Page 67

Contidos: • Utilización e valoración progresiva da lingua oral para evocar e relatar feitos, para explorar coñecementos, para expresar e comunicar ideas e sentimentos e como axuda para regular a propia conduta e a dos e das demais. • Uso progresivo, segundo a idade, de léxico variado e con crecente precisión, estruturación apropiada de frases, entoación adecuada e pronunciación clara. • Participación e escoita activa en situacións habituais de comunicación. Acomodación progresiva dos seus enunciados aos formatos convencionais, así como achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais. • Utilización adecuada das normas que rexen o intercambio lingüístico, respectando a quenda da palabra, escoitando con atención e respecto. • Interese por participar en interaccións orais en lingua estranxeira en rutinas e situacións habituais de comunicación. • Comprensión da idea global de textos orais en lingua estranxeira, en situacións habituais da aula e cando se fala de temas coñecidos e predicibles. Actitude positiva cara á lingua estranxeira. • Interese e atención na escoita de narracións, explicacións, instrucións ou descricións, lidas por outras persoas. • Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos como ordenador, cámara ou reprodutores de son e imaxe, como elementos de comunicación. • Achegamento a producións audiovisuais como películas, debuxos animados ou videoxogos. Valoración crítica dos seus contidos e da súa estética. • Expresión e comunicación de feitos, sentimentos e emocións, vivencias, ou fantasías a través do debuxo e de producións plásticas realizadas con distintos materiais e técnicas. • Interpretación e valoración, progresivamente axeitada, de diferentes tipos de obras plásticas presentes na contorna. • Experimentación de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión e a comunicación. • Utilización, cunha intención comunicativa e expresiva, das posibilidades motrices do propio corpo con relación ao espazo e ao tempo. • Representación espontánea de personaxes, feitos e situacións en xogos simbólicos, individuais e compartidos. • Participación en actividades de dramatización, danzas, xogo simbólico e outros xogos de expresión corporal.

2. Autocoñecemento e autonomía Obxectivos: • Identificar os propios sentimentos, emocións, necesidades ou preferencias, e ser capaces de denominalos, expresalos e comunicalos aos e ás demais, identificando e respectando, tamén, os dos e das demais. • Coñecer o seu corpo e os seus elementos, descubrindo as posibilidades de acción e de expresión, coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos. • Realizar, de maneira cada vez máis autónoma, actividades habituais e tarefas sinxelas para resolver problemas da vida cotiá, aumentando o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa, e desenvolvendo estratexias para satisfacer as súas necesidades básicas.

65

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement