Page 36

sentido só pode conducir a que o noso alumnado rexeite a materia por non podela incorporar ao seu mundo. A instrución pois, ha de basearse sempre na creación dunha contorna enriquecedora, única xeradora de aprendizaxes. Por conseguinte, no deseño desta instrución haberemos de ter en conta o como aprenden os pequenos e pequenas. Bruner (1984) propón o deseño das estadas baseándonos nos tres sistemas de actividade que el considera base para a aprendizaxe: acción, pensamento e linguaxe. A maioría dos seus traballos, realizados no “Centro de Estudos Cognitivos” exploran aspectos como: a influencia da actividade, a percepción e a linguaxe na adquisición do concepto de conservación (recordo); ou o que é o mesmo, a representación, que, como xa dixemos antes, viría asociada a tres niveis ou códigos diferentes: enactivo –asociado á acción–, icónico –conectado coa imaxe que conformamos do exterior– e simbólico. Estes tres códigos de representación non se integran uns noutros, senón que son dalgún modo independentes, dando lugar a un sistema de representación múltiple que permite ao suxeito percibir o conflito entre os distintos modos de representación, de tal sorte que a procura da solución terá como resultado o desenvolvemento cognitivo. Á vista desta teoría de aprendizaxe decatámonos de que a aprendizaxe non ten un carácter lineal, senón que se asemella máis ao movemento dunha espiral. As representacións son simultáneas e nútrense unhas doutras7. Outro factor a ter en conta á hora de realizar un deseño de intervención son as distintas fases polas que cada individuo pasa á hora de realizar unha aprendizaxe: adquisición, transformación e avaliación do coñecemento propio, e que son características de todos os niveis. Pomos especialmente énfase en todos os niveis, pois en moitas ocasións a fase de avaliación non se inclúe entre as fases dos máis pequenos e pequenas, pero cada neno e cada nena é consciente, dende a infancia, do éxito ou fracaso na realización dunha determinada actividade. Cando un neno ou unha nena fala, avalía o grao de comprensión das persoas adultas, por iso enfádase ao darse conta de que non é quen de transmitir o que quere e, con todo, congratúlase –cun sorriso de felicidade– de conseguir o éxito na comunicación. Evidentemente, estas aprendizaxes provócanse a través dos contextos que propoñen as persoas adultas, a través dunha organización estruturada da actividade proporcionan as estadas que os nenos e as nenas necesitan. A tarefa na que persoa adulta e os nenos e nenas se embarcan pasa por unha serie de momentos que propomos que se sigan á hora de deseñar a instrución: 1. A persoa adulta segmenta a tarefa, co fin de ritualizar ou dar forma a algunhas subrutinas das que se compón. 2. Constrúese unha idea clara do que terá que completar –aquilo que o neno non é capaz de realizar tendo en conta o seu nivel de desenvolvemento e cal é a súa “Zona de Desenvolvemento Proximal”–. 3. Identifica, a partir da avaliación dos saberes do neno ou a nena. Avanzará sobre o que será capaz de asumir, sen que caia no aburrimento, ben por exceder a tarefa o límite do mesmo ou por terse afastado demasiado do seu nivel de desenvolvemento.

3.2.2.2. Metodoloxía por tarefas en Educación Infantil Se asumimos os parámetros anteriormente expostos, á hora de deseñar unha Unidade Didáctica teremos que concibilo como un todo e enfocalo cara á realización dunha tarefa final. Esta tarefa final deberá asociarse a unha serie de pequenos momentos –rutinas–, que teñan pleno sentido illa-

A representación enactiva: o neno ou nena ou unha persoa adulta xunto cun neno ou unha nena actúan; a representación icónica: ve o que ten ao seu redor e os movementos que suceden, e a representación simbólica: a persoa adulta fala á vez que se move e proponlle que faga, unido á estrutura do discurso no que se presenta: normalmente cíclica, unha hipótese pode xurdir en calquera momento, e a seguinte apoiarase na adquisición da anterior, pero só cando se verifica a bondade da primeira para formar parte do noso pensamento. Por iso é polo que Bruner fala da necesidade dun currículo escolar en espiral, un continuo que nace da actividade e se nutre dela.

7

34

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement