Page 73

• Na seguinte actividade os nenos e as nenas traballarán co encerado dixital interactivo. Realizarán tarefas de exploración e asociación imaxe-son. Con esta tarefa pretendemos que se familiaricen co emprego do EDI, á vez que traballan a súa competencia lingüística. A maioría das actividades serán bilingües, onde o alumnado terá que discriminar entre a lingua estranxeira e o galego.

• A seguinte tarefa que realizaremos será un xogo, baseado unha vez máis no TPR. Os nenos e as nenas bailarán ao ritmo da música e cando esta pare de soar, o/a mestre/a diralles: ‘Stick it on your... (leg, head, arm...)’. Nese momento, o alumnado terá que pegar un gomet na parte do corpo correspondente. O mestre ou a mestra pode servirlles aos nenos e ás nenas de soporte visual, sendo un ou unha participante máis na actividade. Ao final comprobaremos cantas pegatinas ten que ter cada parte do corpo, practicando unha vez máis o vocabulario aprendido. • Creación de marionetas con goma eva: darémoslles as distintas partes dun Gingerbread Man e velcro adhesivo. Os nenos e nenas irán seguindo as instrucións do mestre ou a mestra para conseguir formar as súas marionetas, que utilizarán na seguinte actividade. • Xogo coas marionetas: nesta tarefa o alumnado traballará en grupos (faremos os agrupamentos dependendo do número de alumnado que teñamos na aula, de xeito que teñamos non máis de catro grupos para así poder supervisalos mellor). O alumnado desmontará as marionetas que elaborou previamente: a tarefa consiste en construír de novo as súas marionetas. Para iso elaboramos un dado (teremos un por cada grupo) que ten un debuxo dunha parte do corpo en cada unha das súas caras: head, body, legs, arms, feet e hands. Os nenos e nenas, por turnos, irán tirando o dado e engadirán a parte do corpo que lles toque. Gañará quen antes consiga todas as pezas da súa marioneta. • A última actividade antes da tarefa final consistirá nunha dramatización do conto de Gingerbread Man. Será unha dramatización non-verbal, onde o profesorado actuará de narrador e o alumnado realizará as accións correspondentes.

71

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement