Page 60

Autonomía e iniciativa persoal Poderase contribuír a mellorar esta competencia cando dende a aula se desenvolvan procesos de ensino e aprendizaxe que propicien por parte do alumnado a capacidade de imaxinar, explorar, planificar, de emprender accións, de buscar e seleccionar información e materiais, de valoración de diferentes opcións, de desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade, etc. Dende esta perspectiva, fomentarase esta competencia dende a clase de lingua estranxeira cando o mestre ou a mestra deseñe actividades e tarefas que requiran por parte do alumnado que tome decisións, que elixa materiais, que busque solucións, que formule hipóteses, etc., utilizando como lingua de comunicación a inglesa. Actividades tan sinxelas como meter un obxeto nunha caixa e movela para escoitar o ruído que fai dito obxecto e, en función do escoitado, adiviñar de que se trata, ou suxeitar a caixa e, en función do peso, adiviñar o obxecto, son actividades que fomentan a iniciativa do alumnado á hora de realizar estimacións en relación ao peso ou predicións en relación ao son.

Conclusión O exposto ata aquí permítenos afirmar que pode existir un traballo conxunto entre os mestres e mestras de Educación Infantil e de Lingua Estranxeira cara á consecución dun mesmo obxectivo en materia educativa, sempre que se establezcan as canles de colaboración axeitadas Por outra banda, se buscamos unha entrada efectiva dos e das especialistas de lingua estranxeira na etapa de Educación Infantil, é necesario desterrar actos de boa vontade por parte duns/dunhas e de camaradería doutros/as. O obxectivo fundamental é expor ao alumnado a unha terceira lingua, en prol dun desenvolvemento hármonico e integral do mesmo, o que requirirá como punto de partida un traballo en equipo por parte do todo o profesorado que imparta docencia no ciclo, onde cada quen, dende a súa parcela de coñecemento, faga a súa propia achega, que redundará no beneficio dos e das demais á hora de establecer as pautas de intervención axeitadas.

58

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement