Page 69

Propostas Didácticas O profesorado especialista na lingua estranxeira estará coordinado en todo momento co profesorado titor do grupo de alumnos e alumnas, de tal forma que a aprendizaxe da nova lingua non sexa un compartimento estanco no proceso formativo da criatura. Así, as rutinas diarias que levan a cabo co seu titor ou coa súa titora (the weather, the calendar...) manteranse no momento da entrada do profesorado especialista na aula.

A creación dunha contorna atractiva na aula é fundamental para preservar o interese inicial dos nenos e nenas cara á nova lingua, polo que tentaremos presentarlles un contexto relacionado cos seus intereses e preferencias. Unha posibilidade interesante é a creación dun recuncho das linguas (relacionado co Portfolio Europeo das Linguas, PEL), de xeito que os nenos e nenas se aperciban da existencia doutras linguas e culturas e as valoren como medios de comunicación e vías de aprendizaxe. Comezaremos a clase de inglés sempre dunha forma motivadora para o alumnado, empregando por exemplo unha canción de saúdo: Hello, hello, hello everybody!! Hello, hello, good morning... (Paula)!! Cada día cambiaremos o nome do neno ou da nena que aparece na canción, aumentando a atención e interese dos nenos e as nenas ao inicio da clase.

5.1.1. THE GINGERBREAD MAN A seguinte proposta desenvolverase paralelamente e de maneira coordinada co traballo que o profesorado titor do grupo leva a cabo cos nenos e nenas sobre o tema do corpo. Na clase de inglés partiremos dun conto sobre un personaxe presente na cultura inglesa ‘The Gingerbread Man’, que será traballado tamén en galego co titor ou a titora. Deste xeito presentámoslles as convencións lingüísticas presentes na narración de contos dende as dúas linguas e os nenos e nenas irán adquirindo progresivamente expresións como ‘Once upon a time...’, á vez que reforzamos o aprendido en ámbas as dúas linguas. Tomando este texto narrativo como punto de partida, proporemos unha serie de tarefas nas que o alumnado irá descubrindo as partes do seu corpo, incidindo na importancia da educación para a igualdade de xénero. Nestas tarefas darémoslles un grande protagonismo ás TICs, e máis concretamente á utilización do EDI (Encerado Dixital Interactivo), onde os nenos e nenas realizarán actividades de exploración e asociación. Todas estas tarefas levarannos á realización dunha tarefa final que consistirá nun obradoiro de cociña: The Gingerbread Man Sandwich!. Nivel: 3 anos Competencias básicas: Ademais da competencia en comunicación lingüística, fundamental na aprendizaxe de linguas, fomentaremos principalmente a adquisición das seguintes competencias: • Competencia dixital e tratamento da información, a través de actividades interactivas. • Competencia cultural e artística. • Competencia social e cidadá, incidindo na importancia dunha educación non sexista.

67

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement