Page 29

ou “programa interior do aprendiz” que, evidentemente, corresponde ao nivel de conceptualización, é dicir, as regras que sexa capaz de xerar de acordo co estadio lingüístico no que se atope. c) O terceiro aspecto que nos fixo reformularnos estes traballos está asociado ao valor do erro como demostración de aprendizaxe. As teorías conductistas, tan presentes ata época moi recente nas nosas aulas, outorgaban ao erro un valor moi negativo, por iso é polo que na programación do noso traballo o profesorado debía evitalo por todos os medios. A partir do estudo da evolución lingüística na infancia, cobra unha nova dimensión: erro como síntoma de adquisición dunha regra4. Os estudos posteriores dedicaranse a analizar en profundidade estes distintos estadios, dando lugar ás famosas “gramáticas infantís” de entre as que destacamos a realizada por David Crystal en 1976, nas que se constata o desenvolvemento morfosintáctico desde os primeiros estadios na adquisición da lingua inglesa.

3.1.2. Lingua e cultura no desenvolvemento da competencia comunicativa Malia os avances no coñecemento da evolución nos diversos momentos de aprendizaxe, os estudos anteriormente mencionados seguían centrados na descrición do código, sen poder ofrecer un panorama da actividade cerebral que leva a adquirir estas aprendizaxes e o papel que xogan os axentes externos no éxito ou fracaso desta actividade. Nos últimos anos da década dos setenta as distintas ciencias que dedican os seus esforzos a desentrañar as conexións entre linguaxe e mente: psicoloxía, neuroloxía, lingüística e a ciencia de nova aparición, a semántica, que achega como tema novo a xénese do significado, rompen as barreiras que as separan e entran en debate, xurdindo unha colaboración que deu os seus proveitos. Entre os debates abertos entre grandes figuras destacamos o sostido entre Chomsky e Jean Piaget (1979) que serviu de base para conectar as investigacións lingüísticas e as psicolóxicas. Piaget e os seus seguidores amplían o seu campo de traballo á etapa pre-verbal na que o meniño ou a meniña “evoca realidades ausentes” que denominan simbolización. Evidentemente neste desenvolvemento ten moito que ver o contexto ou contorna, englobando na idea de contorna a actividade das persoas adultas ao seu redor. Esta teoría supón un salto considerable con respecto á teoría de Chomsky, pois explica a xénese da linguaxe, así como os factores que inciden no desenvolvemento da linguaxe moito antes de que se dea a primeira produción verbal. Recordemos que mentres que Chomsky soamente utiliza os datos obtidos de meniños e meniñas que xa poden falar (xa que logo, formula as súas hipóteses ao redor da xeración do código), Piaget considera que a análise desta capacidade require un estudo da actividade desenvolvida con anterioridade ao período lingüístico. Segundo este último, os meniños e as meniñas, antes de poder falar, manifestan condutas simbólicas que demostran unha clara actividade cerebral: por exemplo, un meniño ou unha meniña é capaz de lembrar e evocar unha conduta. O que significa a adquisición das estratexias de comunicación van moi por diante da capacidade de articular frases.

3.1.2.1. A linguaxe non verbal, conexións entre o período de silencio e a adquisición da linguaxe A capacidade simbólica previa á produción deixa en evidencia que a posibilidade de construción de teorías sobre a lingua non require unha produción mecánica previa, como apuntaban as teorías conductistas, senón máis ben un período de reflexión carente de produción que se denominou ”período de silencio”. Para non confundir significados a significación de “período de silencio” non implica a imposición de silencio na aula, senón todo o contrario: xerar actividades nas que a persoa que aprende poida participar na comunicación sen que iso supoña a produción verbal obrigatoria, fuxindo á súa vez das repeticións ás que estamos tan afeitos e afeitas.

Cando unha criatura foi capaz de xerar unha regra gramatical, por exemplo as terminacións de pasado regular, automaticamente aplícana a todas as palabras que conceptualizan como verbos de similares características, aínda que sexan irregulares (un exemplo diso témolo en inglés na utilización da forma “ed” para marcar o pasado, ou a forma “venió”, en lugar de “vino” en español) a pesar de que nun estadio anterior producírono correctamente. Visto desde esta perspectiva, este erro convértese na evidencia de que este/a falante foi capaz de xerar unha regra sobre o funcionamento dos verbos regulares en pasado.

4

27

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement