Page 22

Nós engadiriamos unha segunda fonte de información, a da materialidade xestual, se así pode chamarse, porque a forma en que nos diriximos ao alumnado (mirada, cadencia, movementos que acompañan a mensaxe oral) transmite un comportamento cultural apoiado na música da lingua” que eles e elas van percibir desde o primeiro momento. Parece obvio que: • Se partimos da idea de que a comunicación entre as persoas fai uso de vías moi plurais e comporta o verbal, o cultural, o kinésico e o non verbal, a apropiación da lingua estranxeira en nenos e nenas de idades temperás ten que estar en contacto moi directo con todo o relativo á educación da psicomotricidade, que como sabemos, en educación infantil é de importancia capital; • Se, ademais, admitimos que o achegamento a unha lingua en idades temperás axuda ao alumnado a crear as bases dunha nova percepción da realidade xa que lle proporciona máis puntos de relación co mundo exterior; • E se finalmente, entendemos que o alumnado que se enfronta a unha lingua en idades temperás estase volvendo sensible á cultura que esa lingua vehicula (dende o prisma de relacións, valores, formas de vida cotiás ou interaccións específicas), podemos afirmar que presentar unha lingua e unha cultura estranxeira a alumnado en idades temperás vai significar para eles e elas algo moi valioso: a inmersión nunha educación intercultural e plurilingüe cuxo obxectivo é a percepción e o respecto doutras identidades culturais, o desenvolvemento da comprensión e a tolerancia, a aceptación das diferenzas e o desexo de compartir e contrastar a súa realidade coa dos e das demais. Poderemos concluír que aprender unha lingua estranxeira dende idades temperás involucra a identidade enteira do/a aprendiz e a súa percepción do mundo, do propio, do dos demais e dos valores que as linguas representan en ambos, polo que contribúe a diminuír o seu etnocentrismo, creando o pouso do que máis tarde conformará a súa personalidade de cidadán/á e a súa capacidade de mobilidade nos seus futuros contornos profesionais.

María Elisa Vázquez González foi: - Coordinadora do proxecto transnacional de formación del profesorado “Primeiros pasos coas culturas e as linguas estranxeiras” Comisión Europea-Xunta de Galicia, 1998-2001 - Membro do equipo MECD para a redacción dos Portfolios Europeos das Linguas. 2002-2005 - Coautora de “Mi Portfolio Europeo de las Lenguas” –Comisión Europea– MECD 2004

20

Ingles en E. Infantil  
Ingles en E. Infantil  

O inglés en Infantil: unha porta ao plurilingüismo

Advertisement