Page 58

Outra actividade cotiá nas aulas de infantil é a do peso e medida unha vez ao trimestre, durante os tres cursos do ciclo, facendo despois unha gráfica a tamaño real onde se vai amosando o crecemento do alumnado utilizando unha cor diferente en cada trimestre, facilitando así a visualización da evolución do incremento en peso e altura. Nalgún trimestre esta actividade pode ser realizada polo mestre ou pola mestra especialista en lingua inglesa, seguindo as indicacións do profesorado titor.

Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico Contribuiremos á adquisición desta competencia dende educación infantil, co fin de iniciar os nenos e nenas no pensamento científico, a través da realización de experiencias sinxelas, potenciando o desenvolvemento de habilidades de investigación e pensamento, onde o alumnado terá que formular hipóteses, que non son máis que concepcións previas froito de experiencias anteriores, recoñecer evidencias, observar para buscar novas solucións, formular interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas..., co obxectivo final de solventar un problema. O recanto das experiencias ocupará un lugar relevante na distribución espacial da aula, e alí estará ubicado o material correspondente ao desenvolvemento do proxecto en cuestión –terrarios, acuarios, sementes, plantas, instrumentos de medida, material relacionado co obxecto de traballo dos proxectos, etc– buscado e seleccionado tanto polo alumnado, como achegado polas familias dos nenos e nenas, no afán de crear unha escola inclusiva onde as familias desempeñen un papel activo no desenvolvemento dos seus fillos e fillas. É conveniente que o profesorado de lingua inglesa profunde nos mesmos contidos que está a traballar o titor ou titora no proxecto de traballo consonte os intereses amosados polo alumnado, partindo así dunha motivación obxectiva, o que garante o éxito das aprendizaxes. En definitiva, trátase de seguir traballando o mesmo pero cunha lingua diferente.

Tratamento da información e competencia dixital Para contribuír ao desenvolvemento desta competencia dende a etapa de Educación Infantil, haberá que prever situacións que requiran a utilización das tecnoloxías da información e comunicación na aula. Así, a resolución de problemas concretos e a realización de experiencias sinxelas serán os desencadeantes que permitan a súa utilización na mesma. Igual que no caso das competencias anteriores, o recanto do tratamento da información e a competencia dixital será vital na aula de educación infantil. Nel, os nenos e nenas aprenderán a utilizar o ordenador non como un fin en si mesmo, senón como un medio de busca de información que unha vez procesada e avaliada poderá converterse en aprendizaxe. Aprenderán a descubrir as diversas posibilidades que ofrece, como pode ser o acceso á Internet para visualizar experiencias relacionadas cos proxectos de investigación a traballar, como medio de información sobre acontecementos de todo tipo a través de xornais dixitais, ligazóns de interese, blogues, wikis, etc. En última instancia, trátase de que a escola facilite o acceso ao mundo das tecnoloxías da información e comunicación a todo o alumnado. Tendo en conta o exposto, o profesorado de lingua estranxeira debe incorporar as tecnoloxías de información e comunicación á sua práctica docente na aula de educación infantil, para buscar información, facer un xogo, ler e escoitar un conto, cantar e representar unha canción, etc.

Competencia social e cidadá Para conseguir a adquisición desta competencia os valores que transmitimos ao noso alumnado deben ser integrados por cada neno e nena e incorporados ao ser individual, non quedando unicamente como unha información teórica. Para que isto sexa posible é imprescindible o compoñente vivencial a través da experiencia máis próxima; neste sentido nos centros educativos, e na etapa de infantil máis concretamente, a aula converterase nun lugar privilexiado por todas as posibilidades que ofrece á súa dinámica cotiá. A aula será o contexto onde os alumnos e alumnas terán os seus espazos e tempos como protagonistas, recoñecendo a súa valía como persoas e as súas contribucións ao grupo. Fomentaremos

56

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement