Page 56

4. Busca de información O profesorado porá ao alcance do alumnado as fontes de información que lle permitan buscar os datos necesarios para o desenvolvemento do traballo (visionado dunha película, unha visita, consultas na biblioteca de aula, centro ou localidade, aula de informática, prensa...). Ao mesmo tempo, será enviada unha nota informativa ás familias onde se lles explicará o tema sobre o que estamos a traballar, solicitando a súa axuda na achega de material relacionado co mesmo, que buscarán de maneira conxunta cos seus fillos e fillas. 5. Selección e clasificación de datos Trátase de discriminar os datos máis pertinentes en función dos obxectivos propostos. 6. Conclusión e xeneralización É o momento de confirmar ou non a validez das hipóteses previas e ampliar así o campo de coñecemento. En relación ao profesorado de lingua estranxeira, deberá estar informado do proxecto sobre o que imos traballar e, así, poder establecer unha liña de actuación común en relación ao profesorado titor que lle permita seguir afondando dende a súa área nos mesmos contidos relacionados cos obxectivos a conseguir no proxecto en cuestión. Se na aula se vai desenvolver un proxecto sobre as olimpiadas, cómpre que o profesorado especialista en lingua extranxeira saiba o que o alumnado quere aprender en relación ao mesmo para planificar a súa actividade e deseñar así tarefas relacionadas co proxecto. Será o momento dende a clase de lingua estranxeira para traballar, entre outros, os deportes e as accións relacionadas cos mesmos. Dende esta perspectiva estamos garantindo a motivación do alumnado en todo momento, xa que partimos dos seus intereses á vez que fomentamos o enfoque globalizador e integrador que debe impregnar a etapa.

4.2.1. Desenvolvendo competencias: un labor conxunto As competencias básicas fan referencia a aquelas aprendizaxes que se consideran inprescindibles dende un enfoque integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos, de aí o termo de básico. A través do traballo das áreas de coñecemento que configuran a etapa de Educación Infantil e sen perder de vista o enfoque globalizador que debe caracterizar a metodoloxía da mesma, preténdese que todos os nenos e nenas acaden os obxectivos educativos, e, consecuentemente, tamén as competencias básicas. Porén, non existe unha relación unívoca entre a ensinanza de determinadas áreas ou materias e o desenvolvemento de certas competencias. Cada unha das áreas contribúe ao desenvolvemento de diferentes competencias, e, á súa vez, cada unha das competencias básicas alcanzarase como consecuencia do traballo nas tres áreas. Dende este enfoque integrador, no que se desdebuxan os límites entre os distintos contidos que configuran a etapa, en relación coa concepción da realidade como un continuum que teñen os nenos e nenas a estas idades, abordaremos aquí o desenvolvemento das distintas competencias a través das actividades de ensino e aprendizaxe.

Competencia en comunicación lingüística No marco do Proxecto Lingüístico do centro, o tratamento das linguas (ambientais e estranxeira) será inclusivo, na liña do Meu primeiro portfolio, para que as linguas se desenvolvan paralelamente dun xeito natural iniciando os nenos e nenas no plurilingüismo. Contribuirase á mellora da competencia lingüística coa realización daquelas actividades que propicien a participación do alumnado en situacións onde teñan que falar e escoitar, respectando e valorando as achegas e opinións dos e das demais. Ademais, contribuirá ao desenvolvemento de todos os aspectos relacionados coa comunicación lingüística o bo funcionamento e organización da biblioteca de aula, converténdose no apoio fundamental para todo o currículo, polo que será necesario que esta ocupe un lugar relevante no desenvolvemento das distintas tarefas que se realicen na aula e con distintos obxectivos:

54

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement