Page 55

4.2. AS COMPETENCIAS BÁSICAS NA EDUCACIÓN INFANTIL Manuel Andrés Maroño Frade Mestre especialista en Lingua Inglesa e Educación Infantil CEIP Cruceiro de Canido (Ferrol)

Aínda que segundo a Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, as Competencias Básicas veñen indicadas para o ensino obrigatorio, a etapa da Educación Infantil debe considerarse como o punto de partida para o seu tratamento, establecendo os alicerces que faciliten o desenvolvemento de aprendizaxes posteriores. Estas competencias, xa que logo, orientarán e impregnarán o currículo da etapa de educación infantil, téndose como referentes que guíen a práctica educativa e condicionen o tratamento das áreas. Esta nova concepción curricular converte as competencias básicas no referente fundamental a desenvolver, de forma conxunta cos obxectivos, durante toda a etapa da Educación Infantil. A incorporación das competencias básicas ao currículo obriga a reformular a práctica educativa. De entrada, o traballo nas distintas áreas será o referente fundamental para o desenvolvemento tanto das competencias como dos obxectivos, pero a maiores cómpre contemplar medidas organizativas e funcionais imprescindibles para o seu desenvolvemento. Referímonos ao uso de determinadas metodoloxías e recursos didácticos, á organización dos centros e das aulas, á participación do alumnado, ás normas de réxime interno, á concepción, organización e funcionamento da biblioteca de aula, ao Plan de Acción Titorial, ao Proxecto Lingüístico do centro, ao Plan lector, ao Plan TIC, ao Plan de Convivencia, á Coordinación Docente, ás Actividades Complementarias e Extraescolares, etc. Dende un punto de vista metodolóxico, precísase un cambio: débense abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecementos por modelos que permitan a mobilización de diferentes recursos cognitivos. A propia incorporación da competencia básica na normativa curricular, Aprender a aprender, principio fundamental da concepción construtivista da aprendizaxe, establece o obxectivo principal da nosa intervención educativa, o desenvolvemento no alumnado da capacidade de realizar aprendizaxes significativas por si mesmo nunha ampla gama de situacións e circunstancias. A metodoloxía da que se debe partir para desenvolver as distintas competencias, será sobre todo, o traballo por proxectos e tarefas, centrado na resolución de problemas, a partir das necesidades e intereses presentados polo alumnado. Este tipo de metodoloxía favorece o traballo dos diferentes tipos de contidos (conceptos, destrezas e actitudes), fomenta a atención á diversidade (preséntanse diferentes actividades con diferente grao de realización, en función da competencia de cada alumno e alumna, existe diversidade nos agrupamentos, etc.) e fomenta a capacidade de desenvolver aprendizaxes significativas, xa que se promove a activación dos coñecementos previos. O alumnado é consciente do que vai facer e implicámolo activamente, polo que está motivado. A continuación presentamos unha exemplicación de como se pode desenvolver un proxecto nesta etapa: 1. Partir da motivación do alumnado Teremos en conta os intereses, motivacións, suxestións... do alumnado xurdidos en relación a algo acontecido na súa contorna inmediata (unha nevada, o visionado dunha película, a chegada da volta ciclista á cidade, a visita a un castelo, a celebración dos xogos olímpicos, etc.). 2. Explicitación das preguntas Unha vez elixido o tema sobre o que o alumnado quere traballar é necesario seleccionar os obxectivos en relación ao proxecto de traballo, que serán establecidos a partir da explicitación das preguntas realizadas polo alumnado en relación ao seu propio interese: por que se celebran olimpiadas?, que deportes inclúen?, en que país se realizan?... 3. Respostas intuitivas ou hipóteses Teremos en conta as respostas ofrecidas polos nenos e nenas cara ao tema, o que nos permitirá establecer os seus coñecementos previos para así poder secuenciar axeitadamente os contidos.

53

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement