Page 31

c) Deste xeito xérase a estrutura de quendas de palabra: persoa adulta fala, espera o sorriso ou reacción e volve repetir a acción. Logo dun tempo a criatura utilizará a reacción de xeito intencionado para provocar o xogo coa persoa adulta. d) Posteriormente desenvolverase unha estrutura textual complexa: un exemplo moi claro deste esquema atopámolo dende os 5 ou 6 meses, no xogo de cu-cu: xeralmente o meniño ou meniña no colo da súa nai segue o xogo a outra persoa adulta ou un neno ou nena maior, a persoa adulta escóndese detrás das costas da nai e di cu-cu, ponse de pé e a mesma persoa adulta di: tas!. O xogo continúa de tal xeito que a criatura nun momento concreto mirará detrás das costas da nai para volver provocar o xogo. e) Aos poucos e a través da intervención educativa da contorna adulta (un movemento de cabeza, engurrar o entrecello, medio-pechar os ollos) comezarán a ter significado: “non entendo”. Manter a mirada entenderao necesario para demostración de atención e a repetición como eco, da última sílaba tónica como síntoma de asentimento. Pero na interacción coas persoas adultas non só se desenvolven as estratexias de comunicación, senón tamén, dado que estas interaccións adoitan darse en situacións similares, a criatura vaise formando unha estrutura do discurso e as regras que determinan a súa intervención, podendo aos poucos adiantarse ao que posteriormente ocorrerá, é dicir, desenvolver estratexias predictivas, que lle posibilitarán o acceso a estruturas máis complexas. En suma, coa linguaxe adquirimos a capacidade para intervir, interpretar, modificar a interacción nosa e dos e das demais. Estas estratexias de comunicación van acompañadas dun tipo de lingua único, o denominado caretaker speech ou “fala maternal” e que demostra que as persoas que rodean aos máis pequenos e pequenas adaptan a súa linguaxe para que poida ser mellor entendida, pero tamén para propiciar a xeración das regras gramaticais. Littlewood (1984) realiza unha análise dos estudos sobre o tema e ofrécenos as seguintes características desta “linguaxe adulta” dirixida a meniños e meniñas: Xeralmente fálase de xeito máis lento e claro, Con maior variación e esaxeración tonal. Conteñen frases máis curtas que as dirixidas aos adultos. É máis correcto gramaticalmente falando. Teñen un menor número de frases entrecortadas e falsos comezos. Contén menor número de frases compostas. Ten unha menor variedade de tempos verbais. O vocabulario é máis limitado. Hai moita repetición. Fálase en grao sumo próximo: do aquí e o agora (Littlewood 1984: 15) Shatz e Gelman, en 1973, xa constataran que esta característica de adaptación ás necesidades dos e das máis pequenos e pequenas (SAAL) é evidente xa nas producións de nenas e nenos dende os catro anos, cando dirixen as súas mensaxes a menores. Nenas e nenos desta idade son capaces de adaptar as súas explicacións a diferentes oíntes: con nenas e nenos menores falan con palabras simples e frases máis curtas que con nenos e nenas da súa idade ou con persoas adultas.

3.1.3. As estruturas de interacción meniño/a-persoa adulta: formatos Pero non é só a estrutura lingüística o que adaptan maiores, pequenos e pequenas nas súas interaccións. A través da análise dos xogos entre nenos e nenas e persoas adultas, máis especificamente dos datos obtidos das producións realizadas polas nais, Bruner constata a existencia dun estrutura similar en todas as interaccións destinada a desenvolver capacidades nas criaturas, organizada nos seguintes momentos: 1. “Dar exemplo: Case sempre se comeza polo xogo baseado en movemento, a nai desenvolve movementos claros e precisos para que se dea conta o pequeno do que vai facendo. 2. Un segundo paso é dar pistas unha vez adquirido algún tipo de rutina ou sub-rutina para chegar a un fin, a nai dálle pistas para que vaia recordando os pasos que ha de dar, ou a estrutura de aplicación das mesmas.

29

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement