Page 51

Xerarase un ambiente físico de aprendizaxe: grato, afectivamente significativo e esteticamente agradable que lles permita ás criaturas sentirse cómodas, seguras e acollidas. Favorecerase a creación dun clima de estimulación e seguridade afectiva que teña en conta a aceptación e valoración das achegas de cada criatura, tanto por parte da persoa docente como por parte do resto de compañeiras e compañeiros. O profesorado debe ter altas expectativas nas posibilidades das nenas e dos nenos en todos os planos e darlle sinais claros das súas potencialidades, animando e preocupándose de que as criaturas poidan superar desafíos, perseverando e desenvolvendo a tolerancia e a frustración. A atención da mestra ou o mestre é unha ferramenta básica para sentirse querido/a e permitirlle afrontar os retos da aprendizaxe e desenvolver unha autoestima positiva, pois a imaxe que constrúen de si mesmos/as é, en gran parte, o reflexo daquelas que lle trasladan as persoas que o/a rodean.

Organización do ambiente de aprendizaxe: espazo, materiais, agrupamentos e tempo Unha axeitada organización do ambiente, incluíndo espazos, recursos, tipo de agrupamentos e distribución do tempo, será fundamental para a consecución das intencións educativas. A organización dos contextos onde se desenvolve a vida dos pequenos e pequenas incide de maneira directa na súa aprendizaxe e favorece o desenvolvemento da autonomía e a interiorización de normas. Puntualizacións a ter en conta á hora de tomar decisións na organización do ambiente de aprendizaxe:

Espazo • Todos os espazos da escola deben deseñarse e distribuírse con intencionalidade educativa. A forma en que organizamos e manexamos o espazo da nosa aula, constitúe de por si unha mensaxe curricular e reflicte un modelo educativo, xa que a forma en que organicemos o espazo e cada unha das súas zonas di moito con respecto ao tipo de comportamento instrutivo e comunicacional que esperamos do alumnado. • O equipo educativo debe implicarse pedagoxicamente na configuración dos espazos, debe transformalos ata convertelos no marco axeitado para que nenas e nenos poidan desenvolverse e aprender mellor. • Un espazo coidadosamente disposto engade unha dimensión significativa á experiencia educativa, dende o momento que inflúe no alumnado: - Atraendo o seu interese. - Ofrecéndolle información. - Estimulando o emprego de destrezas. - Comunicando límites e expectativas. - Facilitando as actividades de aprendizaxe. - Estimulando o desexo de aprender. • A distribución da aula establecendo diversos espazos posibilita que o alumnado desenvolva ao mesmo tempo tarefas diferentes. • Convén dispor de áreas diferenciadas de actividade, como, por exemplo recantos da biblioteca, das construcións, das mensaxes, das noticias, do ordenador, de letras, das audicións, de teatro, da arte, etc., como espazos confortables que inviten a desenvolver actividades neles, e contando con material axeitado e ao seu alcance. Estes recantos estimularán a interacción entre iguais, facilitarán a actividade mental, a planificación e a toma de decisións de xeito autónomo e permitirán atender á diversidade. • A organización dos espazos debe garantir a súa flexibilidade, é dicir, debe posibilitar que non todas as nenas e nenos fagan o mesmo ao mesmo tempo, e tamén debe permitir unha variedade de usos dos diferentes espazos ao longo da xornada, e mesmo ao longo do curso.

49

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement