nas actividades propostas, valorando as achegas e opinións dos e das demais e respectando as normas básicas da aula. • Valorar a educación para a saúde, mostrando interese polos hábitos de hixiene. Temporalización: De 6 a 8 sesións, de media hora cada unha. Materiais: • Filme: Pérez, o ratiño dos teus soños. • Marionetas: personaxes do conto Toothfairy, where are you? • Flashcards. • Plastilina. • Material de psicomotricidade: aros, colchóns, picas... • Actividades para o encerado dixital interactivo. • Material para as actividades plásticas: papeis de cores, pegamento, lapis... Tarefas: • En colaboración co profesorado titor do grupo detectaremos as ideas previas do alumnado: os nenos e nenas traballaron previamente na clase con fragmentos do filme Pérez, o ratiño dos teus soños en galego. A finalidade desta tarefa é o achegamento por parte do alumnado ao personaxe do rato Pérez: quen é?, que é o que fai?, que temos que facer para que nos visite?. Crearemos tamén un mural coa información recollida. • Relato dun conto empregando marionetas, coa finalidade de presentarlles o personaxe de Toothfairy aos nenos e nenas, así como novo vocabulario en inglés relacionado co campo semántico dos xoguetes (teddy, doll, train) e a hixiene bucal (tooth, toothpaste, toothbrush): ‘Toothfairy, Where Are You?’ NENA QUE SE LLE CAE UN DENTE: ‘Oh, no! My tooth!’ PAI POÑENDO O DENTE DEBAIXO DA ALMOFADA: ‘Don’t worry Sarah. if we put the tooth under your pillow, the toothfairy will come for it and she’ll bring a present for you!’ NENA SOÑANDO QUE ATOPA UN XOGUETE: The girl fell asleep and now she’s dreaming about her present: ‘Oh, how a lovely teddy bear!’ NENA ESPERTA E AÍNDA ESTÁ O DENTE: Suddenly Sarah woke up, but her tooth was still under the pillow... ‘Toothfairy, toothfairy, where are you?’ But nobody answered. NENA SOÑANDO QUE ATOPA OUTRO XOGUETE DISTINTO: Ssshhhh! The girl is sleeping and dreaming again: ‘Oh, I love this doll!’ NENA ESPERTA E AÍNDA ESTÁ O DENTE: But a terrible noise woke up Sarah: ‘What’s that? Toothfairy, is that you?’ No, it wasn’t the toothfairy, but Sarah’s cat: ‘Lulu, you have to go to bed or the toothfairy won’t come.’ NENA SOÑANDO QUE ATOPA OUTRO XOGUETE DISTINTO: Be quiet! Sarah is sleeping... ‘A red train!’

74

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement